Xunta e Fomento cítanse para anunciar sen o Concello da Coruña o futuro dos terreos portuarios
O Goberno galego e Fomento anunciaron a sinatura do protocolo sen advertir o Concello e horas despois de que o Goberno local presentase o foro sobre o futuro do litoral. Os gobernos do PP recuaron na súa intención de privatizar todo o terreo portuario, pero deixaron a porta aberta a vender o espazo de San Diego
O Constitucional desmonta o argumentario do Goberno de Rajoy para vetar a lei do traspaso da AP-9
"O veto orzamentario non poderá exercerse por relación a orzamentos futuros" e debe "precisar as concretas partidas orzamentarias que se verían afectadas", advirte a sentenza do TC sobre outro veto. Nada disto sucedeu nos tres bloqueos á transferencia da Autoestrada do Atlántico
Os dous ex-directivos das caixas condenados a devolver 10 millóns "enganaron" para cobrar "en plena crise"
A sentenza do Supremo destaca que Pego e Gorriarán lograron prexubilacións millonarias nunha caixa quebrada "cando xa levabamos tres anos achegando cartos públicos ás entidades bancarias" e non acepta que os acusados aleguen "descoñecer" as razóns xurídicas que os "obrigan a responder do diñeiro do que se apropiaron procedente dos recortes públicos sufridos pola maioría de cidadáns"
A UME volve esquivar a comisión de incendios e convida o presidente do Parlamento a unha visita "se vén por Madrid"
A Unidade Militar de Emerxencias depende do Ministerio de Defensa, que vén cobrando medio millón anual da Xunta por participar no dispositivo de prevención dos incendios. O delegado do Goberno central en Galicia tamén esquiva por segunda vez a petición de comparecencia na comisión de estudo
Feijóo auséntase do Día das Artes Galegas para esquivar o persoal de xustiza en folga
CON VÍDEO O comité de folga reclama a "inmediata convocatoria da mesa de negociación" tras máis de dous meses de paro indefinido e despois de ser expulsado da sede da Xunta
Caballero: "O PSdeG é unha forza de esquerda e traballará con outras forzas para que a dereita deixe de gobernar"
ENTREVISTA | O secretario xeral do PSdeG afirma, tras apenas medio ano no cargo, que ten a intención de artellar unha "gran coalición social de progreso" que sexa quen de atraer á "maioría social que sabe que Galicia non vai ben". "Se o PSdeG non é quen de liderar o cambio, a historia galega amosa que non se dá producido", asegura
O Breogán entrégase á euforia do ascenso tras doce anos de corazóns encollidos
O equipo lucense regresa á máxima categoría do baloncesto tras gañar 93-89 ao Sammic cunha cancha empapada nunha mestura de euforia e medo á breoganada. A vitoria nos últimos segundos tivo un aquel de remake do mítico ascenso do 99 e fixo estourar a afección
Audasa volve gañar máis de 40 millóns nun ano tras ingresar o maior importe por peaxes da última media década
A concesionaria da AP-9 informa os seus accionistas do seu litixio contra o Estado para poder subir máis as portaxes e dunha nova redución de gastos de persoal
O PP fracasa no intento de sancionar un deputado do BNG por rachar fotos do rei
O informe dos letrados resalta a "inviolabilidade" dos membros do Parlamento e que non cabe a imposición de medidas contra el alén do propio debate. O Bloque lamenta o que considera unha "gravísima utilización política da Xunta de Portavoces para converter o Parlamento nunha terminal do PP"
Dimite o deputado de En Marea Juan Merlo por incluír no seu currículo que era enxeñeiro sen selo
Merlo, número dous de Podemos en Galicia, abandona a Cámara tras admitir que se formou como enxeñeiro pero non concluíu os estudos, como indicaba a súa biografía na web do lexislativo
O PP defende que a Xunta preste o salvamento marítimo cos helicópteros alugados que vendeu en 2012 por "obsoletos"
Os populares negan un "uso neglixente dos cartos públicos" tras vender os helicópteros pola metade do que custaran e despois alugalos para prestar o mesmo servizo
O PP avalía promover "consecuencias legais" contra o deputado do BNG que rachou unha foto do rei
Luís Bará rachou as fotos do monarca como mostra de rexeitamento á 'lei mordaza' e o vicepresidente Diego Calvo, que dirixía o pleno, non o apercibiu de ningún xeito. Horas despois a Presidencia da Cámara anunciou o encargo dun informe xurídico sobre "os feitos", que Feijóo cualifica como "integrismo" e liga á "violencia"