O congreso do PSdeG apostará por "unha gran coalición social progresista" para gobernar Galicia
A dirección encabezada por Caballero fixará dúas referencias internas: o "proxecto que levou os socialistas á Xunta en 2005" e a vitoria de Pedro Sánchez. O relatorio a debate propón definir o partido como "feminista" e afondar no ecoloxismo
Feijóo sela unha "alianza" de Galicia con Madrid e dilúe vínculos históricos con outros territorios
O documento asinado aposta pola acción común no financiamento, no que os intereses de Madrid e Galicia son dispares. Co retorno do PP a Xunta reforzou as ligazóns coas autonomías 'de vía lenta'
Medio Rural prorroga dúas semanas o operativo contra incendios entre alertas do persoal
Case 1.000 brigadistas xa foran despedidos en outubro e a metade tiveron que ser reincorporados ás présas durante a vaga de incendios. O persoal ve nestes cesamentos e incorporacións unha mostra da "improvisación" de Medio Rural
Extinguido en Cervantes o último foco da vaga de incendios tras dez días a arder
Medio Rural confirma a extinción do lume na parroquia cervantega de Noceda. Neste municipio da montaña lucense arderon árbores centenarias de alto valor ecolóxico. Feijóo proclama en Madrid que "todos" os incendios da vaga foron "intencionados"
PP e Ciudadanos vetan de vez a lei do traspaso da AP-9 a Galicia
As formacións de Rajoy e Rivera non teñen maioría no Congreso, pero si controlan o órgano que permite bloquear leis coma esta, aprobada por unanimidade en Galicia. En Marea asegura estar a estudar novas accións contar o veto porque supón "unha vulneración do texto constitucional"
A crítica pola xestión da Xunta nos incendios apunta ao responsable de montes, con 17 anos no cargo
Persoal do operativo contra incendios e a oposición parlamentaria reclaman o cesamento de Tomás Fernández-Couto, actual director de Ordenación Forestal e responsable desta área dende 1996 coa única paréntese do Goberno de PSdeG e BNG
A segunda investigada polos incendios é unha anciá que queimou dúas hectáreas por neglixencia
Os incendios que se atribúen ás dúas persoas investigadas tras a vaga de lume suman 3 das 35.500 hectáreas que arderon, segundo a primeira estimación
- A crítica pola xestión da Xunta nos incendios apunta ao responsable de montes, con 17 anos no cargo
- ENTREVISTA | "En anos de investigación, nunca atopamos esa famosa trama incendiaria"
- ANÁLISE | Por que arde Galicia? Ideas para un futuro distinto
O goberno de Baltar consolídase como o máis caro das deputacións galegas
A única deputación galega gobernada polo PP incrementou en 2017 o gasto en órganos de goberno por segundo ano consecutivo ata os 4,7 millóns mentres as restantes non chegan aos 3
Empresarios manobran para destituír o presidente da patronal galega por apoiar un referendo pactado en Catalunya
Ex-presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia esixen destituír a Antón Arias por "tomar posición contra a Constitución" e tamén "contra os intereses dos empresarios" por opoñerse á reforma laboral e apostar por subir salarios
Sanidade recupera o orzamento de 2009 mentres o ensino segue por baixo
O orzamento educativo medra un 3,22% a respecto de 2017, pero segue un 5% por baixo das últimas contas do bipartito. A partida que máis medra con relación ao anterior orzamento é a de turismo e a da débeda cae en termos interanuais tras acumular un crecemento superior ao 200%.
De Romay a Feijóo pasando polo bipartito: 35 anos á procura da etérea "trama incendiaria"
Dirixentes dos Gobernos galego e español de todo signo apuntaron a unha suposta organización de "terroristas incendiarios" como explicación ao lume no monte, pero nunca foron quen de demostrala. Feijóo e o PP mofáronse en 2006 da tese que agora defenden como única posible
As 35.500 hectáreas ardidas na vaga de lume avanzan o peor balance de incendios dende 2006
A primeira estimación da superficie arrasada dende a pasada fin de semana supera nun 70% a de todo o ano pasado e supón que en apenas dous días ardeu practicamente a metade do ardido na gran vaga de 2006, que durou dúas semanas.