As visitas ao Parque das Illas Atlánticas aumentaron un 70% dende que é competencia da Xunta
En 2007, último ano baixo competencia estatal, o arquipélago recibiu algo menos de 239.00 visitas; en 2016 foron máis de 400.000. Dende que é Parque Nacional as visitas anuais incrementáronse máis dun 130%
Extinguido tras cinco días o último dos tres incendios que queimaron case 1.000 hectáreas en Ourense
O incendio de Chandrexa de Queixa, declarado o martes 22, ficou extinguido o domingo tras queimar unhas 369 hectáreas. A baixada das temperaturas e a chegada das chuvias minora o risco nas semanas que adoitan concentrar máis incendios durante o ano en Galicia
Feijóo erixe o goberno de Rajoy en modelo de "política á galega"
Rueda augura que o de 2018 será o último mitin de inicio do "curso político" lonxe de Soutomaior porque o PPdeG vai "recuperar" a Deputación de Pontevedra. O presidente da Xunta presenta o seu Goberno como referente "fronte o non ao turismo"
Os edís do PP en Coristanco fan alcalde o concelleiro expulsado do PSdeG por tránsfuga
O ex-concelleiro socialista esgrime que a súa expulsión do grupo do PSdeG non foi regular e un voto do PP na mesa de idade permitiu celebrar o pleno. Terra Galega e os socialistas anuncian que recorrerán a elección
Dez anos despois do afundimento: o mesmo crecemento económico, menos emprego
GRÁFICOS | A quebra das hipotecas 'subprime' nos Estados Unidos marcou no verán de 2007 o inicio da crise económica e financeira. O PIB de Galicia medra a un 3,2% interanual, pero faltan case 200.000 empregos e permanecen indicadores sociais preocupantes como os récords de demandas da Renda de Inclusión Social
Grupos ecoloxistas advertiron ante a Xunta en 2014 do exceso de visitantes nas Illas Cíes
A representación ecoloxista no Padroado do Parque Natural advertiu do quebrantamento do cupo de visitantes ante representantes do Goberno galego. Estes colectivos lamentan a "obsesión" de Medio Ambiente "por ter cada vez máis visitantes" sen avaliar o seu impacto
Os montes de Ourense son os que máis arden no mapa imposible dos incendios do verán
MAPA INTERACTIVO | Os incendios revelados no que vai de ano suman unhas 7.000 hectáreas, pero o balance é necesariamente incompleto. Medio Rural admitiu que esta semana se produciron case 100 incendios en días dos que informou sobre apenas unha quincena deles
A Valedora arquiva os expedientes pola atención a persoas sen fogar no Concello de Santiago
O goberno compostelán subliña que a Valedora "argumenta que coñeceu por sentenza xudicial" que os servizos sociais municipais "interviñeron na infromación da situación e nas medidas de apoio". Milagros Otero chegara a revelar datos persoais destas persoas no Parlamento
A Xunta dixo "querer máis" turistas nas Illas Atlánticas ante incrementos por riba do 100%
A conselleira de Medio Ambiente gabouse a pasada primavera de que en 2016 o Parque "sobrepasou a barreira dos 400.000 visitantes" e apostou por superar ese "récord" mentres este espazo natural segue a agardar polo seu Plan Reitor, que o propio Goberno admitiu como "fundamental"
Sospeitas sobre a venda de billetes irregulares acrecentan o conflito pola masificación das Cíes
"Chegaron a reimprimir billetes que xa foran vendidos na web e a duplicar números de DNI", din fontes consultadas por Praza.gal. A Consellería de Medio Ambiente asume agora a posibilidade de que as navieiras falsificasen pasaxes e di non desbotar acudir á Fiscalía
Os Franco gábanse da propiedade de Meirás na prensa do corazón: "é noso e vaino seguir sendo"
A filla do ditador desdeña as reclamacións do Concello de Sada e das forzas políticas da esquerda e négalles "lexitimidade" para cuestionar a súa "propiedade". Carmen Franco resta importancia tamén á declaración da familia como "non grata": "fixérono tamén con Rajoy, son así"
A Xunta sitúa o conselleiro de Política Social en Reganosa para "defender os intereses" de Galicia
A Xunta ten seis postos no consello de administración da regasificadora de Mugardos, onde ata agora foi representada por membros dos departamentos económicos ou de coordinación xeral do Goberno. Rey Varela foi alcalde de Ferrol ata 2015 e non se descarta que recunque como candidato do PP en 2019