Primeiro día na cadea do ex-líder de Xóvenes Agricultores, sinalado como pagador de viaxes na rede de trata
Fontes da fiscalía paraguaia citadas en xornais deste país explican que nas súas pescudas Miramontes figura como "financiador das viaxes" das mulleres que presuntamente eran prostituídas á forza pola rede desartellada
Casado proclama que "xa non se poden transferir competencias" tras dez anos sen ningunha para Galicia
Feijóo cualifica os inminentes avances no autogoberno vasco pactados polo PSOE co PNV como unha "discriminación inxustificable para Galicia". A lei do traspaso da AP-9 foi desbloqueada tras a moción de censura e o seu primeiro trámite chegou a ser aprobado no Congreso, pero despois o Ministerio de Fomento arrefriou as expectativas de que a transferencia chegue a concretarse
- Crónica
- Política
O da Valedora, algo persoal
O compoñente persoal foi clave na principal controversia política no mandato de Milagros Otero como Valedora e tamén, segundo o Tribunal Superior, no caso que vén de provocar a súa dimisión en dous tempos. Búscase agora a quinta persoa para un posto cuxos dous últimos responsables afastaron da esfera de discreción e prestixio institucional que lograran os seus dous primeiros titulares
O Supremo rexeita o recurso ao que o PP se aferrou para non destituír a Valedora tras dar un posto "á medida"
Ao rexeitar o recurso formulado pola Valedora do Pobo o Supremo ratifica a anulación do nomeamento da sobriña de Fraga que, segundo o TSXG, fora outorgado "á medida", con "arbitrariedade" e "desviación de poder". En Marea, PSdeG e BNG, que fan responsable a Feijóo, concordan na necesidade de volver activar o mecanismo parlamentario para destituíla e non descartan facelo conxuntamente
Detido o ex-presidente de Xóvenes Agricultores nunha operación internacional contra a trata de mulleres
Unha operación policial en Paraguai e España contra unha presunta rede de prostitución forzosa sáldase coa detención de seis persoas en Santiago, entre elas o antigo presidente da desaparecida póla agraria do PP galego, a quen a Fiscalía do país suramericano vincula co financiamento da suposta trama
- Con vídeo Precampaña local
- Política A Coruña
O PP da Coruña di que o alcalde ten "a culpa" dun aumento das violacións na cidade
O PP coruñés debuxa un escenario de "medo" na cidade durante o debate das distincións policiais por "traxectoria profesional exemplar", aprobadas por unanimidade. "A Policía, evidentemente, non ten a culpa disto", senón que a ten "un alcalde ao que non lle preocupa a seguridade cidadá", dixo a voceira popular tras citar as cifras de delitos contra a liberdade sexual e violacións
- Datos Cara ao 28-A
- Política
O senador galego menos activo presentou unha iniciativa en toda a lexislatura
Gerardo Criado (PP), senador dende outubro de 2016, finaliza mandato con tres actividades parlamentarias no seu cómputo: a toma de posesión, o rexistro dunha iniciativa e a defensa desta en pleno. O senador galego con máis actividade foi o socialista Ángel Mato
A mobilización sanitaria na Mariña non cesa: "Nin nos rendemos nin nos resignamos"
Unhas dúas mil persoas secundan en Burela unha nova mobilización na defensa da sanidade pública, coa derrogación da reforma sanitaria entre os principais puntos da reivindicación. "Esiximos recursos humanos e materiais, que a ampliación de edificios veña acompañada da ampliación real de servizos", sinalan dende a plataforma convocante
O reparto "ilícito" de contratos entre empresas do AVE incluíu 30,1 millóns na liña Ourense-Santiago
Competencia vén de impoñer multas a 15 empresas que suman 118 millóns de euros por crearen "tres cárteles para falsear a competencia nos concursos públicos" para obteren contratos de obras ferroviarias, entre eles varios de mantemento de instalacións de seguridade da liña de alta velocidade Ourense-Santiago
O Poder Xudicial suspende sete meses a xuíza De Lara, que terá que deixar Lugo se a sanción é firme
O Consello Xeral do Poder Xudicial determina, tras case un ano de dilixencias, sancionar a instrutora de casos como Carioca, Pokémon ou Garañón por "unha falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais"
Investigan a aparición dun cadáver calcinado na área afectada por un incendio en Toques
A investigación terá que determinar se o estoupido do vehículo no que foi achado o cadáver foi causa ou consecuencia do incendio forestal e mais a identificación do corpo calcinado
Médicos e sociedades científicas negan o "acordo" para a Atención Primaria do que presume Feijóo
O presidente do Consello Galego de Colexios Médicos insiste en que o documento asinado co Sergas "non pechou nada" e nega un pacto, “sobre todo se isto se entende como un aval dunhas políticas, que non o é". O presidente da Xunta dubida tamén dunha folga que será oficial o venres.