Pontón sitúa o BNG á fronte "doutra Galiza posible" en 2020 porque "algo grande está nacendo"
A líder do Bloque ve a formación en condicións de liderar o "novo ciclo" que "emerxe como unha forza enorme, como un vendaval". "Ou damos nós voz a este país ou está visto que ninguén o fai", reflexionou Pontón no acto central do BNG polo Día da Patria
- Gráficos
- Economía
O paro xa cae en Galicia a niveis de hai unha década co mercado laboral marcado pola crise demográfica
A EPA do segundo trimestre de 2019 reflicte en Galicia 26.300 persoas menos en situación de desemprego que a finais do segundo trimestre de 2009, pero tamén 54.100 persoas menos traballando que hai unha década.
Entre o 'Galiza ceibe' e o 'Venceremos nós': cincuenta anos do ataque da policía franquista na Misa de Rosalía
O libro que vén de editar a Fundación Isla Couto pescuda na historia da Misa de Rosalía e debulla os feitos acontecidos á saída da celebración en 1969, cando Xaime Isla Couto foi detido pola policía da ditadura acusado de berrar 'Viva Galiza Ceibe' e cantar o 'Venceremos nós'
Intensa actividade política polo Día (Nacional) de Galicia agás no PP e na Xunta
Por sétimo ano consecutivo non haberá acto ningún da Xunta na xornada do Día Nacional; o protagonismo político do 25 de xullo volve ser para as forzas da oposición e outras organización sociais, que si organizan actividades políticas e de lecer
Cen anos da asemblea nacionalista que instaurou o "Día de Galicia"
No vindeiro outono celébrase o centenario do cónclave das Irmandades, en 1919, onde ademais de elixir o 25 de xullo como xornada de reivindicación nacional afondouse nun programa de "cumprimento urxente" con diferentes demandas culturais, educativas ou económicas
A Valedora marcha cun ronsel de polémicas, dereitos cuestionados e eloxios do PP
A principal misión de Milagros Otero ao ser nomeada Valedora era acougar, tras tres anos de interinidade, a institución que ten como principal misión velar polos dereitos fundamentais da cidadanía. No entanto, acumulou episodios controvertidos ligados, precisamente, a eses dereitos
Dimite a Valedora tres meses despois de simular que o facía por facilitar un cargo á sobriña de Fraga
Dende que presentou a primeira renuncia, que non era tal, Otero seguiu exercendo con plenos poderes. Unha das súas últimas decisións foi a solicitude formal de incremento salarial
- Crónica
- Política
Pactos políticos sen ruído en Galicia fronte ao arriscado estrépito estatal
Un eventual fracaso da investidura de Pedro Sánchez que conducise a novas eleccións xerais marcaría inevitablemente o derradeiro curso político da lexislatura en Galicia e debilitaría as opcións dun cambio pola esquerda na Xunta
O Sergas reduce a espera cirúrxica media ata 56 días antes do novo 'apagón' informativo de verán
O dato de demora media cirúrxica é o máis baixo da serie histórica e a Xunta mantén que non o está a lograr mediante derivacións a centros privados-concertados
Xunta e Concello de Sada únense á demanda do Estado para botar aos Franco de Meirás
O goberno local sadense confirma que comparece no proceso tras recibir a notificación oficial da demanda do Estado contra os Franco e o Consello da Xunta autoriza aos servizos xurídicos do Goberno galego para unirse tamén ao procedemento pola devolución do Pazo
Tomé asume a presidencia da Deputación lucense e chama a "consolidar a maioría progresista en Lugo e Galicia"
PSdeG e BNG chegaron ao pleno de constitución co acordo xa pechado para conformar un goberno de coalición coa nacionalista Maite Ferreiro como vicepresidenta. O tamén alcalde de Monforte di aspirar a unha "nova etapa na vida" da Deputación lucense na que a institución sexa "noticia polas políticas que sexamos capaces de levar a cabo"
Fin da folga nos PAC do Sergas tras lograr o persoal a práctica totalidade das súas reclamacións
O pacto que pon fin á folga contempla o reforzo dos cadros de persoal dos puntos de atención continuada, que deberán ter equipos completos, e a equiparación dos complementos por nocturnidade e festividade co persoal das urxencias hospitalarias. O acordo inclúe unha das reivindicacións máis básicas do persoal: o vestiario e materiais de protección no traballo