Baltar salva o seu transo político máis crítico grazas aos votos de Democracia Ourensana
Os dous votos de DO uníronse aos 12 dos populares para que José Manuel Baltar fose elixido por terceira vez presidente da Deputación de Ourense, garantindo así a continuidade da primacía do baltarismo na provincia e a súa influencia no PPdeG
Carvalho Calero, "modesto espectador" do Estatuto galego de 1936
Na celebración do cincuentenario do primeiro Estatuto galego, en 1986, o profesor Carvalho pronunciou un breve e humilde discurso no que evocou as súas lembranzas dos anos nos que, xunto a outros moitos galeguistas, participou activamente no impulso da autonomía
Jácome asigna as concellerías do bipartito co PP e o PSdeG implica a Baltar pai na negociación
O PP sitúa como tenente de alcalde único a un dos dirixentes máis próximos a Baltar e logra tamén áreas relevantes do goberno local como Urbanismo. O líder do PSdeG local acusa o rexedor de simular negociacións cos socialistas mentres pechaba o acordo cos populares
México sinala por corrupción a artífices dos negocios de Pemex en Galicia que apadriñou a Xunta
O propio Feijóo tivo que acabar admitindo que os anuncios preelectorais de investimentos de Pemex en Galicia non dependían da Xunta; senón da empresa daquela dirixida polos directivos aos que as autoridades mexicanas investigan agora por presuntos subornos e branqueamento de capitais ou compras de empresas con abondosos sobrecustos. "Rematou a corrupción en Pemex", advirte o novo presidente do país
Feijóo 'inaugura' o derrubamento do vello hospital de Lugo oito anos despois do seu peche
O vello Xeral pechou o 31 de xaneiro de 2011 e durante anos estivo a degradarse mentres algunhas das súas partes comezaban a caer. Segundo o proxecto presentado como definitivo cando o vello hospital levaba seis anos pechado, o primeiro que se instalará na vella residencia será un centro de saúde no antigo edificio do Materno Infantil
O diñeiro depositado na Caixa Rural Galega medra catro puntos por riba da media dos bancos
A cooperativa lucense bateu o seu récord de beneficios en 2018 mentres os créditos concedidos medraron oito puntos máis que os do conxunto dos bancos que operan en Galicia
PSdeG e BNG dan por lanzada a precampaña tras o evento de "propaganda" de Feijóo cos altos cargos
Socialistas e nacionalistas interpretan o movemento de Feijóo como un primeiro aluvión de "propaganda", pero tamén como a "utilización da Xunta para un acto político do PP". Os actos cos que Feijóo procura recuperar a iniciativa actúan de pano de fondo da actividade no Parlamento, marcada pola elección de senadores e pola ruptura do grupo de En Marea, acelerada por esa elección
Condenados por falsificar sinaturas de veciñanza da Mariña en contratos de electricidade para cobrar comisións
Os condenados traballaban para unha subcontrata da empresa eléctrica E.On e a súa remuneración "a comisión" dependía do número de contratos eléctricos asinados. A eléctrica chegou a reclamar xudicialmente máis de 3.000 euros a unha moblaría mariñá por supostas débedas do contrato eléctrico subscrito mediante sinatura falsificada, segundo acredita a Audiencia de Lugo
A dirección federal do PSOE propón o alcalde de Monforte para a presidencia da Deputación de Lugo
A comisión federal de listas do PSOE ratificou tamén as candidaturas de Valentín González Formoso e Carmela Silva para continuaren presidindo as deputacións da Coruña e Pontevedra
Villares certifica a ruptura do grupo de En Marea e marcha ao Mixto con outros tres deputados
A elección do posto no Senado, que coa ruptura pasará a ser do PSdeG, foi o detonante definitivo para a separación. A xuízo de Villares, o grupo só representa a Podemos. As tensións internas de En Marea remóntanse a pouco despois das eleccións galegas de 2016, cando a formación elixiu os seus primeiros órganos internos
- Documento 26M locais e europeas
- Política A Coruña
O PSdeG pecha un acordo de mandato co BNG na Coruña e segue a negociar coa Marea Atlántica
O pacto, que non implica a entrada do Bloque no goberno, contempla medidas en materias como transporte e vivenda e aposta polo consorcio para a fachada portuaria mantendo "sempre a titularidade pública" dos terreos. Os socialistas continúan as conversas coa Marea, que pide maior "concreción" nas propostas para pechar un acordo
O grupo de En Marea perderá, se racha, o posto no Senado que acelera a súa ruptura
O sector crítico do grupo parlamentario votou a proposta de Sande e apostou por formalizala ante o Parlamento, o que para a dirección de En Marea supón un "incumprimento grave" polo que lles reclama que abandonen os seus escanos. Se finalmente o grupo parlamentario de En Marea racha, perderá a súa condición de segunda formación do Parlamento e con ela, o dereito a elixir un posto no Senado