Feijóo pide máis intervención do Estado nas autonomías tras unha década sen novas competencias para a Xunta
O xefe do Goberno galego pide intervención estatal en ámbitos centrais das competencias autonómicas, como educación e sanidade, tras a reapertura do debate sucesorio no PP e en pleno rexurdimento das voces que apuntan cara ao seu paso á política estatal
Os policías detidos polo roubo de armas en Ourense quedan en liberdade baixo fianza acusados de homicidio
A xuíza instrutora foi quen de conectar o roubo de seis pistolas co suicidio dun axente e a difusión de notas anónimas que acusaban outros policías de suposto trato de favor a 'narcos'
En Marea definirá nun plenario en marzo como vai "apoiar" as mareas municipais cara a 2019
A coordinadora de En Marea resalta que o seu obxectivo é "apoiar a consolidación de espazo de unidade popular e dos gobernos do cambio"
Medra o temor ao "desmantelamento" do tren Ferrol-Ribadeo por mor da acumulación de avarías e atrasos
Só na última semana suspendéronse servizos entre Ortigueira e Cerdido e de Ferrol a Ribadeo e Ortigueira; ademais, interrompeuse por avaría o percorrido do 'Rexional' de Oviedo a Ferrol
A carreira cara ás municipais xa atravesa a política galega
O PP, as mareas municipais e o BNG celebran actos coa vista posta nos comicios locais e o PSdeG pecha a súa renovación interna para centrar enerxías na carreira preelectoral
- Feijóo vese obrigado a frear o debate da súa sucesión e a fuga de votos a C's
- As mareas reivindícanse como "único espazo que pode disputar a hexemonía ao PP"
- O BNG activa a "estratexia electoral" municipal con especial atención ás cidades
- Caballero presenta un "novo PSdeG" que aspira a "retirar a Feijóo e a Baltar"
Dez días sen teléfono en pleno Courel: "despois enchen a boca a falar de abandono do rural"
Dende o 8 de xaneiro a "avaría masiva" afecta á telefonía fixa e aos servizos móbiles de voz e datos. "Sentímonos abandonados, temos os mesmos dereitos e pagamos igual que todos", di a veciñanza
Galicia volve bater o seu recórd de contratos laborais inferiores a unha semana tras duplicárense en cinco anos
No último ano asináronse en Galicia case 345.000 contratos laborais inferiores a unha semana cun crecemento do 90% na última media década. Mentres, a contratación indefinida avanzou no último cuatrienio algo máis dun 50%, ata case os 50.000 contratos
O persoal da Xustiza dá por rota a negociación con Rueda para evitar a folga
As dúas primeiras xornadas de folga, avaladas por todos os sindicatos do sector, foron un éxito de participación. O vicepresidente acusa as centrais sindicais de romper a negociación de xeito "unilateral" e lamenta que "consideren insuficiente" a "oferta económica" da Xunta
O PSdeG ultima a creación dunha fundación para "impulsar o cambio político" en Galicia
O secretario xeral dos socialistas, que será presentado o vindeiro día 25 nun acto público por Abel Caballero, fai unha nova chiscadela ao período de Touriño coa posta en marcha dun "laboratorio de ideas" ligado ao partido
España logrou que Madrid acolla unha sede da UE tras o Brexit mentres ignorou a candidatura galega
O Goberno español non só non fixo ningunha xestión ante a UE para que o laboratorio de bivalvos fose trasladado a Galicia, senón que xa sabía que o organismo ía pechar mentres a Xunta anunciaba publicamente a candidatura
Volveu co Prestige: 15 anos da chegada de Feijóo ao Goberno de Fraga
O sábado 18 de xaneiro de 2003 Fraga asinou o decreto co que nomeaba a Feijóo como substituto de Cuiña na Consellería de Política Territorial en plena crise política pola xestión do naufraxio do petroleiro
Feijóo carga contra o sistema parlamentario vixente porque "é igual gañar que perder"
O presidente da Xunta volve reclamar unha reforma electoral que remate co actual modelo de elección parlamentaria da presidencia dos gobernos. Durante unha visita a Madrid reclama "máis presenza do Estado nas comunidades autónomas"