-
Conclúe a intervención de Gonzalo Caballero, líder do PSdeG. É a quenda de Pedro Puy (PP) e a continuación o presidente da Xunta retrucará aos grupos. O máis destacado do debate, este serán en Praza.gal
-
"Na loita contra a violencia machista estaremos ao caroń" do Goberno, di Caballero, que reprocha os "pactos con Vox" do PP.
-
Caballero retruca ás acusacións de deterioro democrático lanzadas por Feijóo. "A corrupción do PP foi o que máis danou a saúde democrática".
-
"Proclama que Galicia é o modelo, pero Galicia é moito máis que o seu goberno. A súa estabilidade é a da agonía", asegura o secretario xeral do PSdeG.
-
"Sabemos que hai unha nova maioría en Galicia" e a cidadanía "xa vive nunha Galicia distinta á que vostede debuxa", na que xera "antipatía" e "por iso perderon tres eleccións no que vai de ano".
-
O líder do PSdeG ve a Feijóo instalado na "confrontación" co Goberno de España por orde da dirección do PP a conta do financiamento. "Entregouse a un relato cun percorrido curto, o flotador estaba pinchado". "O Goberno resolve o que vostede considera o principal problema e vostede segue optando pola confrontación.
-
Caballero contrapón a xestión da Xunta coa do Goberno de Pedro Sánchez. Medidas como as subas do salario mínimo ou das pensións "explican os resultados electorais" do pasado 28A, afirma. "Amosa fartura e cansanzo, Galicia merece algo máis".
-
"Esta lexislatura foi tempo perdido para Galicia", lamenta Caballero, que subliña que nestes tres anos o Paralmento aprobase "o menor número de leis da súa historia". "Se lles pedimos aos galegos que sinalen tres decisións positivas da Xunta nesta lexislatura non habería responsta, porque non hai acción política"
-
"Se o seu suspenso é notorio en moitos eidos da xestión pública, é palmario no sector sanitario", reprocha Caballero. "Meteron a sanidade pública na UVI e só cando milleiros de persoas saíron á rúa por todo o país tiveron que recoñecer o fracaso"
-
"Faga menos caso ao señor Tellado e ao señor Rueda e máis ao señor Puy", recomenda o líder do PSdeG ao presidente da Xunta.
-
"O seu fracaso económico vaia compañado de fracasos en política social que fan a sociedade máis desigual", di Caballero, que subliña que "tivo que aparecer a Fundación Amancio Ortega" para cubrir o "incumprimento" da Xunta.
-
"Menos xente e menos Galicia", di Caballero en referencia á crise demográfica. "Cando o balance é negativo hai que asumir as responsabilidades políticas pertinentes"
-
Comeza a intervención de Gonzalo Caballero, líder do PSdeG: "O seu discurso só certifica que o seu proxecto está esgotado e que o seu tempo político á fronte de Galicia rematou", comeza.
"Volve prometer o que prometeu en anos anteriores e xa non é crible", afirma Gonzalo Caballero en referencia ao discurso do presidente
-
“O seu traballo polos intereses dos grandes poderes económicos é incansable. O caso do sector eólico é demoledor”, di a Feijóo o portavoz do Grupo Común da Esquerda. "Elixiron a depredación", insiste.
-
“As súas políticas esnaquizan vidas e condenan a mocidade á precariedade”, dille Sánchez a Feijóo, a quen acusa de acabar coa industria e o sistema financeiro galego
-
Antón Sánchez acusa a Xunta de "vender a prezo de saldo o territorio" e de aliarse "cos depredadores" e de "facer leis a medida das multinacionais contra as que loita a cidadanía do común"
-
Antón Sánchez censura a fichaxe da ex-Valedora do Pobo pola Radio Galega e a "manipulación mediática" que atribúe ao Goberno galego
-
Comeza a quenda de Antón Sánchez, do Grupo Común da Esquerda. "Cada vez que ten ocasión o presidente da Xunta converte o debate do estado da nación nunha feira na que expoñer as súas vaidades".
-
Ana Pontón finaliza o seu discurso: "Despois de todo o seu regueiro de promesas incumpridas, cal é o valor da súa palabra?", pregunta a líder do BNG. "Galiza merece un presidente ou presidenta que coñeza a realidade do seu país e non a Arcadia feliz que vostede narrou esta mañá"
-
Pontón propón unha comisión de estudo sobre un novo modelo de financiamento e reitera a proposta dunha banca pública galega.
-
Ana Pontón reitera a reivindicación dun concerto económico para Galicia. "Temos que cambiar o financiamento e superar a política sometida a Madrid"
-
"Se crese na democracia non habería represalias a xornalistas por criticalo a vostede", di Ana Pontón a Feijóo.
-
A portavoz nacional do BNG resalta tamén a "crise do autogoberno", dende "o desfalco das caixas" cunha operación que Feijóo "avalou persoalmente". "As caixas eran viables e vostede non as defendeu", afirma sobre a venda de Novagalicia Banco a Banesco. Ademais, lembra, logrou "cero competencias en dez anos".
-
"Vostede foi un precursor no desmantelamento das políticas de igualdade; o que agoar escandaliza en Andalucía xa o fixo vostede ao chegar ao Goberno", reprocha Ana Pontón ao presidente.
-
"Se en algo se cebou foi na sanidade pública; afogou a atención primaria ata poñela ao bordo do colapso e máis lista de espera para os doentes", asegura Pontón, que reta o presidente a "baixar do coche oficial" e "ir dicir" aos doentes que "a sanidade nunca estivo mellor".
-
"Cal destes problemas vai solucionar o Xacobeo?", pregunta Pontón. "Precísase unha nova estratexia económica que vaia moito máis alá do turismo", afirma.
-
"Os nosos investigadores e investigadoras continúan en precario con situacións aberrantes" como "ter que escoller entre ser nai ou científica", reprocha a Feijóo a líder do Bloque.
-
"Vostede pode negar que hai menos emprego que hai dez anos?", cuestiona Pontón a Feijóo, que insta o presidente a non responder con "escusas". "Outros gobernos actúan, son máis listos ca vostede?", pregunta en referencia ao Goberno de Euskadi.
-
"A súa década déixanos unha Galiza afogada de crises no económico, no social e de autogoberno", afirma a portavoz nacional do Bloque.
-
Comeza a quenda da líder do BNG, Ana Pontón. "Temos que construír unha axenda dende o que a sociedade galega quere" fronte á "falta de proxecto" de Feijóo, di.
-
Villares alerta tamén dunha "emerxencia social" e exemplifícaa co caso dunha enfermeira que "leva asinados 800 contratos" no Sergas. "Fixo toda a súa carreira con vostede como presidente, non cre que lle debe unha desculpa por once anos de precariedade?", cuestiona.
-
"Podíamos estar queimando menos diésel cun FEVE renovado entre Ferrol e Ribadeo ou cun tren que unise A Coruña, Santiago e Lugo", di Villares para reclamar a potenciación do tren de proximidade por parte da Xunta. "Son as infraestruturas para un tempo novo, o ecolóxico é rendible".
-
"O futuro de Galicia non está en queimar carbón de Indonesia" nin "pagar a Endesa por estar parada", di Villares para instar a Xunta a abordar a transición enerxética, a comezar por "desenvolver o mapa da transición ecolóxica".
-
Luís Villares reclama "medidas concretas" fronte á "emerxencia climática". "Debe ser unha prioridade para a humanidade no seu conxunto da que nós, como galegas e galegos debemos participar".
-
Villares reprocha a Feijóo que Galicia teña "a maior porcentaxe de prazas privadas" en residencias de maiores do Estado e lembra que "unha das medidas estrela" do inicio da lexislatura foi a apertura das sete residencias de maiores que finalmente financiará a Fundación Amancio Ortega. O líder de En Marea, que intervén dende o Grupo Mixto, insta a Feijóo a aclarar se "sabía en 2016 que ía caer unha doazón en 2019". "Menos caridade e máis xustiza fiscal", agrega.
-
"Cómpre unha rede de servizos médicos e sociais" para afrontar a violencia de xénero, afirma Luís Villares, quen insta a recoñecer o labor feminino no traballo de coidados.
-
"A súa parálise sumiu Galicia nunha emerxencia política e social" que cristaliza na "implosión demográfica", di Feijóo a Villares, que subliña tamén unha "emerxencia feminista" cos asasinatos como "punta do iceberg".
-
No nome do Grupo Mixto o líder de En Marea, Luís Villares, comeza citando a Greta Thunberg. "O planeta está en chamas, igual que o país está en chamas", afirma.
-
Dende as 16:00 volve estar en marcha o debate de política xeral. É a quenda dos grupos da oposición de menor a maior representación: Grupo Mixto, BNG, Común da Esquerda e PSdeG.
-
Finaliza o discurso do presidente da Xunta. "Non hai maior honra que servir a Galicia", conclúe. O máis destacado da súa intervención, este mediodía en Praza.gal. O pleno continúa ás catro da tarde cos discursos dos grupos da oposición.
-
O servizo médico da Cámara atende o traballador no propio hemiciclo e trasládao fóra do salón de sesións ."Non é un problema grave", confirma o presidente Santalices. Feijóo continúa o seu discurso.
-
O presidente interrompe o seu discurso polo esvaecemento no hemiciclo dun traballador do Parlamento.
-
Feijóo sinala que "non é aceptable negar a realidade" de que a violencia machista "existe" nin "diluír" este problema "noutros". "Ninguén dos que estamos aquí deberiamos negarnos que estamos comprometidos contra esta lacra" agrega.
-
"O modelo é Galicia", reitera Feijóo no inicio do treito final do seu discurso.
-
Feijóo anuncia un programa denminado Galicia única, unha "especie de IMSERSO" para propiciar estancias turísticas en localidades de provincias diferentes á de orixe. Avanza tamén un "plan" do Xacobeo para cada unha das sete cidades galegas.
-
Feijóo di estar "intranquilo" polos prazos do AVE a Madrid e pide que "os galegos poidan comprar un billete" en 2020, ano sinalado xa polo Goberno de Rajoy tras admitir que a anterior promesa, a de 2018, era imposible.
-
O presidente da Xunta promete novas medidas para "facilitar que se use" a terra mediante instrumentos como o Banco de Terras, que o PP na oposición descualificara por consideralo propio da Unión Soviética.
-
Feijóo pide "reducir o ton dramático" sobre o despoamento porque "no rural hai vida". "Hoxe o rural é máis competitivo", afirma.
-
Feijóo pide para España un "goberno de xestores e non de asesores" que "goberne como se goberna Galicia".
-
Feijóo sinala a "alarmante" situación das empresas electrointensivas, a comezar por Alcoa en San Cribrao. "Quen debería achegar solucións aínda non fixo nada", di en referencia ao Ministerio de Industria. "É unha gran irresponsabilidade".
-
"A inestabilidade nacional ten consecuencias económicas", láiase o presidente no bloque económico do seu discurso.
-
Feijóo pide "apoio" para pedir ao "próximo Goberno central" un "paquete de medidas urxentes" para "dotar dun número de profesionais suficiente" á sanidade.
-
Feijóo culpa o Goberno de España dos problemas para contar con máis persoal médico no Sergas porque respondeu "non" a todas as súas demandas. "Reta" a oposición a dicir "cando houbo mellores prestacións sanitarias" que na actualidade.
-
"Hai máis persoal e teñen mellores condicións", di Feijóo sobre os servizos públicos que dependen da Xunta.
-
"Dedicamos moito tempo a traballar polos que máis o necesitan e moito menos a presumir dos nosos logros", proclama o presidente en materia de política social.
-
Feijóo reitera o "impulso" ás residencias de maiores que financiará a fundación Amancio Ortega e o "orgullo de que Inditex sexa galega" e "cumpra con todas as súas obrigas tributarias".
-
Feijóo anuncia que prevé a gratuidade das escolas infantís dependentes da Xunta "a partir do segundo fillo". Mentres, reprocha, o Goberno central non fai "nada" para combater a crise demográfica.
-
Feijóo gábase de "adoptar máis medidas ca nunca" para propiciar a posibilidade de ter fillas e fillos. Os datos máis recentes apuntan a un mínimo histórico de nacementos. "Adoptamos máis medidas ca nunca e seguiremos por ese camiño" con medidas de "apoio á natalidade" nos vindeiros doce meses, asegura. Neste sentido, anuncia 2.400 euros para as familias que teñan "o terceiro fillo" ata que faga tres anos e "unha nova caixa benvida".
-
O presidente da Xunta di que a Tarxeta Xente Nova para viaxar de balde nalgunhas liñas de autobús se estenderá ata os 21 anos.
-
Feijóo di querer "universidade e escolas libres de adoutrinamento" no marco do bloque educativo do seu discurso, no que anuncia novos plans contra o acoso escolar.
-
O presidente da Xunta liga á súa xestión a baixada do abandono escolar temperán ata o seu mínimo histórico e anuncia un "plan de orientación profesional" nos centros educativos.
-
Fejóo evoca o período de Goberno de PSdeG e BNG na Xunta (2005-2009) como "a peor das Galicias posibles".
-
O presidente atribúe á xestión do seu Goberno a chegada de inmigrantes, especialmente dende Venezuela.
-
Tras amagar con non presentalos, Feijóo anuncia que formulará os Orzamentos Xerais da Xunta para 2020 "cumprindo os prazos legais", isto é, antes do remate de outubro.
-
"Galaicia é unha excepción", asegura Feijóo para resumir a "filosofía" sobre a que a Xunta está a elaborar o novo Plan Estratéxico da economía.
-
Feijóo subliña as bondades de estar "centrado". "Por riba de todo son presidente de Galicia e nunca fun nin serei refén de ningún partido, nin sequera do meu" porque "aspiro a preservar o modelo de Galicia", asegura.
-
O presidente alerta dos "camiños" que "conducen ao desgoberno". "Hai a quen lle gustaría que en Galicia se reproducise" a "parálise" do Estado, di á oposición. "Quero para a España o exemplo que damos os galegos", proclama.
-
Feijóo continúa a reprochar a "parálise" do Goberno de España que "contrasta coa práctica cotiá dos cidadáns". "En España a política está a perder a centralidade", que "foi un logro do PSOE e do PP con outros apoios dende o sentido común".
-
O presidente da Xunta retoma os reproches ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, a quen acusa de non reclamar o financiamento pendente para recibir "palmadiñas" da dirección do PSOE.
-
Feijóo asegura que a retención de fondos por parte do Estado á Xunta "atenta contra a dignidade" da poboación galega. "Levamos moito tempo advertindo deste problema", láiase.
-
O presidente da Xunta reprocha ao Goberno de España que carece de "interlocutor" para saber dos prazos do AVE a Madrid. A pasada semana o ministro Ábalos e o vicepresidente Rueda visitaron as obras.
-
Feijóo proclama que os últimos catro anos foron os da "peor crise política da democracia" por "interese particular" de Pedro Sánchez, afirma sen mencionalo. O presidente da Xunta preséntase como "alternativa á frivolidade" e insta a "mirar para Galicia" porque o seu Goberno promove "solucións".
-
"Buscouse enfrontar unhas mulleres con outras", mantén Feijóo no marco dos reproches ao Goberno de España e ao PSOE.
Feijóo reprocha ao Goberno central prexudicar a "saúde democrática" por provocar que exista unha "permanente pugna electoral". "Se todo se decide en función das expectativas partidistas, pervértense as institucións", di en referencia a Pedro Sánchez, a quen atribúe "manipulación do calendario electoral" e "secuestro" dos recursos económicos das autonomías.
-
"Vémonos prexudicados pola inestabilidade crónica de España, porque Galicia é España", afirma o presidente, que reprocha á oposición as críticas por facer cadrar este debate coa convocatoria das novas eleccións xerais. "É responsable avaliar as consecuencias da parálise nacional" neste debate, dille ao PSdeG.
-
"O meu compromiso con Galicia está máis vixente ca nunca", asegura Feijóo tras asegurar que Galicia está na actualidade "mellor" que cando asumiu a Presidencia en 2009.
-
Feijóo eleva os "próximos Anos Santos" á categoría de "oportunidade histórica". O primeiro aplauso da bancada popular chega no momento en que o presidente parafrasea o seu lema electoral de 2016: "En Galicia, si".
-
Comeza o discurso do presidente da Xunta. "Este é o derradeiro debate sobre o Estado da Autonomía; o derradeiro da lexislatura e o derradeiro no que imos abordar con antelación a década que vai iniciarse nuns meses", principia entre mencións ao Xacobeo.
-
Dende as 10 da mañá desenvólvese no Parlamento o derradeiro debate de política xeral da décima lexislatura galega. Neste espazo contamos ao vivo o máis destacado da xornada
O derradeiro debate de política xeral da lexislatura, en directo
Hemeroteca
-
Feijóo erixe a súa xestión en "modelo" para España no debate final da lexislatura galega
-
O derradeiro gran debate da lexislatura avalía a década de Feijóo e a posible alternativa da esquerda
-
A fin da lexislatura galega, marcada outra volta pola repetición das eleccións xerais
-
O voto ao PP galego retrocede a tempos de Alianza Popular e dá azos á esquerda na carreira pola Xunta