O Tribunal Superior sanciona á Xunta por denegar unha axuda ao Concello de Láncara "afastándose da boa fe"
O TSXG responde a un recurso do Concello de Láncara sentenciando que a Xunta non actuou de "boa fe" ao non aceptar papeis entregados "dous meses antes" dar por denegada a subvención para un obradoiro de emprego
Inés Rey completa na Coruña o cartel do PSdeG para as municipais nas cidades galegas
Rey tivo nas primarias coruñesas 215 votos fronte aos 178 obtidos por García, considerado máis afín á actual dirección do PSOE coruñés, quen este luns dimitiu como voceiro municipal
"A Consellería impídenos secundar campañas contra a violencia de xénero que non sexan a da Xunta"
Unha traballadora do centro de día para maiores de Ribadeo diríxese por carta á conselleira de Política Social para lamentar que "nos impidan participar en campañas que non sexan a da Xunta" polo 25N e advertir que o considera "unha imposición irracional e de tintes políticos". Política Social asegura que non "prohibiu" secundar outras campañas e que só "lembrou" cal era a "oficial" da Xunta
O PP ataca a viaxe de Pedro Sánchez a Cuba tras dúas visitas oficiais de Feijóo á illa
Pablo Casado censurou a visita que esta semana fixo Sánchez a Cuba, na que se produciron imaxes practicamente idénticas ás protagonizadas en 2013 e 2016 por Feijóo, quen como líder da oposición tamén criticara a Touriño por non ir á illa a esixir "liberdade"
Luís Villares e o ex-deputado David Bruzos, cabezas de lista nas eleccións internas de En Marea
Na lista de Villares intégranse os deputados Pancho Casal, Paula Vázquez Verao e Davide Rodríguez, tamén a eurodeputada Lídia Senra. Na candidatura 'crítica', que encabeza Bruzos, figuran varios nomes vinculados a Anova, Podemos Galicia e mareas municipais como Marea Atlántica e Compostela Aberta
Alén Xibraltar: o pacto do Brexit sume a pesca galega na incerteza ata 2020
No tenso clima das negociacións do Goberno de España coa UE sobre o Brexit non está a poñerse sobre a mesa o impacto do acordo na pesca galega. A declaración política encamiñada para ser aprobada en Bruxelas fixa o horizonte do novo acordo pesqueiro da UE co Reino Unido no 1 de xullo de 2020
O Parlamento galego deixa de borrar das súas actas as palabras contra o "decoro"
Ata agora a aplicación do precepto que permite á Presidencia retirar expresións "ofensivas" implicaba que non aparecesen no Diario de Sesións, documento concibido para "reproducir integramente" os debates. Un problema de transcrición propiciou que o Servizo de Publicacións da Cámara propuxese mudar o criterio e escribir as verbas retiradas, pero destacadas graficamente; a Presidencia aceptou
O Centro Galego de Bruxelas ratifica a acollida ao festival de colectivos cataláns que Feijóo lamentou non poder prohibir
Aínda que o Centro Galego non tivo "noticias directas do presidente da Xunta", subliña que "xornalistas e persoas achegadas á Xunta aconséllannos suspender os actos previstos". "Tanto os exiliados políticos como o rapeiro Valtonyc poderán actuar amparándose no principio da liberdade de expresión democrática", subliñan
A Eurocámara volverá abordar a contaminación das rías galegas malia o voto en contra do PP
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo atende a solicitude de Ana Miranda (BNG) e avaliará o cumprimento das recomendacións para o saneamento das rías aprobadas en 2013. "Propúxeno porque non se cumpriu case ningunha", afirma a eurodeputada
Madrid e Lisboa danse cinco meses para consensuar políticas contra o despoboamento na raia
A XXX Cimeira Ibérica sáldase con declaracións protocolarias en materia de infraestruturas, loita contra o lume e impulso ao ensino bilingüe
Xunqueira, Lagoa, Brañas: cando a toponimia sinala onde será o asolagamento
INTERACTIVO Como en Sada hai dous anos, os topónimos da zona afectada polas inundacións de Viveiro tamén falan de auga. A 'zona cero' da enchente é o barrio da Xunqueira, a rúa do mesmo nome e áreas próximas como Fontecova ou o Camiño das Aceas
O PP indigna a familia do falecido no PAC da Estrada ao vetar que compareza no Parlamento
Manuel Pereira, curmán de José Manuel Brey: "Estou moi agradecido aos grupos da oposición por iren da man nun caso tan grave coma este". Os populares deron en escoller 20 nomes de entre todas as comparecencias propostas por En Marea, PSdeG e BNG e despois, só 13; en ambos casos excluíu a representación da familia do doente falecido sen atención médica