O Concello de Pontevedra paraliza as obras en ENCE por non ter licenza
O goberno local ordena a "suspensión inmediata" das obras que saltaron á controversia pública por mor do incendio do 5 de decembro e abre expediente á pasteira, que disporá de tres meses para tramitar a licenza. A empresa alega que as obras están "amparadas" no Plan de Incidencia Supramunicipal do asentamento industrial de Lourizán, pero o Concello rebáteo
O conflito das eleccións internas de En Marea acaba na Fiscalía
O responsable legal do censo da formación considera que os "accesos" aos datos detectados polas auditorías é "ética, política e legalmente inaceptable". Os membros sinalados do comité electoral negan "irregularidades" e a candidatura 'Entre todas' di temer que "as votacións non cheguen a producirse"
En marcha o traspaso da AP-9 a Galicia
Tras dous anos vetada polo Goberno de Rajoy mediante unha interpretación forzada da Constitución, a lei do traspaso comeza a tramitarse no Congreso co aval dunha ampla maioría e coa única oposición de Ciudadanos, que se abstivo. A mención ao eventual rescate da autoestrada será o principal punto de discrepancia na tramitación da norma
Praza inicia a súa nova etapa co redeseño do xornal e a benvida a VINTE
A piques de facer 7 anos, Praza.gal inicia unha nova etapa este 11 de decembro co redeseño do xornal e o nacemento de VINTE
Primeira votación clave para traspasar a AP-9 a Galicia tras dez anos de autogoberno conxelado
O Congreso debate este 11 de decembro a toma en consideración da lei para a transferencia da Autoestrada do Atlántico á Xunta, que o Goberno de Rajoy mantivo vetada dous anos forzando un artigo da Constitución
A Valedora intercede nunha petición para retirar pancartas contra a mina de Touro do mercado de Santiago
A Valedora do Pobo vén de comunicar ao alcalde de Santiago a apertura dun expediente baseado nunha "reclamación" de persoas próximas ás empresas promotoras da mina, que aluden a un suposto incumprimento da normativa de carteis no casco histórico compostelán, ao que a Milagros Otero engade unha alusión ao "principio de neutralidade informativa dos espazos públicos"
A restrición de coches no centro das cidades ten en Galicia un apoio do 80%
O Barómetro Neurociencia e Sociedade da consultora IPSOS sitúa a galega como a cidadanía que máis apoia no Estado limitar o acceso dos automóbiles aos centros urbanos, 15 puntos por riba da media. O menor apoio a estas restricións dáse entre o electorado do PP, segundo o estudo.
Catro represaliadas pola ditadura inauguran a oficina de atención ás vítimas do franquismo na Coruña
A oficina de atención ás vítimas do franquismo encádrase na posta en marcha da Cátedra de Memoria Histórica da UDC. "Aínda existen voces que, erradamente, insisten en que en Galicia non houbo represión", subliñan dende o Concello
O bispado de Mondoñedo "afasta" un crego das súas funcións por acoso sexual a un menor
A denuncia de tocamentos foi formulada "a finais do pasado mes de agosto" perante o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, que ordenou a "inmediata" apertura dunha investigación que segue en marcha
O chamamento galego "a baleirar de competencias a Madrid" fai 25 anos entre riscos de recentralización
CON VÍDEO Na apertura da cuarta lexislatura galega, en novembro de 1993, o daquela presidente do Parlamento apelou a "completar" o "teito competencial" cunha "auténtica fervenza descentralizadora". Vinte e cinco anos despois o argumentario do novo PP de Pablo Casado aposta abertamente por minguar competencias autonómicas
O Tribunal Superior sanciona á Xunta por denegar unha axuda ao Concello de Láncara "afastándose da boa fe"
O TSXG responde a un recurso do Concello de Láncara sentenciando que a Xunta non actuou de "boa fe" ao non aceptar papeis entregados "dous meses antes" dar por denegada a subvención para un obradoiro de emprego
Inés Rey completa na Coruña o cartel do PSdeG para as municipais nas cidades galegas
Rey tivo nas primarias coruñesas 215 votos fronte aos 178 obtidos por García, considerado máis afín á actual dirección do PSOE coruñés, quen este luns dimitiu como voceiro municipal