Dez euros para o Pórtico e de balde con convite: a Catedral de Santiago presenta tarifas con contrariedade
Os responsables da Catedral advirten de que na restauración do Pórtico non se gastou "nin un euro" público, porque a financiou a Fundación Barrié, se ben a Administración si investiu noutras áreas do templo
Liorta preelectoral co aparcadoiro do hospital de Vigo
CON VÍDEO Caballero anuncia que o aparcadoiro municipal do Cunqueiro será de balde uns dez meses e despois, se a Xunta non deixa de cobrar no seu, só poderán estacionar sen pagar as persoas empadroadas en Vigo. Mentres, Feijóo lanza de novo á súa candidata advertindo o rexedor de que "ti non es Vigo"
O centro de discapacidade da Xunta en Santiago comezará a atender tras cinco anos construído e pechado
O Goberno galego asina un convenio con COGAMI que, afirma, permitirá abrir o CEGADI antes de que remate o ano. O complexo foi impulsado polo bipartito, a súa construción comezou en 2008 e rematou en 2013 cun sobrecusto nas obras de arredor do 40%, ata os 13,2 millóns de euros
Sanidade acumula peticións de explicacións polos seus pactos cunha multinacional estadounidense
A Asociación de Pacientes do CHUS, En Marea e PSdeG volven cuestionar o Goberno galego tras transcender que os seus convenios con Medtronic permiten que a empresa americana controle servizos sanitarios en catro hospitais. Sanidade reitera que non ocultou información e que os acordos non arriscan a privacidade dos pacientes
Luz verde da Xunta á apertura dun casino en Vigo que legalmente estará na Toxa
O Goberno galego introduciu na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2015 unha reforma que eliminou os límites para a instalación de casinos instaurados en tempos de Albor. Formalmente, o novo casino de Vigo será unha "sala adicional" do da illa grovense
O curso comeza sen cafetaría nos institutos pola demora da Xunta en contratalas
A nova lei de contratos obriga a centralizar na Xunta a contratación das cafetarías, que antes dependía de cada centro. A Consellería non iniciou os trámites ata o 17 de xullo e os atrasos do proceso impiden que as 255 cafetarías poidan funcionar ata outubro
A antiga escola unitaria de Chandrexa de Queixa reabre como velorio subvencionado pola Xunta
A Vicepresidencia sufragou con 40.000 euros o cambio de uso da vella escola, solicitado polo Concello de Chandrexa, onde o último centro educativo pechou hai unha década
O Goberno de Sánchez elimina o veto á lei do traspaso da AP-9 no Congreso
DOCUMENTO | O Ministerio da Presidencia vén de dar a súa "conformidade" a que sexa tramitada no Congreso a lei para a transferencia da AP-9, que o Goberno de Rajoy vetou tres veces baseándose en cálculos económicos erróneos
Así permite o Sergas que unha multinacional americana controle servizos sanitarios en catro hospitais
Os convenios de Sanidade coa estadounidense Medtronic permiten á compañía organizar áreas médicas dos hospitais da Coruña, Santiago, Vigo e Lugo. No centro lucense o Sergas vincula á multinacional coa eventual apertura 24 horas da unidade que atende os infartos, aberta durante catro anos só en horas de oficina
Galicia despois de Lehman Brothers: dez anos en cinco gráficos
INTERACTIVO A quebra do banco estadounidense ficou como inicio simbólico dunha crise internacional que desencadeu a recesión económica e disparou a destrución de emprego en poucos meses. O PIB xa medra en Galicia como antes do estourido, pero o emprego aínda segue por baixo
A oposición galega activa a investigación dos recortes sanitarios: "Unímonos na defensa da saúde da xente"
A comisión pactada por En Marea, PSdeG e BNG abordará o impacto xeral dos recortes sanitarios e casos concretos como o falecemento dun paciente na Estrada sen atención, as restricións en fármacos da hepatite ou o horario reducido do tratamento de infartos
A anulación do trámite para remodelar a Residencia marca o inicio da crucial batalla electoral de Lugo
A alcaldesa, Lara Méndez, cre o acontecido un novo episodio de "mentiras" e "atrasos" cara á cidade; os populares, que admiten que a anulación do trámite existiu, observan un intento de "confundir" en vésperas da elección do seu cuarto aspirante á recuperar o poder na cidade