O combustible do Blue Star será extraído a terra mentres segue a incerteza sobre o tempo que estará encallado
A empresa propietaria do buque ten a obriga de presentar un plan concreto para desencallalo, pero antes debe retirar as arredor de 100 toneladas de combustible do 'Blue Star', que viaxaba sen carga. O Goberno central afirma que este martes 26 estarán en marcha os traballos para retirar o combustible, pero evita fixar prazos para o refrotamento do barco accidentado
'En negro' contras as violencias machistas en 138 concellos e tres das catro deputacións
Institucións impulsoras da campaña xúntanse en Lugo no acto simbólico de adhesión á iniciativa. A quinta edición da iniciativa pon o foco na educación, por factores como "o aumento da vulnerabilidade fronte á violencia de xénero das mulleres en idades cada vez máis temperás"
A escena galega alerta dun recorte do 40% a teatro, danza e cine e a Xunta retruca que o cobre con cartos do Xacobeo
Os orzamentos indican que Agadic vai investir 400.000 euros menos no CDG, o CCG e o CGAI en 2020, pero a Xunta matiza que os cartos que faltan chegarán do Xacobeo tras protestas do sector
O Banco de España certifica a perda de 9.000 millóns en salvar Novacaixagalicia mentres a investigación da fusión segue parada
De 10.350 millóns de euros inxectados para rescatar a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova apenas foron recuperados 1.000 coa súa venda e o Banco de España xa dá o resto por perdidos. Os fondos do conxunto do rescate financeiro que non van ser recuperados superan os 65.000 millóns, segundo os últimos cálculos do regulador
- Documento
- Política
As autonomías plurilingües piden ao vindeiro Goberno de España "cumprir" coa diversidade idiomática e premian a Guadi Galego
Os seis Executivos reclaman na 'Declaración de Bilbao' "pasos efectivos" do Goberno central como concienciar o conxunto da cidadanía "da esencial realidade multilingüe do Estado" e acordan recoñecer a Guadi Galego polo seu disco 'Immersión', con pezas cantadas en todos os idiomas da península ibérica
A Xunta secunda a Casado na ofensiva a prol dos colexios concertados, blindados en Galicia ata 2023
O Goberno galego participou na xuntanza na que o PP anunciou unha ofensiva "política e xurídica" na defensa da escola concertada. Na vixente orde de concertos, ditada en 2017, a Xunta ampliounos todos a seis anos aínda que a LOMCE obrigaba a facelo só en Primaria, polo que se manterán durante toda a vindeira lexislatura galega
Rego acredítase no Congreso e subliña que o BNG votará na investidura "só en función dos intereses de Galiza"
Ante o chamamento doutras forzas soberanistas a coordinaren o sentido do voto na investidura, Rego advirte de que a decisión dependerá "exclusivamente dos intereses do noso país"
As condenas a ex-líderes do PSOE andaluz polos ERE axitan o escenario estatal ás portas da investidura
O ex-presidente andaluz José Antonio Griñán é condenado a seis anos de prisión e o seu antecesor, Manuel Chaves, a nove de inhabilitación, nunha sentenza que atinxe a ata 19 persoas. A dirección do PSOE subliña que "cando sucederon estes feitos, ao máximo que chegara Pedro Sánchez foi a ser concelleiro da oposición no Concello de Madrid" e sinala que "ningún dos acusados ocupa ningún cargo, todos abandonaron"
Lugo abre o seu cuartel do século XVIII para esixir á Xunta o prometido museo antes de que a ruína sexa irreversible
O Concello lucense reclama que o Goberno galego cumpra a promesa de instalar no vello Cuartel de San Fernando o Museo da Romanización de Galicia, para o que o Executivo de Feijóo chegou a anunciar 10 millóns de euros no ano 2010. O tirapuxa político sobre o edificio remóntase ao fraguismo, cando o consistorio xa esixía a Feijóo, daquela conselleiro, o cumprimento das promesas pendentes
A patronal galega clama contra o pacto PSOE-Podemos mentres confirma que superará os dous anos sen dar elixido presidente
O último presidente da CEG durou un ano no cargo e o seu antecesor, dez meses. Mentres segue sumida na precariedade institucional e económica, a patronal manifesta "esperanza" de que o pacto de PSOE e UP fracase e reclama "celeridade" na formación dun goberno "estable e moderado"
A repetición das municipais nunha mesa de Burela non varía o reparto de edís e o PSdeG negociará co BNG
A alcaldía burelá seguirá sendo para o socialista Alfredo Llano, que avanza a súa intención de procurar un pacto de goberno co Bloque. O PP lucense interpreta que "os veciños comprenderon que a solución dos problemas de Burela non virá da man do PSOE" e o PSdeG retruca que continúan como primeira forza mentres os populares obtiveron "o peor resultado da súa historia" na vila
- Crónica Xerais 10N
- Política
Coalición "letal"
Esta semana Feijóo recuperou o adxectivo que empregara para descualificar a Jácome, a quen acabou dando o goberno, para cargar contra o pacto do PSOE con Unidas Podemos, os "comunistas". Na esquerda galega esténdese o convencemento de que o futuro do pacto PSOE-UP será crucial para o escenario electoral galego de 2020, que o PPdeG xa prepara