A Xunta rectifica a instrución ao profesorado polo virus e retira a obriga xeral de estaren nos centros
A Consellería deixa agora nas mans das direccións dos centros que o profesorado acuda ou non durante o peche polo coronavirus
Os positivos por coronavirus ascenden en Galicia a 90 e as confirmacións xa non teñen que pasar por Madrid
Case a metade dos casos continúan a concentrarse na área da Coruña, cun total de 43 nunha xornada na que se prevén novas restricións por parte dos gobernos galego e central
A Xunta ordena o profesorado estar nos centros durante a suspensión de clases polo coronavirus
A resolución aprobada pola Xunta estipula a "obriga de acudir ao centro educativo" para todo o persoal "docente e non docente" e o teletraballo non poderá superar "o 50% do seu horario total de permanencia do centro"
O Estado adianta fondos ás autonomías para servizos sanitarios e Sánchez pide "disciplina social" ante o virus
O Consello de Ministros reserva 1.000 millóns do fondo de imprevistos para atender "gastos extraordinarios" polo virus e advirte de que, se é preciso, fixará "prezos máximos" para medicamentos e material sanitario. "Trátase de coidarse para coidar aos demais, especialmente ás persoas máis vulnerables", subliña Pedro Sánchez sobre a necesidade de frear os contaxios
Eleccións con coronavirus: entre a campaña reducida e a suspensión total
Nin a lei electoral xeral nin a galega contemplan a posibilidade de frear un proceso electoral en marcha. As forzas políticas adaptan as súas axendas preelectorais á crise sanitaria mentres o estado de alarma é apuntado por fontes expertas como mecanismo máis viable para un eventual adiamento dos comicios
- Con vídeo Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
Auga e xabrón: a razón pola que o freo ao coronavirus comeza polas mans
"O coronavirus ten unha capa de graxa que é imprescindible para el e esa capa destrúea o xabrón", explican dende o Sergas para subliñar a importancia do lavado das mans
Caballero recibe apoio de alcaldías do PSdeG fronte ao PP, que "só pode amosar a Baltar e ao alcalde esperpento"
O candidato socialista chama a "pasar páxina da política de confrontación" que atribúe ao Goberno do PP cos concellos e asegura que, se chega á Xunta, "o Goberno progresista" abrirá "a vía de compartir competencias" cos gobernos locais, ademais de "dotar de fondos para aquelas competencias que asumen, pero non teñen correctamente financiadas"
Feijóo di que "non sabe que segue" a mobilización de persoal da CRTVG, que xa dura 95 semanas
"Eu non sabían que seguían", asegura o presidente da Xunta e candidato do PP, que defende elección do actual director xeral dos medios públicos, anterior á lei de medios do ano 2011. Esa norma foi reformada en 2015 para permitir que, a efectos prácticos, Sánchez Izquierdo continúe indefinidamente no posto
A Xunta limita visitas a hospitais polo coronavirus e "analizará" propoñer restricións cara ás eleccións
Sanidade pide que maiores de 70 anos non visiten residencias de anciáns ou hospitais durante un mínimo de dúas semanas para evitar o contaxio da doenza. "Evidentemente, este asunto está na axenda", admite Feijóo sobre restricións nas campaña ou mesmo un eventual adiamento dos comicios do 5A que advirte, dependería en última instancia do Goberno central e da Xunta Electoral
A oposición ourensá culpa o PP da "vergoña para a cidade" polo comportamento de Jácome nos plenos
No pleno do 6 de marzo, Jácome expulsou dous edís da oposición entre unha forte tensión, explicou chistes ou detallou como levara galletas dun almorzo informativo de Feijóo
O Goberno central suspende as viaxes do Imserso e pecha ao público eventos deportivos para frear o coronavirus
O Consello de Ministros reforma de urxencia a lexislación sanitaria para "permitir o subministro centralizado" de produtos precisos para conter o virus e pasa a considerar en situación de baixa por incapacidade ás persoas illadas por estaren contaxiadas
A Xunta redeseña o seu logotipo década e media despois da mudanza de Fraga na crise do Prestige
No Goberno restan importancia a esta mudanza, que atribúen á intención de adaptarse aos soportes dixitais, e din non prever implantala de maneira masiva nin reformar o decreto que regula a imaxe corporativa dende hai máis dunha década