As Illas Atlánticas xa suman máis turismo que en todo 2016 mentres agardan polo plan para regulalo
Nos primeiros nove meses de 2017 pasaran polas Illas Atlánticas un 6,7% máis de turistas que en todo 2017, segundo as cifras oficiais. O Plan Reitor das Illas Atlánticas tería, atendendo á lei, que estar en vigor dende o ano 2003
Os focos atribuídos ás persoas investigadas pola vaga de incendios suman 5 das 35.500 hectáreas ardidas
As primeiras pescudas ratifican a dificultade para atribuír a autoría dos incendios que xa apuntaron diversas fontes expertas mentres a Xunta aludía ao "terrorismo incendiario"
BREOGAN, vangarda galega na investigación para acabar co cancro de mama
O consorcio galego de cancro de mama participou con 3.000 pacientes nunha investigación internacional grazas á que as variantes xenéticas que "contribúen ao risco de desenvolver cancro de mama" pasan a ser practicamente o duplo das coñecidas
A Xunta asume que a poboación que precisa axuda para subsistir seguirá en máximos históricos durante 2018
En 2016, último ano con datos reais, recibían a Risga unhas 10.800 persoas e a Xunta prevé que en 2018 a cifra sexa semellante. O orzamento para financiala supera os 62 millóns de euros tras revelarse como insuficientes os 57 millóns de 2017
CRÓNICA | Galicia como tarefa, Catalunya como escusa
Hai unha década o Estatut catalán foi o principal pretexto político para a ruptura das negociacións do novo Estatuto galego. Dez anos despois o independentismo en Catalunya foi presentado como obstáculo para o traspaso da AP-9 a Galicia
Caballero toma o mando do PSdeG da man de Pedro Sánchez coa unidade como primeiro reto
Pablo Arangüena emerxe como vicesecretario xeral e voceiro da nova Executiva Nacional, que recupera o posto simbólico da presidencia para Leiceaga. Sánchez reivindica a "esquerda de goberno" coa vista posta en Catalunya
Museo do Pobo Galego: corenta anos dun milagre de país
O padroado do Museo resalta no acto de celebración do cuadraxésimo aniversario que lle cómpre unha "remuda xeracional" e máis recursos
Caballero colle o testemuño de Laxe e Touriño coa aspiración de tornar o PSdeG nun "exército para o cambio"
Touriño chama á "unidade" interna para que "máis cedo que tarde poidamos ter un presidente socialista na Xunta". O plenario do Congreso Nacional socialista está presidido polo avogado Pablo Arangüena, que se perfila como un dos homes fortes da nova Executiva
A cifra de nacementos en Galicia no primeiro trimestre de 2017 foi a máis baixa en vinte anos
Entre xaneiro e marzo naceron en Galicia 4.391 nenas e nenos, 249 menos que no mesmo período do ano anterior. No mesmo período faleceron máis de 9.000 persoas
Puigdemont apela á "oposición democrática" á intervención da Generalitat
Nas primeiras horas de aplicación formal do 155 o Goberno de España cesou a Trapero como responsable dos Mossos. Puigdemont non se dá por cesado nun discurso televisado no que anima á mobilización "cívica" e "pacífica"
O Concello de Santiago denuncia a filla de Franco para que devolva as esculturas do Mestre Mateo
O Concello santiagués solicita ao xulgado que condene os Franco a devolver as esculturas para quedaren expostas no Museo da Catedral. Carmen Polo "insistiu" en quedar coas esculturas nunha visita en 1954 ao Pazo de Raxoi, onde o Concello as colocara
A Xunta oculta ao Parlamento cantos pisos turísticos operan en Galicia
Turismo admite que manexa os datos, pero evita revelalos á Cámara. A información bosquexada permite deducir que en Sanxenxo foron rexistradas unhas 900 vivendas turísticas