Luís Villares di adeus á política: "Non vin perpetuarme"
"Chamáronme e fun sen preguntar máis nada, pero as cúpulas dos partidos impediron que esa alternativa florecese", asegura o ata agora voceiro de En Marea, que retorna ao traballo como xuíz
- Crónica Galegas 2020
- Política
Feijóo fai ver que non se presenta ás eleccións por "un partido", senón pola Xunta
Como xa sucedera no inicio de anteriores carreiras electorais, o PP viuse obrigado a asegurar que non está a ocultar as súas siglas; alén disto, a aposta é identificar o candidato Feijóo con "Galicia" e co seu goberno, por riba dos partidos
Gonzalo Caballero inicia en Vigo unha ruta de cidades, "que terán un aliado no goberno progresista da Xunta"
Abel Caballero asegura ter "confianza" en que o líder do PSdeG "vai ser presidente" e por iso, di, lle transmitiu as demandas de Vigo. En Lugo, o candidato socialista que "nos primeiros seis meses, o goberno progresista" vai "desatrancar proxectos históricos atrancados polo PP" como o Museo da Romanización ou a rolda leste
Feijóo, sorprendido polo "interese da xente por parir en Verín"
"Sorprendeunos o interese da xente por parir en Verín", afirma Feijóo, que só admite erros de "comunicación" no conflito do paridoiro. O actual presidente e aspirante á reelección polo PP teima en que o 5A non é "candidato dun partido"
A Xunta contrata de urxencia o operativo das eleccións porque o prazo ordinario pon "en grave perigo" o 5A
O informe que xustifica a contratación por vía urxente indica que os prazos ordinarios dos contratos, iniciados a finais de decembro, fan "inviable" celebrar as eleccións do 5A "con todas as garantías" porque as primeiras adxudicacións serían asinadas coa campaña xa iniciada
A aventura da Xunta con Pemex, da promesa de vinte barcos á espiral de investigacións por corrupción
A detención do ex-director xeral de Pemex, protagonista dos negocios da petroleira en Galicia, vén de devolver á actualidade uns anos nos que a Xunta presentou a compañía como gran esperanza para o naval galego. Percorremos, nesta cronoloxía interactiva, os principais fitos dunha aventura naval agora salpicada, en múltiples vertentes, polas investigacións por corrupción que abriron as novas autoridades mexicanas.
Feijóo teima en que non é candidato "dun partido" e o PP de Madrid pide apoialo para non "perder Galicia"
Cuestionado pola posibilidade da confluencia do PP con Ciudadanos, Feijóo volveu proclamar en Lalín que non é "candidato dun partido" nin "dun conxunto de partidos", senón o que define como "candidato de goberno". Mentres, Díaz Ayuso insta a "aglutinar o voto" da dereita "en torno a Núñez Feijóo porque, "por un escano, pódese perder Galicia" e que sexa "presa do nacionalismo"
- Análise Galegas 2020
- Política
A esquerda rupturista, ante o 'efecto Lugo' e a lei de Fraga contra a "atomización"
Nas municipais de 2019 en Lugo, a esquerda tivo uns 5.000 votos máis que a dereita pero case toda esa diferenza ficou sen representación; as mesmas formacións que padeceron ese efecto daquela poden telo ante si o 5A
Feijóo pecha o mandato con menos leis na historia da autonomía e deixa pendentes normas 'estrela' como a demográfica
Tras rexistrar o menor ritmo anual de aprobación de leis en vinte anos, o mandato remata cun total de 22 novas normas, incluíndo orzamentos, o volume lexislativo máis escaso das dez lexislaturas da historia da autonomía. Mentres, modificou case 60 pola vía rápida
- Con vídeo Galegas 2020
- Política
Sánchez ve en Caballero "o presidente que Galicia precisa" e en Verín, "o amago do que fará o PP" se recunca
"As forzas progresistas e o PP estamos empatados en Galicia, falta un tramo e confiamos en ti", alentou o líder do PSOE a Gonzalo Caballero ante o Comité Federal
O PP proclama a candidatura de Feijóo, que se declara "libre" do partido rodeado de bandeiras galegas
Os populares celebran o primeiro mitin da precampaña sen cargos estatais do partido e tomando como primeiro lema, 'Galicia é moito', o mesmo do vídeo do candidato co actor Luis Zahera divulgado a finais de decembro. O discurso do aspirante á reelección centrouse en advertir de que non é candidato dun partido nin "dun bloque de partidos", senón de Galicia
- Crónica Galegas 2020
- Política Ourense
Jácome, de candidato "letal" para Feijóo a socio de goberno e votante do PP
"Para Ourense sería letal ter a Jácome de alcalde", afirmaba Feijóo; nove meses despois, dende a alcaldía que obtivo por salvar a Baltar, o líder de DO anuncia voto ao PP nas eleccións galegas do 5A