O PP apela ao electorado de Vox en Galicia para obter unha cuarta maioría absoluta
"Vou pedir o voto aos que apoiaron a Vox (...), sen eses votos non podo revalidar a Xunta e a eles me vou dirixir", di Feijóo mentres o seu número dous no partido di percibir como "real" o "risco" de que a esquerda poida gobernar Galicia tras o 5A
O movemento feminista volve ateigar as rúas e evidencia a permanencia das súas reivindicacións
O feminismo logrou, por terceiro ano consecutivo, facer ver a súa reivindicación en mobilizacións masivas por toda Galicia. Nesta ocasión, co foco posto no traballo de coidados
O PP impide que Feijóo compareza no Parlamento sobre os seus contactos co ex-director de Pemex detido
Para o PP, as peticións de explicacións da oposición sobre os negocios de Pemex en Galicia tras a detención do ex-director xeral da petroleira co que tratou Feijóo non son máis que "ruído" sen "nada" máis por tras que "especulacións" ou "falsas noticias"
Unha vertedura de orixe descoñecida mata aves mariñas por toda a costa galega
As persoas a traballar nas praias acharon xa máis dun cento de aves mariñas afectadas pola vertedura mentres seguen a procurar información sobre o acontecido. En Adega non teñen moitas dúbidas a respecto de que a vertedura é froito dun "sentinazo"
Pablo Casado fai campaña por Feijóo entre o persoal de Alcoa en San Cibrao
Menos dunha semana despois do seu mitin en Ourense, Casado acudiu a Alcoa coa cabeza de lista do PP por Lugo para, dixo, lanzar unha "mensaxe en positivo" sobre o estatuto electrointensivo. "O señor Casado ten a súa axenda e eu teño a miña; por suposto que o acompañaría, pero hoxe teño Consello", defendeu Feijóo
A CRTVG convida ao seu debate electoral a PP, PSdeG, BNG, Galicia en Común, Ciudadanos e Vox
A CRTVG indica que convida ás forzas políticas "segundo os parámetros" da lei electoral e da Xunta Electoral Central. A Corporación pública adianta os temas "de máximo interese" que prevé abordar no debate, moderado por Marta Darriba e Alejandro López
Cincuenta e cinco candidaturas aspiran a entrar no Parlamento nas eleccións galegas do 5A
Feijóo e Caballero lideran as listas de PP e PSdeG por Pontevedra e Ana Pontón e Gómez Reino encabezan as do BNG e Galicia en Común pola Coruña. Unha vintena de forzas políticas presentaron as súas candidaturas
A Xustiza ratifica a anulación dunha praza da Consellería de Educación por "evidente" enchufismo
O pronunciamento do Supremo ratifica a sentenza na que o TSXG deu por probado o "nepotismo" na creación dunha praza docente na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra que tivo como beneficiaria á cuñada dunha alto cargo da propia Xunta. A CIG-Ensino, que recorreu o caso, pide a dimisión da conselleira Carmen Pomar
Galicia encadea tres lexislaturas sen novas competencias por primeira vez na historia da autonomía
O Goberno galego non recibe novas competencias dende 2008, aínda na presidencia de Touriño, que finalizara con 12 transferencias reducidas daquela a "traspasiños menores" por parte do PP
Ana Pontón eloxia por "coherente" a chegada ao BNG de Alexandra Fernández, que avanza máis incorporacións
A ex-deputada de En Marea afirma que o seu achegamento ao Bloque parte da "comprensión" de que "a alianza coas forzas estatais estaba esgotada". A candidata do BNG ven nela unha referencia máis para a "xente cansa da crítica sen alternativa": "Se algo temos no Bloque, é unha alternativa de futuro para este país", asegura
Gonzalo Caballero viaxa á Arxentina e reunirase co presidente do país e co Centro Gallego de Bos Aires
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta será recibido por Alberto Fernández e manterá un encontro coa histórica entidade da emigración, na que Feijóo causara especial malestar o pasado 2019 ao non visitala durante unha estancia en Bos Aires. Na actualidade residen na Arxentina un total de 165.334 persoas con dereito ao voto nas eleccións do 5A
- Crónica Galegas 2020
- Política
A última confluencia do PP galego puxo a primeira pedra do fraguismo e blindou os Baltar
Que en vésperas duns comicios galegos estea no debate público a cuestión das posibles confluencias no espectro da dereita é algo inédito dende hai tres décadas, cando fraguou a que ata agora foi a última e transcendental coalición do PP en Galicia, con Centristas de Galicia