A conselleira de Medio Ambiente di descoñecer se o eucalipto arde máis rápido ca outras árbores
"Supoño que haberá árbores [con máis capacidade de propagar o lume]; non podo dicir se os arbustos teñen máis capacidade que o eucalipto", di Beatriz Mato. A superficie dos eucaliptais duplicouse en apenas década e media e é un 30% superior da prevista no Plan Forestal de Galicia para 2032
Uns 40 incendios aínda arden en Galicia, pero xa non poñen casas en perigo
A chegada da chuvia e intensos traballos de extinción reducen os incendios no monte galego e xa non queda ningún sen control. Feijóo négase a cuestionar a política forestal e reduce o acontecido a "delincuencia"
CRÓNICA | Feijóo e Rajoy, da outra beira do lume unha década despois
O Goberno galego, o PPdeG e a súa contorna teiman na necesidade de "non politizar" a problemática dos incendios forestais entre lembranzas da súa propia actuación durante a gran vaga de 2006, cando os populares auspiciaran unha plataforma para esixir dimisións ao Executivo de PSdeG e BNG
A batalla contra o lume concéntrase en Ourense e Lugo cunha vintena de incendios activos
No amencer deste martes continuaban a arder 82 incendios, 7 deles con perigo para zonas habitadas. Contra media mañá a cifra descendeu a 53, ningún deles xa en situación 2.
- Os incendios arrasan catro vidas e milleiros de hectáreas en toda Galicia
- GALERÍA | Milleiros de persoas nas rúas contra o lume e a política forestal da Xunta
- DATOS | Os incendios no que vai de outubro duplican os habituais e volven a cifras de hai vinte anos
- A Xunta insire como publicidade en xornais impresos a declaración de Feijóo sobre os incendios
Os incendios arrasan catro vidas e milleiros de hectáreas en toda Galicia
En 16 incendios a proximidade a zonas habitadas mantén activada a situación 2. Medio Rural non revela a superficie afectada polos incendios, pero si concreta que se manteñen 105 incendios en todo o país, 67 aínda activos
- MAPA | Estes son os 72 incendios máis importantes
- Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"
- Lume Nunca Máis: Convocadas 38 concentracións para este luns pola tarde
- DATOS | Os incendios no que vai de outubro duplican os habituais e volven a cifras de hai vinte anos
A vaga de lume é avivada co vento dos restos do furacán Ophelia, que traerán chuvia escasa
Os ventos do sur dos restos do furacán provocaron que practicamente toda Galicia superase os 30 graos este 15 de outubro
Os incendios no que vai de outubro duplican os habituais e volven a cifras de hai vinte anos
Os últimos incendios revelados por Medio Rural superan as 2.000 hectáreas, 800 delas no Parque do Xurés. No que vai de mes rexistráronse 235 incendios, o habitual na última década era que nestas mesmas semanas do ano roldasen os 100
As antigas caixas galegas venderon propiedades a directivos e ás súas familias por 1,5 millóns de euros
Abanca revela ao Parlamento o montante total das vendas de activos a responsables de Caixa Galicia e Caixanova e familiares dende 2004, pero non aclara o detalle das compras apelando á protección de datos, que "tamén impide" achegar datos completos da indemnización de Méndez
Feijóo contradí o seu gabinete e di que o comité de control do orzamento do Estado "funciona con normalidade"
A Xunta confirmou a Praza.gal que o comité non se creara ao ser substituído por un "seguimento continuo" no Consello, pero o presidente asegura que "a comisión funciona con absoluta normalidade" e foi "útil" para "levantar o parón" de 14 treitos do AVE
O "comité" que anunciou Feijóo en abril para controlar o orzamento do Estado en Galicia non existe
O presidente asegurou que el mesmo presidiría cada tres meses este comité, anunciado para amortecer o impacto político da caída do investimento estatal. O Goberno defende que controla o cumprimento dos compromisos dende o Consello da Xunta
O PP votou tres veces "non" a cumprir a lei da CRTVG no debate de política xeral
A lei está en vigor dende 2011 e o pasado setembro o PP xa rexeitou poñer prazos á súa aplicación. Feijóo defende que a actual dirección xeral xa está avalada polo consenso e os populares esgrimen a complexidade da norma como causa do incumprimento
Unha multitude rexeita en Monforte a supresión da área sanitaria que prepara a Xunta
A sanidade volve tornar un conflito para o PP en Lugo tras o éxito das protestas en Burela e Monforte. Os populares ven a manipulación da esquerda por tras das masivas mobilizacións contra a nova Lei de Saúde