Gonzalo Caballero insta o PSdeG a prepararse para "rematar 2020 gobernando Galicia"
O líder do PSdeG augura unha "campaña sen tregua" na que "o PP e todos os sectores conservadores do país" van "atacar por todos os medios" e insta os cargos do partido a "poñer o chaleco antibalas" e dirixirse á cidadanía. O secretario de organización do PSOE e ministro de Transportes, a Feijóo: "Voume centrar no AVE, que el se centre na sanidade e cumpra con Verín"
Ábalos pon agora o foco na seguridade do AVE galego e despraza a entrada en servizo de 2020 a 2021
O prazo de 2020, sinalado polo ex-ministro do PP e asumido por Ábalos ao chegar ao Goberno, está no aire ao ser imposible calcular con exactitude a duración das probas de seguridade previas á entrada en servizo. O actual ministro torna no primeiro alto cargo do Goberno central que liga os prazos do AVE coas leccións do accidente de Angrois, pero tras asumir como propios os axustados prazos do Goberno do PP
Pokémon rompe: o caso que convulsionou a política galega encamíñase a unha trintena de incertos xuízos
A Fiscalía pide nun escrito remitido á xuíza, a piques de perder a praza en Lugo pola sanción do Poder Xudicial, que forme ata 32 pezas separadas co asunto central da presunta trama corrupta. O Ministerio Público non ve "xustificado" manter unha única causa que derivaría nun xuízo "cuns 250 acusados" sen conexión entre si
BNG, PSdeG e EU pactan unha moción de censura en Fene e o Bloque retornará á alcaldía
Os 6 edís do BNG asinan a moción de censura para situar na alcaldía de Fene a Juventino Trigo con 3 dos 4 edís do PSdeG e a concelleira de EU. As tres formacións coidan que "o propio PP abandonou á súa sorte" ao goberno local en minoría de Gumersindo Galego e encadran o seu pacto como "un acordo natural dentro dos acordos das nosas organizacións"
Galicia segue á cola do Estado en prazas de residencias para maiores e o 60% das dispoñibles son privadas
Mesmo sumando prazas públicas e privadas, Galicia conta con apenas 3,13 por cada 100 maiores de 65 anos; a recomendación da OMS é de que haxa cinco, polo que cumprirían case 15.000 máis
- Con audio
- Política
Feijóo amaga con ir á Xustiza pola débeda do IVE de Rajoy e reprocha que a ministra ten "jeta" e "morro"
Catro meses despois de que o PP votase no Parlamento contra reclamar os 198 millóns da débeda de 2017 nos tribunais, agora o presidente da Xunta amaga con facelo cando a resposta estea "adecuadamente argumentada". Como pano de fondo, un sistema de financiamento autonómico que leva seis anos caducado
Unha ducia de consecuencias concretas da declaración de emerxencia climática
A declaración de emerxencia climática aprobada polo Consello de Ministros ten unha vertente simbólica, pero tamén consecuencias prácticas, algunhas delas xa para os vindeiros tres meses e varias, con impacto directo en Galicia. Repasámolas
O Estado activa os fondos autonómicos de 2020 sen compensar a débeda pola reforma do IVE de Rajoy
O Consello de Ministros aprobou 7.372 millóns que corresponden a Galicia polo financiamento autonómico de 2020 e deixa no aire se chegará a abonar os 198 non ingresados por mor dos cambios introducidos no IVE polo Goberno do PP en 2017. A ministra Montero argumenta que incluíra a compensación por ese "dano" de 2017 nos Orzamentos de 2019 que foron rexeitados no Congreso e por iso "non a puidemos atender"
Adeus á pólvora e ao lume na Praza do Obradoiro case cinco séculos despois para protexer o patrimonio
O plan do Concello de Santiago para a cidade histórica concreta o que xa advertira a Catedral: os fogos do Apóstolo non volverán á fachada do templo e tampouco ao Pazo de Raxoi tras causaren danos en ambos edificios históricos. "A efectos de garantir a protección do patrimonio (...) resulta imprescindible eliminar a celebración dos fogos (...)", di o documento sobre un espectáculo cuxas orixes se remontan ao século XVI
A rectificación da Xunta en Verín alenta a esquerda galega: "É a primeira vitoria da maioría social progresista"
Gonzalo Caballero ve no acontecido unha mostra de que "Feijóo xa non toma as decisións; unha nova Galicia arrincona o presidente e empúrrao a rectificar" e Ana Pontón subliña que os bandazos do Goberno en Verín deixaron á luz a súa "sarta de mentiras". Todas as forzas da oposición confluirán outra volta na mobilización de SOS Sanidade prevista para o 9 de febreiro
Feijóo procura frear a o malestar ourensán e anuncia a atención 24 horas a infartos reclamada dende hai unha década
A apertura 24 horas da hemodinámica de Lugo avivou hai un ano a demanda ourensá, que co pano de fondo do conflito de Verín será atendida dende o vindeiro febreiro, anuncia a Xunta
Galicia e Murcia son as autonomías de réxime común que acumulan máis anos sen traspasos de competencias
O pacto do PSOE e o BNG para a investidura de Sánchez contempla a convocatoria "no primeiro trimestre de 2020" da Comisión Mixta de Transferencias Galicia-Estado, inactiva dende os tempos de Zapatero