Forza máis votada ou maioría absoluta: as dúas vías para chegar á alcaldía tras o 26M
A diferenza do que acontece nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con que a candidatura á alcaldía obteña máis votos a prol que en contra
- Con vídeo #DefendeAGalega
- Movementos sociais
A protesta dos 'venres negros' na CRTVG fai un ano mentres a dirección admite que decidiu ocultala
Cadrando co primeiro aniversario das protestas de 'Defende a Galega' o director xeral da CRTVG detallou a "decisión corporativa" de obviar que lle fora concedido o premio José Couso primando a "protección da marca e da reputación" sobre "o dereito á información"
A ambigüidade de Rajoy pode acabar propiciando que ENCE marche da ría de Pontevedra
A prórroga de ENCE concedida polo Goberno de Rajoy en funcións tiña a súa orixe na lei de costas de 2013, criticada polo Consello de Estado por mor da súa "ambigüidade". Tras o cambio de Goberno en España a Avogacía do Estado considerou que o adecuado é limitar as prórrogas ata sumar un máximo de 75 anos. Entre as primeiras consecuencias da mudanza estivo a decisión de deixar de defender a extensión da pasteira
Feijóo volve erixir no "mellor alcalde das cidades" a Jesús Vázquez, que augura o "caos" se non segue a gobernar
Os populares atribúen á "irresponsabilidade" da "peor oposición" feitos como que Ourense finalice o mandato cos orzamentos municipais prorrogados dende 2014. O PSdeG evoca o resultado das xerais para augurar a fin da xeira do PP en Ourense
- Crónica
- Política
Cando 'o de Iceta' e o Senado sucedeu en Galicia
O bloqueo á designación do socialista catalán como senador foi presentado como un veto sen precedentes, pero o certo é que existe un episodio con certas semellanzas en Galicia. Agora o Parlamento galego debera volver elixir xa tres postos no novo Senado, o PP afirma que o adía porque non chegou a petición formal e a oposición cre que os populares agardan polo resultado das municipais
- Entrevista | Miguel Anxo Fdez. Lores 26M locais e europeas
- Política Pontevedra
"Pensamos Pontevedra como unha cidade para as persoas, levámola á práctica, funciona e a xente percíbeo"
Tras dúas décadas na alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores aspira a volver revalidar mandato tras unha intensa campaña na que o BNG local ten a maquinaria a pleno rendemento e "boas expectativas", pero "sen confiarse" para evitar "sorpresas". Asegura partir dun convencemento: no resto de forzas políticas non hai un proxecto alternativo ao dun goberno que tornou Pontevedra en "referente internacional".
Máis de 61.000 peticións de voto por correo anticipan participación récord por esta vía en Galicia o 26M
As máis de 61.700 solicitudes de voto por correo aceptadas en Galicia para o 26M supoñen un incremento do 62% con relación ás anteriores municipais. O prazo para enviar o voto por correo remata o 24 de maio ás dúas da tarde
- Entrevista | Martiño Noriega 26M locais e europeas
- Política Santiago
"Desafiamos os poderes fácticos e somos peza a bater, pero estamos en condicións de revalidar o goberno"
Martiño Noriega concorre por segunda vez á alcaldía de Santiago. Está a desenvolver unha axenda "maratoniana" na que o debate público semella ser un dilema a dúas bandas: Compostela Aberta ou a súa remuda polo PSOE de Bugallo, ao que Noriega achaca que elixiu o "marco da dereita". Cre que volve chegar ás urnas con posibilidades de goberno, agora explicando que "fomos quen de acreditar que non é incompatible un discurso transformador coa normalización institucional"
Fomento abrirá o treito ata Arzúa da autovía Santiago-Lugo a dous días das municipais
Fomento confirma que os novos 18,5 quilómetros da autovía Lugo-Santiago entran en servizo este 24 de maio de 2019, polo que estarán abertos 66 dos 94 quilómetros do trazado máis de vinte anos despois da inauguración do primeiro tramo, de Compostela ao aeroporto
A aparición de Casado en Ribeira alenta a PSdeG e BNG: "É un síntoma do que lle espera ao PP"
Unha escisión do PP na que tamén se integra o ex-candidato de Ciudadanos pon en risco a maioría absoluta da que os populares gozan dende comezos dos 90 en Ribeira, que este domingo tornou durante unhas horas en centro das caravanas electorais de Feijóo, Caballero e Pontón
As derradeiras enquisas públicas para o 26M afastan o PP dos principais postos do poder local galego
As sondaxes sinalan un PSOE á alza na maior parte das cidades cun PP que non se dá recuperado dos devalos de 2015 e das xerais mentres as mareas perderían forza e o BNG regresaría ás corporacións onde perdeu representación, ademais de reforzarse en Pontevedra
- Obituario Caso 'Campeón'
- Política Lugo
Jorge Dorribo, o magnate das subvencións que fixo tremer a política galega
Dorribo faleceu aos 54 anos en Barcelona, onde disque mantiña xuntanzas para algúns dos novos negocios que emprendera tras a fin da operación Campeón, o primeiro caso de corrupción que salpicou a Xunta de Feijóo e que puxo fin aos tempos en que non había dirixente que non quixese fotografarse co propietario de Laboratorios Nupel