O derradeiro gran debate da lexislatura avalía a década de Feijóo e a posible alternativa da esquerda
Feijóo tentará facer esquecer os últimos malos resultados electorais do PP poñendo o acento en que "Galicia conta con estabilidade" grazas ao seu Goberno, que contraporá co de Pedro Sánchez. A oposición aproveitará a sesión para facer balance destes dez anos coa vista posta en 2020
PSdeG e Marea Atlántica pactan activar a gratuidade das escolas infantís para aplicala no vindeiro curso
Na primeira xuntanza de seguimento do pacto político para o inicio do mandato socialistas e Marea acordan iniciar xa a modificación do regulamento das escolas para que poidan ser de balde no curso 2020-21 e poñer en marcha o proceso para constituír a Área Metropolitana coruñesa
Aberto o prazo do voto por correo nas eleccións xerais do 10N ata o 31 de outubro
A convocatoria formal das eleccións do 10N activa os prazos do proceso electoral, no que desta volta a campaña oficial durará a metade do que é habitual
A Xunta rotulará autobuses das principais cidades coa súa publicidade no ano electoral de 2020
A Secretaría Xeral de Medios está a tramitar un contrato co que prevé destinar ata 399.996 euros á adquisición de espazos publicitarios como valos nas principais cidades, nas que agora tamén rotulará autobuses
Os ingresos por peaxes da AP-9 aumentan catro veces máis que o número de vehículos que a usan
No primeiro semestre de 2019 Audasa ingresou 71,4 millóns de euros por peaxes e logrou un beneficio neto de 18,8 millóns de euros, un 17,52% máis que no mesmo período do ano anterior
O AVE galego perde potencia como arma electoral ás portas do seu remate
Ás portas da nova prohibición preelectoral de actos para presentar logros gobernamentais, o ministro Ábalos visitou o treito do AVE Madrid-Galicia de inminente apertura, 110 quilómetros de Zamora a Seabra. A proximidade do remate e a sombra do accidente de Angrois propician que o Ministerio evite falar de datas concretas de posta en servizo
O electorado pode pedir ata o 7 de outubro non recibir propaganda dos partidos nas novas eleccións xerais
Quen xa realizase este trámite antes de eleccións anteriores mantén a exclusión dos envíos de propaganda e non ten que volver pedila
- Crónica Xerais 10N
- Política
A fin da lexislatura galega, marcada outra volta pola repetición das eleccións xerais
As eleccións galegas de 2016 estiveron inevitablemente condicionadas pola repetición das xerais daquel ano; agora, aínda que cunha marxe temporal a priori maior, o escenario estatal vólvese impoñer. Así o afrontan as forzas políticas
O rei non propón candidato á investidura e certifica que haberá outras eleccións xerais
O Xefe do Estado dá por "constatado" que "non existe un candidato que conte cos apoios necesarios" e só resta agardar ao día 23 para que conclúa a conta atrás e as xerais do 10N fiquen convocadas
Prisión sen fianza para o asasino confeso das tres mulleres de Valga
A xuíza imputa ao asasino confeso tres delitos de asasinato e a Garda Civil investiga a orixe da arma presuntamente utilizada no crime, para a que "non tiña ningunha licenza". Os colexios de Xornalistas e Psicoloxía volven apelar á "responsabilidade" dos medios de comunicación ante a cobertura de novas sobre violencia machista: "O morbo dalgunhas crónicas non é aceptable e dificulta a comprensión da violencia de xénero"
Dúas das tres mulleres asasinadas en Valga non serán oficialmente vítimas da violencia machista
A demora na translación ás leis do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero provoca que, polo momento, as vítimas que non fosen parellas ou ex-parellas dos agresores non reflectidas como tales nas estatísticas oficiais
Caballero conclúe que a Xunta "non resolve as carencias" de prazas para maiores ata que intervén a Fundación Amancio Ortega
"Témoslle que recoñecer á Fundación Amancio Ortega os seus esforzos para cumprir coas necesidades sociais de Galicia alí onde Feijóo non cumpre", di o líder do PSdeG en referencia aos "recortes sen precedentes en políticas sociais" que, di a Xunta aplicou na última década