O PP aplaude a comisión de estudo sobre incendios unha década despois de boicoteala por ser unha "farsa"
O Parlamento pon en marcha o órgano sobre a vaga de incendios de outubro e posibles reformas forestais. Feijóo acusou a Touriño en 2006 de "traizoar as vítimas" ao non remudar o estudo por unha investigación e o PP considerara que as conclusións "bordeaban o ridículo"
Política Social non aumentará persoal para tutelar adultos: 3.000 persoas ao cargo de 23 traballadores
O Goberno admite que a poboación adultas á que atende a Fundación de Tutela de Persoas Adultas vai seguir aumentando, pero non a dotará de máis persoal e apenas subirá o seu orzamento. Feijóo enxalza como "imprescindible" a Cáritas, unha das ONG que suple as carencias deste ente público
Dos 1.000 quilómetros de AVE ao parador: as obras que ían tornar o Prestige na "maior oportunidade"
De todas as grandes obras do Plan Galicia só o porto exterior da Coruña foi rematado, pero con notable sobrecusto. Entre as infraestruturas anunciadas que nunca saíron do papel destaca o "corredor ferroviario do AVE do Cantábrico" de Ferrol a Bilbao
A maioría dos protagonistas políticos do Prestige seguiron ocupando cargos máis dunha década
INTERACTIVO | A maior parte dos dirixentes gobernamentais que no inverno de 2002 foron responsables da controvertida xestión da catástrofe do Prestige seguiron nos seus postos e moitos deles ascenderon. Repasamos os seus percorridos e relacións
Así certificou Contas que helicópteros privados contra incendios operaban para a Xunta sen contrato
O servizo estivo "sen a preceptiva cobertura contractual" en 2012 no marco do proceso polo que está imputado o máximo responsable forestal da Xunta. As "certificacións de horas de voo" dos aparellos son as únicas probas achadas por Contas
Máis da metade do plan contra incendios anunciado por Feijóo figura en normas xa vixentes
En torno a unha vintena das 30 medidas incluídas polo presidente como parte do "acordo de país" fronte ao lume son preceptos de leis como a de montes ou a de defensa contra incendios e doutras normativas tanto do actual Goberno como do bipartito e mesmo de Fraga. A maioría están sen desenvolver
A oposición únese para pedir contas á conselleira de Medio Rural pola imputación do responsable de montes
En Marea, PSdeG e BNG reiteran a Feijóo e á conselleira a esixencia de dimisión de Fernández-Couto que xa formularan tras a vaga de incendios ao coñeceren que é investigado por presuntas irregularidades na adxudicación dos helicópteros
O banco malo desfaise do préstamo de 108 millóns co que Caixa Galicia financiou un rañaceos en Benidorm
O edificio InTempo é parte dos 5.000 millóns de euros en activos tóxicos de Novagalicia Banco transferidos durante o rescate á Sareb, que se negou a informar ao respecto ao Parlamento galego
Feijóo reedita a idea dun "acordo de país" contra o lume sen deixar a tese do "terrorismo incendiario"
O presidente enmarca a vaga nun contexto "excepcionalísimo" e teima en centrar o acontecido nos "terroristas", pero accede a crear unha comisión de estudo sobre os incendios na que En Marea, PSdeG e BNG van "colaborar" aínda que non haxa dimisións
A Xunta volve abdicar da coordinación dos aeroportos e limítase a pedir voos baratos
"Se podemos conseguir un billete de ida e volta a Madrid por 60 euros, seguro que os de Madrid poden vir aquí calquera fin de semana", di a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2018
Feijóo, fronte a Touriño tras os incendios de 2006: "o pobo venceu os criminais e a incompetencia da Xunta"
Este 7 de novembro Feijóo protagoniza unha comparecencia semellante á de Touriño tras a vaga de lume de 2006. O actual presidente esixira destituír o conselleiro de Medio Rural e acusara o Goberno de "utilizar os medios para dicir o que queren"
Os beneficios de ENCE seguen disparados ata case triplicarse
Nos primeiros nove meses do ano a pasteira rexistrou uns beneficios de case 60 millóns de euros, un 183% máis que no mesmo período do ano anterior. ENCE gábase de bos resultados e plans de futuro ás portas do despregamento en Galicia da portuguesa Navigator polo veto ao eucalipto no país veciño