Feijóo xa ensaiou o control paterno do ensino e tombouno a Xustiza
"En el sobre de matrícula meteré una casilla para que los padres elijan el idioma de las asignaturas", prometera Alberto Núñez Feijóo como candidato do PP á Xunta antes das eleccións de 2009. Cando aprobou o decreto, a 'casilla' tornara nunha enquisa vinculante ás familias do alumnado de Ensino Infantil que acabou tombando o Tribunal Superior
A espera cirúrxica cae en Vigo e permite ao Sergas volver baixar a media mentres sobe no resto de Galicia
A demora media das operacións cirúrxicas descendeu 23,2 días no CHUVI e 16,6 días en Povisa, o que fai descender a media galega ata 54,5 días aínda que nas demais áreas sanitarias do país aumentase entre 1,2 e 9,9 días con relación ao semestre anterior
Os peregrinos a Santiago volveron superar os 300.000 en 2019, case un 30% máis que no anterior Xacobeo
A Oficina do Peregrino recibiu un total de 347.578 persoas; máis da metade chegaran a través do Camiño Francés. A Xunta reitera que estas "cifras históricas" seguen a ser "sustentables", se ben o propio plan estratéxico do Xacobeo advirte dos riscos de masificación
- Documento
- Política
O Goberno do PSOE e Unidas Podemos bota a andar coa suba das pensións que ficara adiada
Alén dos xestos, o primeiro Consello serviu para dar luz verde á suba das pensións nun 0,9%, o incremento previsto para o IPC, medida que o Goberno en funcións adiara e o PP sinalara como unha "conxelación". Nunha carta aos ministros e ministras, Sánchez ínstaos a exerceren como un "Goberno de acción" marcado pola súa "unidade"
As peticións da oposición para reactivar a investigación das caixas acumúlanse tras case tres anos de páralise
A comisión das caixas abriu por primeira vez en 2013; dende 2017 o seu escaso movemento redúcese ás peticións da oposición para reactivala, todas elas sen resposta. Mentres, o Banco de España certificou a perda de 9.000 millóns de euros no rescate de Novacaixagalicia
O PP anticipa que centrará o que queda da lexislatura galega en formular peticións ao Goberno de España
O PPdeG prevé propiciar votacións no Parlamento sobre puntos concretos do documento aprobado pola Xunta con demandas ao Goberno central antes das eleccións xerais. O BNG tamén trasladará á Cámara galega as medidas para Galicia pactadas co PSOE e Gonzalo Caballero prevé que a acción do novo Executivo central incrementará o apoio ás "forzas progresistas" galegas
- Crónica
- Política
"A próxima é a túa": a carreira electoral galega, no centro do escenario estatal
É posible trazar unha liña entre a afirmación de Pedro Sánchez a Gonzalo Caballero e as verbas pronunciadas por Zapatero ante Touriño hai década e media: "Esta vez vai en serio". Como daquela, o primeiro test nas urnas do Goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos será Galicia e a alternativa á dereita é, necesariamente, plural.
O detido por simular dirixir a Fundación Amancio Ortega foi convidado pola Xunta como experto no "emprego do futuro"
A Policía considera a Javier Boo "presunto responsable dun delito de estafa, usurpación de estado civil e falsidade documental" por presentarse a múltiples empresas como falso representante da entidade creada polo fundador de Inditex. En diversas ocasións presentouse como experto en emprego ou novas tendencias tecnolóxicas, reiterando agradecementos a cargos do PP galego
Remudas en postos clave da Presidencia da Xunta no inicio do ano electoral
Segundo o exposto por Feijóo, as mudanzas chegan polo cesamento "a petición propia" do secretario xeral da Presidencia, que antes fora un dos cargos protagonistas da fusión das caixas.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo nun goberno de Pedro Sánchez con catro vicepresidencias
Quen fora líder de EU, edil en Ferrol e deputada de AGE terá baixo a súa responsabilidade aplicar o amplo capítulo laboral do acordo da coalición de PSOE e Unidas Podemos. Pablo Iglesias é ratificado como vicepresidente e responsable de políticas sociais, con Irene Montero como ministra de Igualdade, Manuel Castells de Universidades e Alberto Garzón, de Consumo
- Documento Xerais 10N
- Política
PSOE e Unidas Podemos pactan reverter recortes sociais e máis impostos ás rendas altas
O acordo rubricado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para gobernaren en coalición contempla o estatuto da industria electrointensiva que reclama o persoal de Alcoa, plans "de acción urxente" para comarcas afectadas por peches como o de Endesa nas Pontes e a "recuperación inmediata" do Pazo de Meirás
Dez anos do primeiro recorte á protección legal do galego na historia da autonomía
Aquel 30 de decembro de 2009 Feijóo convocou por sorpresa o Consello nun escenario inédito para anunciar que Galicia se dispuña a "pasar" do "monolingüismo" e a "imposición" nas aulas á "normalidade", a "cordialidade" e o "trilingüismo"