En Marea lanza primarias propias para as xerais mentres Anova, Podemos e EU negocian reeditar a coalición
A tensa unidade dos últimos tres anos e medio está, agás sorpresa maiúscula, a piques de rematar: o que en 2015 e 2016 foi unha única opción electoral o 28-A serán dúas
A Xunta contrata o deseño dunha "nova identidade visual" para Pelegrín
O ex-conselleiro Roberto Varela anunciara a recuperación do Pelegrín para o Xacobeo 2010, pero o plan quedara desbotado; agora Turismo vén de contratar o "deseño gráfico da nova identidade visual" do popular personaxe
Reaccións ao 28-A: Feijóo proclama un "colapso" de España e a esquerda galega chama á mobilización
Unha vez coñecido o anuncio do presidente do Goberno central e candidato do PSOE as principais formacións do país ofreceron os seus primeiros diagnósticos, que van da crítica á propia data á chamada á mobilización do electorado.
A Xustiza certifica que o acordo do edificio Fenosa evitou recortes sociais na Coruña "durante moitos anos"
O auto co que o Tribunal Superior valida o acordo que evita demoler as obras ilegais autorizadas en 1997 resalta que a derruba deixaría o Concello "nunha situación económico-financeira insostible" con gastos próximos aos 60 millóns que obrigarían a "incrementar os tributos municipais" ata o "dobre da cota actual"
Pedro Sánchez aposta polo 28 de abril para chamar a eleccións xerais
Nun ton xa electoral Sánchez xustifica que tiña ante si "dúas opcións": "Continuar cuns orzamentos que non son os nosos e incumpren as esixencias sociais" ou "avanzar" cuns comicios. A campaña comeza o 12 de abril e a súa primeira semana completa cadra coa Semana Santa
Os bombeiros provinciais de Lugo serán de xestión pública dende o 1 de maio
As empresas Veicar e Hasa-Natutecnia deixarán de xestionar os parques de bombeiros de Barreiros, Vilalba, Monforte, Sarria e Chantada. A Deputación lucense calcula un aforro de 260.000 euros anuais e subliña que os profesionais pasan a ser persoal laboral a cobrar "exactamente o mesmo que o resto dos seus compañeiros de Galicia"
- Documento Memoria antifranquista
- Política Ourense
Xustiza insta formalmente o alcalde franquista de Beade a retirar as homenaxes á ditadura
A carta da Dirección Xeral para a Memoria Histórica que insta o alcalde do PP de Beade a retirar as homenaxes á ditadura que haxa na vila vai dirixida á rúa "do Caudillo", onde se atopa a casa do Concello
O plan da Xunta para frear as incursións urbanas de xabaríns en Lugo inclúe arqueiros para abatelos
A Xunta matiza que os disparos de arqueiros son medidas "complementarias" á colocación de gaiolas "en lugar en lugares escollidos coa máxima discreción" para evitar "a presenza de curiosos que poden escorrentar" os xabaríns, moi presentes nos últimos tempos na área urbana lucense
Feijóo insinúa vencellos das protestas da sanidade coa violencia
Pontón reprocha ao presidente que estivese "de ganchete coa extrema dereita" mentres en Galicia "defendiamos nas rúas a sanidade pública" e Feijóo tenta ligar esas protestas con "atentados" a ambulancias días antes do inicio da folga do sector
O ex-voceiro do goberno do PP en Ourense confirma que marcha a Ciudadanos
Jesús Vázquez reprocha que o que fora un dos seus edís de confianza "poña os seus intereses por riba dos de Ourense" e o coordinador de Ciudadanos na cidade dimite por ver este movemento como propio "da vella política"
- Crónica
- Política
Feijóo, por tras da pancarta trece anos despois
Son escasas as ocasións nas que, como dirixente de primeira liña, o presidente da Xunta secundou unha mobilización como a do pasado domingo. Entre outras razóns, porque en case 28 anos de vida pública, apenas catro estivo na oposición
O xuíz non ve prevaricación na desfeita urbanística de Barreiros e absolve o alcalde e cinco edís
A sentenza admite "dúbidas" sobre se a concesión de licenzas para 3.000 vivendas nesta vila de apenas 3.000 habitantes "foi totalmente legal", pero di non ser quen de concluír que as decisións estivesen "desprovistas de toda interpretación razoable do ordenamento xurídico"