O monte galego xa ardeu máis en tres meses que en todo 2018
En todo 2018 arderon 2.618 hectáreas, pero os incendios divulgados por Medio Rural ata abril suman 2.863 nun balance total que realmente é de máis de 3.600, segundo admitiu o conselleiro no Parlamento. O de Dodro e Rianxo foi o primeiro gran incendio forestal do ano; os seguintes con maior impacto rexistráronse na provincia de Ourense
Noriega reaviva o debate dunha fusión de Santiago con Ames e Teo cara ao vindeiro mandato municipal
O alcalde de Santiago e candidato á reelección afirma que unha unión permitiría abordar materias como o transporte e o parque comarcal de bombeiros ou evitar "absurdos" en ámbitos como os servizos sociais. O goberno de Teo concorda coa iniciativa, da que recea o PSdeG nos tres concellos. O PP concorda con debatelo, pero fóra da campaña, e o BNG ve unha "cortina defume" do rexedor compostelán
O servizo xurídico do Parlamento constata o bloqueo da Valedora porque a renuncia "non cumpre os requisitos"
Milagros Otero ten cinco días para aclarar por escrito a situación creada tras o envío das súas dúas cartas de renuncia; En Marea, PSdeG e BNG avanzan que tentarán forzar un pleno extraordinario para destituíla a vindeira semana, pero a decisión depende en última instancia do PP
O CIS augura un empate técnico de PSOE e PP en Galicia e dá escanos a Unidas Podemos, C's e Vox
A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas sitúa o PSOE como primeira forza do futuro Congreso con entre 123 e 138 escanos e augura que o PP, cunha forte caída, non daría sumado maioría absoluta con Ciudadanos e Vox. En Galicia estaría en risco a hexemonía do PP como primeira forza en escanos
O recorte ao rango legal do galego que Casado leva no programa contradí varias leis de gobernos do PP
A promesa de que non teñan "carácter oficial" os os "actos administrativos" en galego se non son traducidos ao castelán contradí en boa medida a Constitución, pero tamén leis como o Estatuto do Empregado Público e a lei de Procedemento Administrativo, ademais de normas galegas como as leis de Normalización Lingüística, de Calidade dos Servizos Públicos ou do Emprego Público, entre outras
Máis competencias e financiamento, entre os "15 compromisos" que o BNG aspira a lograr se volve ao Congreso
Nun contexto de forte polarización o BNG defende na presentación do seu programa do 28A que o seu posible retorno ao Congreso pode servir para defender "unha axenda a favor de Galiza" e, ao tempo, "garantir que non gobernen as dereitas españolistas"
A oposición tenta acelerar a remuda da Valedora tras a manobra para seguir indefinidamente no cargo
A Xunta de Portavoces da Cámara abordará a situación creada polas dúas cartas de renuncia de Otero, que traslada a presión política ao presidente Santalices
Casado inclúe no seu programa minguar o rango legal do galego e "paralizar" o traspaso de competencias autonómicas
Os de Casado prometen no seu programa unha "lei orgánica de uso do castelán" segundo a cal calquera escrito redactado só en galego non tería "carácter oficial" e unha "moratoria" nas "transferencias ás comunidades autónomas" que en Galicia tería como primeira consecuencia o freo ao traspaso da AP-9
En Común Podemos apela á súa entrada no vindeiro Goberno de España como "garantía de cambio"
Se "as cloacas" andan "tan preocupadas" é porque "estamos máis cerca que nunca de gobernar" e de que "Yolanda ou Tone acaben sendo ministros", afirmou Irene Montero na Coruña
O PP promove que o Parlamento vote a prol de ENCE na ría de Pontevedra a dous días da campaña do 28A
O xiro do Goberno de España ao deixar de opoñerse aos recursos do Concello, Greenpeace e APDR contra a prórroga concedida polo Executivo de Rajoy volveu abrir a porta a que a pasteira saia da ría. A declaración política promovida polos populares pola vía de urxencia non terá efecto práctico ningún, pero axitará a axenda preelectoral
Ana Romaní ingresa na Academia reivindicando a poesía, o feminismo e o xornalismo comprometido
A poeta e xornalista chega á RAG cun discurso no que trazou unha cartografía de "complicidades na resistencia", dende as pioneiras da literatura ata as mulleres dos "lavadoiros, nas cadeas de conserva, nas redes dos peiraos". "Pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso. Somos unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución", advertiu sobre os medios públicos
- Documentos
- Política
A Valedora modifica a súa renuncia e pode seguir no cargo por tempo indefinido
A primeira carta de renuncia enviada por Milagros Otero ao Parlamento apelaba a un artigo da lei que implicaba activar decontado o proceso para substituíla. Vinte e catro horas despois enviou outra advertindo que cometera un "erro material" e apelando a un artigo diferente que lle permite, a efectos prácticos, seguir exercendo indefinidamente