Do fusil Máuser ao 5G: a nova vida da vella fábrica de armas da Coruña como parque tecnolóxico
O proxecto da Cidade das TIC, impulsado pola Universidade da Coruña xunto a empresas do sector e apoiado polo Concello, xa ten o visto e prace do Ministerio de Defensa, que xa revogou a controvertida concesión do complexo a Hércules de Armamento
Defensa prevé contratar en maio as fragatas de Ferrol que o Goberno de Rajoy adiou dous anos
Segundo documentación e fontes do Ministerio de Defensa, o freo á construción tivo como causa o intento de adaptar as fragatas aos mísiles vendidos pola empresa que presidira en España o ex-ministro Pedro Morenés
- Datos
- Acontece
Medio cento de concellos galegos gañaron poboación na década da crise
Mentres o conxunto de Galicia segue a perder poboación, entre 2009 e 2018 un total de 48 municipios gañaron habitantes encabezados por Ames, que nesta década viu incrementada a súa veciñanza en máis de 4.000 persoas
- Crónica
- Política
Feijóo en 'Good bye, Rajoy'
Se alguén ausente da actualidade sintonizase co discurso de Feijóo na sesión inaugural da convención do PP podería pensar, agás por algúns detalles, que os inéditos sucesos de finais de maio de 2018 non aconteceran
A presentación oficial da coalición do BNG con ERC e EH-Bildu para as europeas será en Santiago
Ana Miranda volverá ser a candidata do BNG na coalición para as europeas, que encabezará Oriol Junqueras. A alianza traballa na marca xeral Agora Repúblicas, se ben agárdase unha campaña con perfil propio para Galicia, Euskadi e Catalunya
Novo clamor contra as represalias no trixésimo quinto venres negro na CRTVG
Máis de 400 sinaturas piden o arquivo do expediente a Carlos Jiménez, que enmarca a posible sanción nun intento por reprimir as protestas. No mesmo día a xornalista Ana Pérez anuncia o seu adeus aos labores de presentadora: "O fácil sería pensar que é unha represalia, pero sería arrogarme unha importancia que non me corresponde e unha decisión tan burda que prefiro pensar que ninguén xuizoso tomaría"
- Interactivo
- Economía
A fenda de ingresos entre barrios supera os 16.000 euros na Coruña e os 10.000 en Vigo
A Axencia Tributaria divulga os datos das rendas por barrios das cidades máis poboadas. Segundo os datos de Facenda a renda media máis alta entre os barrios da Coruña e Vigo sitúase na área coruñesa de Juan Flórez, o 15004, cuns 35.400 euros anuais
Outra sentenza xudicial contra a Xunta por vulnerar o dereito á folga na central telefónica do 061
O Tribunal Superior anula a instancias da CIG os servizos mínimos do 100% na folga da central de chamadas do 061, que a Xunta xustificara argumentando que a ausencia de persoal puña en risco vidas da poboación
Pacientes do CHUS defenden do "linchamento" á médica que denunciou mortes no colapso de Urxencias
A Asociación de Pacientes e Usuarios do Clínico de Santiago cre que a doutora Nercellas, que levou á Fiscalía os dous falecementos, padece "un linchamento institucional por esixir responsabilidades a quen poñen en perigo a vida dos pacientes"
Feijóo presenta o Sergas como vítima de "intereses inconfesables" da esquerda
O presidente acudiu á comisión sobre os recortes na sanidade para denunciar o que considera unha "premeditada descualificación global" do Sergas por parte da esquerda para "destruír" o sistema sanitario público
Adeus ás grandes cifras no orzamento estatal para Galicia: sen plans para despois do AVE
O investimento estatal en Galicia tocou teito cando cadraron os fondos para da alta velocidade do Eixo Atlantico e a Madrid. Tras a caída do 19% previsto nas primeiras contas de Sánchez o PSOE insta a ollar o perfil "social" das contas, que En Marea asegura que non apoiará sen incrementos. O PP teoriza que os fondos que perde Galicia van ao "separatismo" catalán e o BNG ve constatada a "inutilidade das forzas estatais"
O investimento do Estado en Galicia volve baixar en 2019 polo remate das principais obras do AVE
A proximidade de remate do AVE fai que os investimentos previstos para Galicia volvan caer, pasando de 936 millóns en 2018 aos 757 de 2019, un 19% menos. Fronte á caída do Ministerio de Fomento aumentan as partidas de Transición Ecolóxica con proxectos como a rexeneración da ría do Burgo