O detido por simular dirixir a Fundación Amancio Ortega foi convidado pola Xunta como experto no "emprego do futuro"
A Policía considera a Javier Boo "presunto responsable dun delito de estafa, usurpación de estado civil e falsidade documental" por presentarse a múltiples empresas como falso representante da entidade creada polo fundador de Inditex. En diversas ocasións presentouse como experto en emprego ou novas tendencias tecnolóxicas, reiterando agradecementos a cargos do PP galego
Remudas en postos clave da Presidencia da Xunta no inicio do ano electoral
Segundo o exposto por Feijóo, as mudanzas chegan polo cesamento "a petición propia" do secretario xeral da Presidencia, que antes fora un dos cargos protagonistas da fusión das caixas.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo nun goberno de Pedro Sánchez con catro vicepresidencias
Quen fora líder de EU, edil en Ferrol e deputada de AGE terá baixo a súa responsabilidade aplicar o amplo capítulo laboral do acordo da coalición de PSOE e Unidas Podemos. Pablo Iglesias é ratificado como vicepresidente e responsable de políticas sociais, con Irene Montero como ministra de Igualdade, Manuel Castells de Universidades e Alberto Garzón, de Consumo
- Documento Xerais 10N
- Política
PSOE e Unidas Podemos pactan reverter recortes sociais e máis impostos ás rendas altas
O acordo rubricado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para gobernaren en coalición contempla o estatuto da industria electrointensiva que reclama o persoal de Alcoa, plans "de acción urxente" para comarcas afectadas por peches como o de Endesa nas Pontes e a "recuperación inmediata" do Pazo de Meirás
Dez anos do primeiro recorte á protección legal do galego na historia da autonomía
Aquel 30 de decembro de 2009 Feijóo convocou por sorpresa o Consello nun escenario inédito para anunciar que Galicia se dispuña a "pasar" do "monolingüismo" e a "imposición" nas aulas á "normalidade", a "cordialidade" e o "trilingüismo"
- Datos
- Política
O ritmo de aprobación de leis no Parlamento galego é o máis baixo en vinte anos
O Parlamento leva aprobadas 22 leis no que vai de lexislatura; hai que remontarse ao período 1997-2001 para atopar un número tan baixo ás portas do derradeiro ano do mandato. Por segundo ano consecutivo, a Cámara galega empata en número de leis aprobadas coa catalá, sinalada frecuentemente polo PP galego como paradigma de parálise
Comeza a funcionarización de 1.424 laborais fixos da Xunta sete anos despois de anunciala Feijóo para 6.000
Sete anos despois do primeiro anuncio de Feijóo, a Xunta aproba a convocatoria de 1.424 prazas para tornar persoal laboral fixo en funcionario e prevé celebrar as probas antes das eleccións. O proceso foi pactado con UGT e CC.OO. acordo do que se desmarcan CIG e CSI-F
- Crónica
- Política
Feijóo lanza a precampaña do PPdeG mentres axita a hipótese que precipitaría terceiras eleccións xerais
Cando se escriba a historia das eleccións galegas do ano 2020 poderase afirmar que a precampaña comezou o 20 de decembro de 2019, o día no que o PP divulgou o vídeo de Feijóo con Zahera. Mentres, na esquerda, alén das dinámicas e análises de cada casa, en practicamente todas compártese unha diagnose: ao contrario que hai catro anos, desta volta a posibilidade dun cambio de Goberno existe
A familia de José Couso tenta que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos reabra o caso do seu asasinato
A reforma da xustiza universal obrigou ao arquivo do caso Couso e o pasado xuño o Constitucional desestimaba o recurso de amparo formulado pola familia. Con esa modificación, subliña a familia, o Estado "privou os familiares da posibilidade de articular un recurso efectivo" para que o crime sexa axuizado
PSdeG, Marea e BNG pactan o orzamento da Coruña e sinalan como exemplo a súa maioría "progresista e galeguista"
"A imaxe de tres grupos progresistas asinando un acordo orzamentario, un acordo de mandato, ten que ser a imaxe normal no escenario político. E non só a nivel municipal", subliña a alcaldesa da Coruña sobre unhas contas que roldarán os 260 millóns de euros e que prevé ter en vigor no inicio de 2020
- Datos
- Acontece
Milleiros de persoas, á luz do xerador esperando por 'Fenosa' outro temporal máis
Nas peores horas do paso da borrasca Fabien chegou a haber uns 80.000 fogares galegos sen luz. Os datos máis recentes do Inega indican diferenzas de ata 20 horas na duración media dos cortes de luz durante os temporais entre as cidades e o rural galego
Arquivada a investigación a unha edil da Marea Atlántica pola cesión do antigo cárcere que denunciara o PP
A xuíza que abordou a denuncia do PP, asumida pola Fiscalía, conclúe que a cesión do vello cárcere "contaba con informes xurídicos e técnicos que avalaban a regularidade do que asinaba" a concelleira Claudia Delso