O electorado mozo non deixa de caer e marca outro mínimo histórico nas eleccións galegas do 5A
A poboación menor de 35 anos con dereito a voto no 5A e residente en Galicia apenas supera xa as 380.000 persoas, 41.000 menos que nas anteriores eleccións galegas. A mocidade non é o grupo electoral residente en Galicia con máis peso sobre o total dende as eleccións nas que Fraga perdeu a Xunta
A dirección do Clínico de Santiago, denunciada outra volta na Fiscalía pola morte dun paciente agardando
A doutora denunciante, delegada do sindicato O'Mega, asegura que o ancián faleceu nun corredor de Urxencias agardando ser atendido; o Sergas matiza que recibiu a primeira atención "aos dez minutos" e empeorou "á espera dunha segunda exploración"
Feijóo desliga o ex-director de Pemex detido dos negocios en Galicia malia ser aprobados no seu mandato
Feijóo insta a "aclarar" que o primeiro acordo da Xunta con Pemex foi asinado baixo o mandato do antecesor de Lozoya, aínda que tanto a adxudicación dos dous floteis como a compra de Barreras foron rubricadas co directivo agora encarcerado á fronte da petroleira mexicana
- Crónica Galegas 2020
- Política
Caballero lánzase á precampaña con "ventos de cambio" e coa maquinaria do PSOE á disposición do PSdeG
Na contorna da Executiva Nacional do PSdeG non dan por "feito" o cambio de Goberno. Nin de lonxe. Pero si observan grandes diferenzas a respecto de anteriores comicios e agora, cren, a mudanza na Xunta si é posible
Inédito veto policial a captar imaxes na entrega dun escrito sindical no Rexistro da Xunta
Un axente da Policía impide tomar imaxes da entrega dun escrito dos sindicatos do ensino en San Caetano alegando a necesidade de velar pola protección de datos do persoal das instalacións. É habitual que sindicatos e outras organizacións convoquen á prensa para entregaren escritos no Rexistro Xeral e a cobertura gráfica destes actos non adoitou atopar atrancos ata agora
Pontón retoma a súa axenda pública "convencida" da fin da década de Feijóo
"Xa hai unha maioría social que lle dá as costas ao PP", cre a candidata do BNG no inicio do proceso para conformar candidaturas e pechar o programa electoral, que será máis rápido do previsto por mor do anticipo dos comicios
Unidas Podemos, Anova e as mareas negocian contra o reloxo unha complexa confluencia electoral
Podemos Galicia vén de abreviar os prazos das súas primarias para adaptalas ao axustado calendario electoral, que fixa o 21 de febreiro como límite para formalizar a posible coalición. Mentres, sucédense os contactos a múltiplas bandas e todas as partes admiten dificultades para o pacto
Feijóo secunda a Urkullu e Galicia tamén votará o 5 de abril
Feijóo disolve o Parlamento e lanza de vez unha carreira electoral alegando razóns de "estabilidade". A esquerda volve aspirar a que o PP perda a maioría absoluta e faino cunha prevención engadida: que unha eventual baixada dos populares alén do limiar dos 38 escanos non sexa compensada cun socio pola dereita
Feijóo reúne de urxencia o Goberno galego para decidir se Galicia tamén vota o 5 de abril
O presidente galego reúne o Goberno en Consello extraordinario este luns. Como en 2012 e 2016, Euskadi marca o ritmo; nesas dúas ocasións, Feijóo secundou o máximo mandatario vasco sumándose á data elixida para renovar o Parlamento vasco
Unha multitude clama a prol da sanidade pública aguilloada pola loita de Verín
Milleiros de persoas volven ateigar as rúas de Santiago nunha marcha "contra a deterioración" do sistema sanitario marcada polo conflito polo peche do paridoiro e con peticións de dimisión a Núñez Feijóo.
Feijóo tenta aplacar conflitos sanitarios con rectificacións antes das eleccións máis incertas nunha década
A reapertura do paridoiro de Verín tras dous meses de protestas torna en símbolo das marchas atrás da Xunta ante os conflitos da sanidade pública, área na que o actual presidente galego esgrime con frecuencia a súa experiencia como xestor
O Goberno central aborda o financiamento coas autonomías, pendentes de cobrar o mes do IVE de 2017
Aínda que non figura na orde do día, sobre a mesa do Consello estará pendente o pagamento do mes do IVE non ingresado pola reforma do Goberno de Rajoy; a ministra de Facenda di estar disposta a procurar fórmulas para "paliar" o problema, que no caso galego ascende a 198 millóns xa gastados