A Xunta recortou durante seis anos os fondos para equipar centros de saúde que agora di que vai triplicar
O conselleiro de Sanidade anuncia que triplicará os fondos do plan de necesidades para os ambulatorios tras un descenso de até case o 100% entre 2011 e 2017. O goberno bipartito investiu máis nesta partida en catro anos que o Executivo do PP nos últimos dez
A Oficina do Censo inclúe Rábade entre os municipios cun incremento "sospeitoso" no número de electores
O concello rabadense, de apenas 1.500 habitantes, é un dos municipios que superou o limiar que fai saltar a alarma nas revisións do censo por incrementar o número de potenciais votantes nunha vintena en seis meses e non aclaralo de xeito "satisfactorio" á Oficina do Censo Electoral
- Datos Cara ao 28-A
- Política
O peso electoral da mocidade galega descende a outro mínimo histórico nas xerais do 28A
Apenas 388.000 persoas de entre 18 e 34 anos poderán votar en Galicia nas eleccións xerais de abril. En apenas década e media a mocidade deixou de ser o grupo electoral máis numeroso ata tornar no menos relevante no conxunto do electorado galego
O voto por correo para as xerais do 28A pode solicitarse ata o 18 de abril
Unha vez solicitado o voto por correo, a Oficina do Censo pode remitir a documentación ata o 21 de abril; o voto debe ser enviado, como moi tarde, o día 24
O PSdeG leva o PP de Feijóo ao Constitucional pola reforma "fraudulenta" de dúas leis e un decreto
Durante o trámite da lei de acompañamento dos Orzamentos o PP introduciu emendas para modificar as leis de Caza e do Consello Económico e Social e mais un decreto sobre centros de menores sen conexión ningunha co texto lexislativo remitido pola Xunta ao Parlamento
Comezan as primarias de En Marea como partido para as xerais a dez días da fin do prazo das coalicións
Lídia Senra é a única candidata para ser cabeza de lista de En Marea nas eleccións europeas, segundo as listas aprobadas definitivamente pola formación para as súas primarias
Feijóo conclúe que en Galicia todo é mellor tras os seus dez anos de goberno
Nun mitin ao que acudiu toda a cúpula dirixente do PPdeG o presidente da Xunta multiplicou os eloxios cara á súa propia xestión entre continuas chamadas ao "voto útil" ao PP para que este rumbo non varíe. O PSdeG pregúntase "que celebra" Feijóo e o BNG ve un "decenio negro"
A Fiscalía cre que a Xunta "lesiona os dereitos" do deputado Antón Sánchez ao non darlle papeis da fusión das caixas
O fiscal considera que "non é xustificable" a "negativa reiterada e inxustificada" da Xunta a entregar os documentos sobre a fusión das caixas que reclama o vicevoceiro de En Marea e conclúe que "procede a estimación" da súa demanda
- Datos
- Política
A década de Feijóo: o máis doado era gañar
Tras a durísima campaña electoral que o levou a vitoria Feijóo dispúñase hai agora dez anos a sacar o país da crise. Pero a economía seguiu en recesión e a destrución de emprego continuou nun escenario moito máis complexo que o presentado na campaña electoral. Repasamos algúns dos principais datos destes dez anos
O PP promete garantir o dereito á ignorancia do galego ao funcionariado se goberna tras as xerais
Casado asegura que levará no programa do 28-A unha lei que fixe o castelán como "indispensable" para acceder á Administración e, nun chanzo inferior, o "mérito" opcional de coñecer galego, euskera ou catalán. Feijóo di que a proposta non vai "dirixida a Galicia" e esgrime a súa propia reforma da función pública, que en 2009 xa minguou o rango do galego no acceso a postos na Xunta
Os montes de Ourense volven arder en pleno inverno
Das arredor de 800 hectáreas ardidas en toda Galicia nos dous primeiros meses do ano, máis de 700 concéntranse na provincia de Ourense. Concellos ourensáns acumulan case a metade do medio millón de hectáreas ardidas nos montes de Galicia no que vai de século
Os beneficios de ENCE disparáronse un 40% en 2018 e augura máis "éxitos" en 2019
A pasteira obtivo un beneficio neto de case 132 millóns de euros en 2018 grazas á boa marcha do mercado da celulosa a nivel mundial. As remuneracións dos seus conselleiros, entre os que permanecen dous ex-altos cargos do PP, sumaron case 3 millóns de euros nun ano