CRÓNICA | Un balcón espido fronte ao "máis grande de Galicia"
O malestar polas críticas á campaña da Xunta polo 25 de novembro acabou co PP dando en lanzarse contra a iniciativa 'En negro contra a violencia machista', impulsada en 2015 polo Concello de Santiago pero agora secundada por 75 municipios con gobernos de todas as cores, tamén populares
A Xunta anuncia medidas contra o lume aprobadas no Parlamento tras os incendios de 2006
O PP descualificou moitas das medidas que agora anuncia por seren parte das conclusións da comisión de estudo que daquela boicoteara, como actuar en predios abandonados, reforzar a cooperación cos concellos ou ampliar a marxe de manobra do Banco de Terras
Lores envía a Feijóo un libro con testemuños da violencia machista para que "entenda algo máis o problema"
Tellado mantén que "non lle gustaría" ver ao PP "criticar unha campaña para rematar coa violencia machista" despois de que o propio partido cargase contra a iniciativa 'En negro contra as violencias machistas'
A comisión que reforma o financiamento dos concellos reitera a súa aposta pola taxa turística
A presidenta do organismo, designada polo Goberno central, apoia que os concellos poidan aplicar a taxa a "todas" as estancias turísticas. "Xa existen estudos empíricos que apuntan a un moi escaso impacto negativo deste tipo de tributos sobre a entrada de turistas", di o seu informe.
Feijóo "supón" que Pontón non culpa a Xunta de "incentivar a violencia machista"
O presidente da Xunta "reitera o dito", pero agrega que "calquera plantexamento que moleste a calquera deputado ou deputada ten a miña desculpa por anticipado". A portavoz nacional do BNG pediu amparo ao presidente do Parlamento polas "intolerábeis" palabras de Feijóo.
Galicia rexistra máis de 2.000 denuncias por "falta de respecto" á Policía ao abeiro da 'lei mordaza'
Entre 2015 e 2016 as multas por estas "faltas de respecto" ás forzas de seguridade sumaron en Galicia máis de 350.000 euros. Nos primeiros dous anos de vixencia da norma as denuncias ligadas a este precepto da controvertida norma foron máis de 45.000
O PP reclama que Xunta e concellos asinen un pacto contra a violencia machista que xa está en vigor
Os conservadores aproban en solitario pedir ao Goberno galego acordar coa Fegamp medidas asinadas hai unha semana que actualizan un acordo de hai cinco anos
As "nove hectáreas de impunidade fascista" en Meirás, denunciadas na Eurocámara
O BNG impulsa a demanda de ilegalizar a Fundación Francisco Franco a través da comisión de peticións do Parlamento Europeo, que xa abordou asuntos vinculados a Galicia como o saneamento das rías ou o accidente de Angrois
De Meirás á liberdade de expresión: autopsia ao franquismo na Eurocámara
A xornada impulsada polo BNG, ERC, EH-Bildu e Compromís analiza en Bruxelas os elementos do franquismo que sobreviviron ao ditador en debates sobre os que pairan a reclamación de devolución de Meirás e os acontecementos políticos en Catalunya
VÍDEO | Así espallou o furacán Ophelia por Europa o fume dos incendios de Galicia e Portugal
Os satélites e modelos matemáticos da NASA permiten visualizar como o sal mariño, o po e o fume viaxaron pola atmosfera de agosto a novembro. "Ophelia levou o fume e o po a Irlanda e ao Reino Unido", constatan
As violacións son o delito que máis aumenta en Galicia, con case un 40% no que vai de ano
O balance de criminalidade reflicte que ata setembro continuaron aumentando as agresións sexuais mentres diminúen outros delitos que adoitan recibir maior atención, como os roubos
A folga estudantil lembra na rúa que a LOMCE "segue vixente" e cómpre "un modelo alternativo"
A mobilización impulsada por Erguer reclama unha lei galega de educación e lembra que as principais mudanzas da reforma educativa do PP seguen vixentes. A Xunta desdeña as protestas, que ve "antigas" porque está en marcha o futuro pacto educativo estatal, e censura que teñan intención "política"