Novo clamor contra as represalias no trixésimo quinto venres negro na CRTVG
Máis de 400 sinaturas piden o arquivo do expediente a Carlos Jiménez, que enmarca a posible sanción nun intento por reprimir as protestas. No mesmo día a xornalista Ana Pérez anuncia o seu adeus aos labores de presentadora: "O fácil sería pensar que é unha represalia, pero sería arrogarme unha importancia que non me corresponde e unha decisión tan burda que prefiro pensar que ninguén xuizoso tomaría"
- Interactivo
- Economía
A fenda de ingresos entre barrios supera os 16.000 euros na Coruña e os 10.000 en Vigo
A Axencia Tributaria divulga os datos das rendas por barrios das cidades máis poboadas. Segundo os datos de Facenda a renda media máis alta entre os barrios da Coruña e Vigo sitúase na área coruñesa de Juan Flórez, o 15004, cuns 35.400 euros anuais
Outra sentenza xudicial contra a Xunta por vulnerar o dereito á folga na central telefónica do 061
O Tribunal Superior anula a instancias da CIG os servizos mínimos do 100% na folga da central de chamadas do 061, que a Xunta xustificara argumentando que a ausencia de persoal puña en risco vidas da poboación
Pacientes do CHUS defenden do "linchamento" á médica que denunciou mortes no colapso de Urxencias
A Asociación de Pacientes e Usuarios do Clínico de Santiago cre que a doutora Nercellas, que levou á Fiscalía os dous falecementos, padece "un linchamento institucional por esixir responsabilidades a quen poñen en perigo a vida dos pacientes"
Feijóo presenta o Sergas como vítima de "intereses inconfesables" da esquerda
O presidente acudiu á comisión sobre os recortes na sanidade para denunciar o que considera unha "premeditada descualificación global" do Sergas por parte da esquerda para "destruír" o sistema sanitario público
Adeus ás grandes cifras no orzamento estatal para Galicia: sen plans para despois do AVE
O investimento estatal en Galicia tocou teito cando cadraron os fondos para da alta velocidade do Eixo Atlantico e a Madrid. Tras a caída do 19% previsto nas primeiras contas de Sánchez o PSOE insta a ollar o perfil "social" das contas, que En Marea asegura que non apoiará sen incrementos. O PP teoriza que os fondos que perde Galicia van ao "separatismo" catalán e o BNG ve constatada a "inutilidade das forzas estatais"
O investimento do Estado en Galicia volve baixar en 2019 polo remate das principais obras do AVE
A proximidade de remate do AVE fai que os investimentos previstos para Galicia volvan caer, pasando de 936 millóns en 2018 aos 757 de 2019, un 19% menos. Fronte á caída do Ministerio de Fomento aumentan as partidas de Transición Ecolóxica con proxectos como a rexeneración da ría do Burgo
- Crónica
- Política
Réquiem polo "pacto de perdedores"
Feijóo únese as mensaxes de celebración polos acordos postelectorais do PP en Andalucía sen a candidatura máis votada, o mesmo que durante anos supuña, ao seu xuízo, "reinterpretar nos despachos o que din os cidadáns nas urnas"
O Concello de Santiago cifra en 3 millóns de euros as sentenzas por decisións de anteriores mandatos
A sentenza que obriga ao Concello compostelán a indemnizar con 620.000 euros a unha empresa de Véndex tras a anulación en 2015 da adxudicación da ORA no ano 2012 reabre na cidade a controversia sobre o impacto económico destes ditames xudiciais. O goberno local subliña que a orixe do pagamento está na "adxudicación irregular xa advertida" en 2012 e a oposición atribúeo a unha mala xestión da municipalización do servizo
Alianza da RAG coa Academia Brasileira: "A nosa lingua non é local, é internacional"
O intercambio de investigacións será o inicio da colaboración entre as institucións galega e brasileira, que o presidente da RAG encadra no "territorio cheo de posibilidades para o galego" que é "a familia na que están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique..."
A esixencia de máis medios nas Urxencias do Clínico de Santiago bótase á rúa cunha masiva manifestación
Tras dous meses de folga co 100% dos servizos mínimos e en vésperas de votar a proposta do Sergas o persoal das Urxencias do CHUS reitera que "non pide cartos", senón o "mínimo necesario" para unha atención "digna"
Villares pide "aceptar o resultado" das votacións de En Marea ante a posible ruptura
O voceiro de En Marea ve "unha irresponsabilidade" a posible ruptura da formación nun momento no que "teríamos que estar falando de alternativas políticas para o noso país" mentres a auditoría encargada por Podemos Galicia di detectar "deficiencias" no proceso das eleccións internas