O Concello de Lugo estuda "defender" no Constitucional a súa ordenanza de uso do galego
O Supremo avalou a anulación de varios artigos da ordenanza, aprobada por unanimidade, en 2012, referidos ao uso da lingua en elementos como os sinais viarios e de oficinas ou ao galego como lingua vehicular no funcionamento cotián do consistorio. "Esta ordenanza busca poñer os dous idiomas oficiais en igualdade de condicións, na que non están", defende a alcaldesa
O Parlamento abre a porta a reclamar as competencias de tráfico ao próximo Goberno de España
A abstención do PP permite comezar a tramitar a proposta do PSdeG, apoiada tamén por En Marea e BNG. O Parlamento galego xa pediu este traspaso no ano 2008 e, cando en 2010 foi debatido no Congreso, a proposta decaeu polo voto en contra do PSOE e abstención do PP
Os colexios médicos rexeitan o plan da Xunta para a Atención Primaria por ser só "unha declaración de intencións"
Apenas tres días despois de que Feijóo defendese ante a Organización Médica Colexial o seu plan de Atención Primaria como "modelo" para o resto do Estado, os catro colexios médicos galegos rexéitano por non responder ás "inaprazables demandas" deste servizo sanitario
A enfermaría tamén se desmarca da reforma da Atención Primaria do Sergas: "Devólvenos aos anos 80"
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria advirte a Sanidade que, lonxe de aplacar o conflito, o seu bosquexo de reforma da Atención Primaria "está xerando crispación e agravándoo"
- Datos Cara ao 28-A
- Política
O censo electoral galego no estranxeiro disparouse en 100.000 persoas nunha década
O adianto das xerais implicou o freo á contrarreforma do voto emigrante, que supuxo atrancos á participación da poboación emigrada máis recentemente, pero tamén un freo a unha importante bolsa de fraude
Dimite a voceira do goberno de Baltar, deixa o PP e admite contactos con Ciudadanos
"Marcho cansa e farta", afirma Montserrat Lama, cuxa dimisión se produce pouco despois de que o PP de Xinzo elixise como candidato á alcaldía ao avalado por Baltar e mais por Antonio Pérez, o ex-rexedor condenado a oito anos e medio de inhabilitación
Os netos de Franco demandan por inxurias a un dos principais investigadores do espolio de Meirás
Os Franco basean a súa demanda nun programa de Cuatro sobre o seu patrimonio e acusan de inxurias e calumnias a Babío, a outras persoas que interviron no espazo e ao grupo de comunicación propietario da canle
- Datos
- Economía
A economía de Galicia medra case tres veces máis que a renda dos fogares galegos
Na Galicia da saída da recesión cando a economía en xeral xa medraba con vigor, as rendas dos fogares facíano a un ritmo de apenas un 1%. O gasto das familias galegas medra máis que a súa renda e esta diferenza fai diminuír o aforro
Chamadas a preservar a "unidade" de En Marea nas xerais, discrepancias na fórmula
Villares admite que "dúas candidaturas enfrontadas" nas xerais "serían un suicio político" e chama á participación nas primarias do partido instrumental. Xulio Ferreiro insta a "un exercicio de realismo e responsabilidade" coa construción dunha "nova coalición xenerosa" entre "mareas municipalistas, partidos da confluencia e a propia En Marea"
Comeza a atención a infartos as 24 horas en Lugo e Ourense reclama o mesmo tratamento
Dende este 18 de febreiro a sala de hemodinámica está aberta en Lugo as 24 horas, servizo que Feijóo prometera para 2011, mentres que en Ourense segue a ter horario limitado
O alcalde de Ribadeo retruca ás promesas da Xunta na vila: "Só veñen ás misas, aos petiscos e a dar medallas"
O Concello de Ribadeo cifra en 400.000 euros os fondos necesarios para rehabilitar o campo de fútbol Pepe Barrera e o delegado da Xunta en Lugo ofrece apenas 46.000. "O inefábel Balseiro é un miserábel, el e toda a condómina que están co discurso de non achegar nada porque non somos da súa corda. O que pasa é que a xente sabe e está farta destas actitudes da Idade Media", di
- Crónica Cara ao 28-A
- Política
O 28-A galego: de medos e fragmentacións
Ninguén pode garantir que o reparto de escanos polas circunscricións galegas vaia responder á lóxica habitual, na que é unha rareza que logren escano máis de tres forzas e a preponderancia adoita ser para a forza da dereita hexemónica en España