O Sergas ultima unha ampliación do horario de atención a infartos en Lugo tras sete anos de protestas cidadás
Feijóo prometera na inauguración do hospital lucense a apertura do servizo de hemodinámica antes da fin de 2011. O servizo inaugurouse en 2014 con atención en 'horario de oficina' e agora abrirá ata as dez da noite, medida que tamén se implantará en Ourense
O PSdeG levará a Xunta aos tribunais se nun mes non revela os datos de falecementos por infarto en Lugo
Álvaro Santos, secretario xeral do PSdeG lucense, advirte de que "se o PP segue a ocultar os mortos por infarto" para evitar abrir as 24 horas a unidade de hemodinámica do hospital, o partido acudirá ao TSXG para obtelos: "rematou a paciencia"
O Goberno de Rajoy incumpriu a Constitución coa súa lei para pagar ensino só en castelán en colexios privados
O Constitucional sentencia que o Executivo central invadiu competencias autonómicas co seu sistema de subvencións para o ensino privado en castelán, artellado sen "a mínima garantía de certeza xurídica" nin o "mínimo grao de obxectividade"
O FROB négase a informar o Parlamento sobre as súas operacións no rescate e venda de Novacaixagalicia
A entidade que executou a venda dos restos das grandes caixas galegas por encargo do Estado escúdase en que non está legalmente obrigada a colaborar co Parlamento galego para non achegar ningún dos documentos solicitados hai un ano, entre eles varios informes encargados a bancos internacionais
De Mesa gaña 156.000 euros no seu primeiro ano en Red Eléctrica, un 30% máis que na Garda Civil
A remuneración de Arsenio Fernández de Mesa no consello da eléctrica, ao que chegou dous meses despois de ser remudado como director da Garda Civil, practicamente duplica os soldos de Rajoy ou Feijóo
A Xunta ultima a chegada de persoal médico de fóra da UE mentres agroman as denuncias de precariedade no Sergas
O PP emenda a reforma da lei de saúde que o Goberno galego puxo en marcha malia ás intensas protestas e introduce cambios no texto en materias como o persoal ou a participación cidadá
O Entroido volve tornar en campo de batalla pola liberdade de expresión, agora en Santiago
O actor e dramaturgo Carlos Santiago interpretou no pregón da festa un dos seus personaxes máis clásicos, unha sátira do apóstolo. Días despois do acto, varias publicacións, o PP e a Igrexa atacaron o actor e o goberno local acusándoo de ofensas
'A derradeira leición do mestre', rumbo a Galicia: "contemplalo xa é unha toma de conciencia"
A Xunta e o Centro Galicia de Bos Aires asinan o convenio que permitirá que a obra saia da Arxentina por primeira vez e forme parte dunha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura
O Goberno de Rajoy imita a guerra lingüística de Feijóo en 2009 ante a ameaza electoral de Ciudadanos
Antes das eleccións de 2009 o PPdeG alertou dun suposto "conflito lingüístico sen precedentes" e Feijóo prometeu unha "casilla en el sobre de matrícula" para que as familias determinasen a lingua do ensino, como suxire agora o Goberno central ao abeiro da aplicación a Catalunya do artigo 155
Así manipula o Goberno central a Constitución e a lei galega para vetar o traspaso da AP-9
A explicación constitucional que o ministro de Fomento dá ao bloqueo non se corresponde co que indican a Constitución nin o Regulamento do Congreso e obvia a ausencia de impacto orzamentario directo da lei aprobada en Galicia por unanimidade
Fomento teima en defender o veto ao traspaso da AP-9 cun cálculo económico falso
CON VÍDEO O ministro De la Serna recupera nunha resposta a En Marea o argumentario económico que non se corresponde co eventual custo real do traspaso nin co texto da lei aprobada en Galicia por unanimidade para solicitalo
O PP traslada a súa tensión interna ao financiamento autonómico tras catro anos a incumprir a lei que o regula
Para cumprir a lei o novo financiamento tería que estar en marcha dende 2014. Feijóo di estar ledo porque non vai haber quitación de débeda a outras autonomías e Montoro rebaixa o seu entusiasmo: "se saen satisfeitos, pois estupendo; pero iso non quere dicir que non reestruturemos a débeda