Antón Sánchez apela á "Galicia que soubo resistir" para acabar cun goberno "insubstancial" e "de propaganda"
O portavoz do Grupo Común da Esquerda chama a "activar toda esa Galicia que se move na defensa dos seus dereitos” para lograr "un goberno que traballe polo interese xeral e non para os poderosos" tras "dez anos de recortes e desigualdade"
Pontón chama a poñer fin ao "Goberno intranscendente" de Feijóo: "Hai outra Galiza posíbel e mellor"
"Ata vostede sabe que este é o seu derradeiro debate como presidente da Xunta", di a líder do Bloque a Feijóo
Villares pide á Xunta que actúe ante a "emerxencia climática, social e feminista que vive Galicia"
O portavoz do Grupo Mixto encheu a súa intervención de mensaxes ecoloxistas e ambientalistas e acusou a Feijóo de "gastar máis en propaganda que en medidas"
Feijóo erixe a súa xestión en "modelo" para España no debate final da lexislatura galega
O presidente da Xunta atribúe a Pedro Sánchez a "peor crise política da democracia" nun discurso marcado pola contraposición da súa xestión coa do Goberno de España e por un calculado distanciamento coa actual cúpula do PP estatal. Os principais anuncios, en materia de natalidade
O derradeiro debate de política xeral da lexislatura, en directo
Contamos ao vivo dende o Pazo do Hórreo o máis destacado do derradeiro gran debate político da lexislatura no Parlamento de Galicia
O derradeiro gran debate da lexislatura avalía a década de Feijóo e a posible alternativa da esquerda
Feijóo tentará facer esquecer os últimos malos resultados electorais do PP poñendo o acento en que "Galicia conta con estabilidade" grazas ao seu Goberno, que contraporá co de Pedro Sánchez. A oposición aproveitará a sesión para facer balance destes dez anos coa vista posta en 2020
PSdeG e Marea Atlántica pactan activar a gratuidade das escolas infantís para aplicala no vindeiro curso
Na primeira xuntanza de seguimento do pacto político para o inicio do mandato socialistas e Marea acordan iniciar xa a modificación do regulamento das escolas para que poidan ser de balde no curso 2020-21 e poñer en marcha o proceso para constituír a Área Metropolitana coruñesa
Aberto o prazo do voto por correo nas eleccións xerais do 10N ata o 31 de outubro
A convocatoria formal das eleccións do 10N activa os prazos do proceso electoral, no que desta volta a campaña oficial durará a metade do que é habitual
A Xunta rotulará autobuses das principais cidades coa súa publicidade no ano electoral de 2020
A Secretaría Xeral de Medios está a tramitar un contrato co que prevé destinar ata 399.996 euros á adquisición de espazos publicitarios como valos nas principais cidades, nas que agora tamén rotulará autobuses
Os ingresos por peaxes da AP-9 aumentan catro veces máis que o número de vehículos que a usan
No primeiro semestre de 2019 Audasa ingresou 71,4 millóns de euros por peaxes e logrou un beneficio neto de 18,8 millóns de euros, un 17,52% máis que no mesmo período do ano anterior
O AVE galego perde potencia como arma electoral ás portas do seu remate
Ás portas da nova prohibición preelectoral de actos para presentar logros gobernamentais, o ministro Ábalos visitou o treito do AVE Madrid-Galicia de inminente apertura, 110 quilómetros de Zamora a Seabra. A proximidade do remate e a sombra do accidente de Angrois propician que o Ministerio evite falar de datas concretas de posta en servizo
O electorado pode pedir ata o 7 de outubro non recibir propaganda dos partidos nas novas eleccións xerais
Quen xa realizase este trámite antes de eleccións anteriores mantén a exclusión dos envíos de propaganda e non ten que volver pedila