Clamor masivo pola sanidade pública: "Co lío que hai aquí e Feijóo está en Madrid"
Milleiros de persoas ateigan Compostela contra as eivas, os "recortes" e a "privatización" no sistema sanitario nunha marcha que xuntou todas as reivindicacións do sector e na que se aludiu cada pouco á presenza do presidente da Xunta, á mesma hora, na mobilización da dereita e a ultradereita
Dez anos da mentira lingüística que asolagou a política galega
O 8 de febreiro de 2009, a tres semanas das eleccións, destacados dirixentes do PP con Rosa Díez e Albert Rivera como actores secundarios foron á manifestación pola "liberdade" que disque a Xunta puña en perigo por impartir en galego a metade das materias escolares
O domingo hai unha manifestación (a prol da sanidade pública)
Á mesma hora na que comezará en Madrid a manifestación de PP, C's e Vox pola suposta ruptura de España, en Santiago SOS Sanidade concentrará as reivindicacións que salfiren Galicia de alertas por carencias no Sergas
O PP volve á rúa contra Sánchez dez anos despois de augurar a ruptura de España e da familia heterosexual
Unha década despois de basear a oposición a Zapatero nunha suposta quebra da unidade do Estado o PP disponse a botarse á rúa en plena precampaña das municipais ao fío do "relator" anunciado polo PSOE para as conversas coas forzas independentistas catalás
O PP reactiva sen querer o debate sobre a parálise do autogoberno galego
En Marea, PSdeG e BNG forzan votacións no Parlamento para que o PP teña que optar polo "si" ou o "non" a respecto de traspasos concretos de competencias pendentes. O apoio dos de Feijóo a unha iniciativa do Bloque a prol de novas competencias foi lido como unha nota discordante en pleno xiro recentralizador de Pablo Casado e o presidente tentou reconducilo
Adeus á pasarela fronte á Muralla de Lugo que ía ser provisional e durou tres décadas
O pleno lucense vén de aprobar o acordo urbanístico definitivo que permitirá desmantelar a pasarela concibida como provisional en 1992 para dar acceso ao antigo centro comercial Simago, que puxera millón e medio de pesetas na obra
- Datos
- Acontece
O abandono escolar temperán acada en Galicia o seu menor nivel tras seis anos a caer
A porcentaxe de persoas que non seguiu ningunha formación despois de rematar a ESO é nos homes seis puntos superior que nas mulleres, entre as que baixa ata preto do 11%. O dato de abandono escolar non é unha foto fixa, senón que reflicte a tendencia de seis anos
Xulio Ferreiro presenta a súa lista para a Marea Atlántica con catro cambios nos primeiros postos
Iago Martínez, Isabel Faraldo, Susana Soneira e Javier Pérez incorpóranse nos dez primeiros postos da lista en substitución dos actuais edís Rocío Fraga José Manuel Sande, Eugenia Vieito e Daniel Díaz Grandío
- Entrevista | Roberto Mansilla
- Mundo
"En Venezuela hai intereses xeopolíticos exteriores máis decisivos que posibles negociacións de Maduro coa oposición"
Roberto Mansilla, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), observa no seu país de orixe un "xogo de intereses xeopolíticos" máis relevante que o propio enfrontamento político entre chavistas e opositores. Un tirapuxa nun país clave na xeoestratexia polo seus abondosos recursos onde Rusia e China tamén contan con "intereses", pero onde a Administración Trump está a "desequilibrar" a correlación de forzas.
O Concello de Santiago deixa de ingresar 740.000 euros ao ano por non poder cobrar o IBI á Igrexa
Os datos máis recentes indican que a Igrexa ten en Santiago unhas 130 propiedades exentas de pagar o IBI en virtude da lexislación estatal vixente. Apenas unha corentena delas teñen, sobre o papel, uso estritamente relixioso
- Análise
- Política
Regreso ao traspaso do tráfico, a última frustración do autogoberno galego antes de ficar conxelado
A oposición galega proponse furar nas contradicións dos populares propiciando unha votación sobre a reclamación das competencias de tráfico na que En Marea, PSdeG e BNG votarán a prol nove anos despois do fracaso do anterior intento
O candidato do PP en Monforte encoméndase a Deus para reconducir o partido tras a dimisión da súa líder
O novo aspirante do PP monfortino presenta o seu compromiso como "inalienable" e "transcendental" tras a marcha da anterior candidata e presidenta local, afastada da candidatura pola dirección provincial. En Viveiro, os populares quedan con dous dos seus cinco edís iniciais tras dúas novas dimisións por discrepancias coa conformación da lista.