O PP asegura ter garantías da construción do AVE Ourense-Lugo que Fomento xa desbotou
O PSdeG coida que os populares viaxaron á sede de Adif para "certificar a defunción do AVE a Lugo mentres goberne o PP". O secretario xeral do Eixo Atlántico ve no encontro "unha falta de respecto" a "todos os sectores que loitamos por que Lugo teña comunicacións modernas"
O xuíz ve "indicios" de delito sexual na conduta do asasino confeso de Diana Quer
O instrutor reabriu formalmente o caso e decidiu investigar tamén -antiga imputación- á esposa do asasino confeso. A Plataforma Feminista de Ourense censura que unha deputada ourensá do PP vexa "oportunismo político" en ligar o crime coa violencia machista
O Colexio de Xornalistas pide que as novas sobre o asasinato de Diana Quer "non sumen dor" á familia
O CPXG lembra as recomendacións deontolóxicas de abordar a violencia de xénero dende o "combate" das súas causas
Así xustifica a Xunta o gasto de 77.000 euros en publicar como publicidade a declaración de Feijóo sobre os incendios
O Goberno galego reproducira en 12 xornais impresos o discurso de Feijóo ao día seguinte de que o lese ante os medios. Sinala que "excluíu os medios dixitais galegos" porque en Internet cómpre "publicar textos breves" e afirma que o texto inclúe información sobre "as axudas habilitadas", que se aprobaron dous días despois
2017, o ano en que volvemos arder
A actualidade de 2017 mudou de vez cando en outubro as lapas volveron estenderse por todo o país. Foi o ano do referendo catalán, pero tamén do aniversario do naufraxio do Prestige, da loita contra a violencia machista ou da continuación da batalla das vítimas de Angrois. Queda todo un mundo por contar.
Feijóo centra a mensaxe de fin de ano en presentar Galicia como antítese de Catalunya
CON VÍDEO O presidente da Xunta esixe "consecuencias políticas" para Catalunya e "incorporar" ao debate do financiamento autonómico "as amargas leccións dos recentes acontecementos" derivados do proceso soberanista
Un cento de novas para repasarmos 2017
CRONOLOXÍA INTERACTIVA Recuperamos as cinco informacións máis lidas de cada mes en Praza.gal e, con elas, conformarmos unha liña de tempo do ano que remata. Cen pílulas de memoria con grandes e pequenas noticias para levar ao 2018.
Audasa ben vale (non ir a) unha misa
CRÓNICA | Fronte ás críticas doutras ocasións aos alcaldes, desta volta Feijóo e Rajoy acudiron á inauguración de Rande á hora da ofrenda na Catedral, na que o presidente do Parlamento exerceu como delegado do rei
A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe
Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer e cuestionaren as peaxes e a seguridade
Os herdeiros de Carmen Franco quedan coa demanda das esculturas do Mestre Mateo e co conflito de Meirás
A filla do ditador faleceu aos 91 anos do cancro que padecía. A demanda interposta polo Concello de Santiago para recuperar as esculturas xa foi admitida a trámite por un xulgado de Madrid
Un improbable pacto do PP coa esquerda, única fórmula para que triunfe a censura no Concello de Lugo
O rexeitamento da cuestión de confianza á que a alcaldesa ligou o Orzamento de 2018 abre un prazo dun mes para a formulación dun eventual goberno alternativo que pasaría, necesariamente, polo pacto dos populares con Ciudadanos e, cando menos, tamén con Lugonovo, o BNG ou ACE
Feijóo ofrece outra vez ao PSdeG o liderado da oposición se pacta co PP
O presidente e o secretario xeral socialista, Gonzalo Caballero, manteñen o seu primeiro encontro oficial, no que o primeiro lembra a “cómoda” maioría da que dispón