O autogoberno nos programas do 28A: recentralización, Estatuto, autodeterminación
O PP aposta abertamente por paralizar por tempo indefinido as transferencias autonómicas e o PSOE propón que toda competencia non estatal sexa autonómica. En Común, En Marea e BNG reclaman mudanzas na estrutura do Estado e detallan un catálogo de traspasos concretos para Galicia entre os que destaca o da AP-9
O BNG atribúe as ameazas á súa candidata por Pontevedra aos "intereses de ENCE e do PP"
A líder do Bloque augura ante a factoría da pasteira en Pontevedra que Carme da Silva "vai ser deputada" e o seu voto tornará en "decisivo" para que "máis cedo que tarde, ENCE saia da ría"
En Común e BNG reiteran a esixencia de traspaso da AP-9 e o Goberno central afirma que non o desbota
O anticipo electoral impediu o remate da tramitación da lei do traspaso da AP-9 no Congreso e a ministra Celaá afirma que o Goberno de Pedro Sánchez non pretende obstaculizala
- Radar 28A Eleccións xerais 28A
- Política
Día 6 | Debates intempestivos
Hai unha década o debate nos medios públicos entre as principais forzas políticas galegas foi presentado como un gran acontecemento en horario de máxima audiencia. O deste 2019 celebrouse ás dez da mañá e quixo a casualidade que fose o mesmo día que o primeiro dos organizados por TVE, que marcou en boa medida a dinámica da seguinte xornada de campaña
Os ata 15 millóns que a Xunta pon no "broche final" do Gaiás sairán do orzamento de investigación universitaria
O Goberno galego vén de asinar a instalación na Cidade da Cultura dun organismo do CSIC, non prevista cando Feijóo anunciou a construción do edificio Fontán nin cando Cultura ratificou mediante un convenio xeito de financialo
Sánchez pide en Vigo “concentrar o voto” no PSOE por ser o “único que pode gañar á dereita e ás súas tres siglas”
O presidente do Goberno central e líder socialista lamenta “non escoitar a Feijóo dicir nada” cando Casado “cuestiona o autogoberno” de Galicia nun mitin no que pediu abertamente ao electorado doutros partidos que vote ao PSOE por ser o "único partido moderado, sensato e cabal"
- Radar 28A Eleccións xerais 28A
- Política
Día 4 | Enchente de enquisas e a máquina de meter medo
Axitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco en Galicia
A Xunta tivo durante unha década o departamento de Familia que agora promete Casado
Ao lanzar a súa promesa estrela de crear un Ministerio de Familia para revitalizar a natalidade os populares non están a lembrar que un departamento coma ese xa existiu na Xunta, que contou con Consellería de Familia de 1994 a 2005. Mentres existiu a demografía galega pasou por diferentes ciclos que non cadraron coa creación nin coa desaparición deste departamento
Guerrilla antipropaganda na Xunta Electoral
A reforma da lei electoral de 2011 implicou a prohibición de inauguracións e accións para salientar "logros" dos gobernos dende a convocatoria formal dos procesos electorais. Os gabinetes dos partidos escrutan as axendas institucionais á procura de eventos propagandísticos. Nos actuais procesos electorais xa foron apercibidos a Xunta, o Goberno central e varios concellos
- Radar 28A Eleccións xerais 28A
- Política
Día 1 | Entre o debate a cinco e as cousas que xa pasaron en Galicia
Quen dea por boa a tese de que en Galicia case todo sucedeu antes e teña algo de memoria sorprendeuse un chisco menos coa proposta dos "concibidos non nacidos" ou coa axencia de viaxes simulada polo PP
O Goberno central autoriza no primeiro día de campaña a licitación do enlace orbital de Santiago por 20 millóns
A obra enlazará directamente a AP-9, a autovía A-54 a Lugo e os polígonos do norte da cidade e a súa ausencia dos frustrados orzamentos do Estado para este ano provocara fortes críticas da oposición e o Concello
En Marea coalígase con Compromís para as europeas e Lídia Senra será a número dous
Villares considera a alianza con Compromís como un "bo acordo" e dá por "seguro" que Senra logrará escano nos comicios do 26M