As obras da Catedral de Santiago custarán 770.000 euros máis do previsto e achegaraos a Xunta
A restauración actualmente en marcha tivo unha achega estatal de 16,6 millóns de euros que a Xunta completara con outros 387.000, aos que agora engadirá 771.000 non previstos. Detallouno o conselleiro de Cultura durante a presentación do orzamento do seu departamento para 2020, durante a cal a oposición censurou que o Goberno semelle presentar o Xacobeo como "remedio a todos os problemas económicos e sociais"
Transición Ecolóxica reitera que Endesa "fixo contas trucadas" sobre a viabilidade da térmica das Pontes
"Endesa fixo un cálculo de viabilidade baseado en prezos do CO₂ que sabían que non se ían cumprir: a tonelada íase mover entre 25 e 30 euros e fixeron un cálculo que falaba de entre 5 e 7 euros", afirma a ministra Teresa Ribera
O BNG apela ao electorado "farto do espectáculo frívolo de Madrid" para volver ao Congreso: "Témolo na punta dos dedos"
A líder do BNG diríxese á xente "decepcionada" porque "xogaron co seu voto" tras as xerais de abril e anímaa a "apostar" polo Bloque "para que os galegos e galegas saiamos adiante". "Isto non vai de Sánchez e Casado, vai dos 6.000 empregos en xogo no sector industrial, das pensións máis baixas do Estado, de acabar coa estafa da AP-9 ou de que paguen a débeda en dependencia", proclama
Pedro Sánchez pide na Coruña apoio ao PSOE o 10N como "único" garante dun goberno "forte" e sen a dereita
Os socialistas apelan a "saír votar coa mesma forza que en abril" para garantir un goberno da "única forza serea" que afasta "radicalismo e extremismo", dixo Sánchez, quen promete continuar "cumprindo con Galicia" en eidos como o AVE ou a térmica das Pontes
O Centro Galego de Bruxelas vese obrigado a pechar por ter que afrontar obras "imposibles de financiar"
As obras de illamento acústico que o Centro Galego tería que afrontar son "colosais" e nin sequera garanten "ao cento por cento" que sexan eficaces, explican. Dada a situación financeira tras "todas as adversidades" destes anos, vense abocados ao peche
O BNG promete reclamar no Congreso a volta de 33 pezas "espoliadas" e expostas en centros como o Arqueolóxico de Madrid
Rego reivindica o regreso a Galicia de pezas do Mestre Mateo, de columnas do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares ou dunha "colección de torques de grande valor"
Errejón 'debuta' en Galicia coa promesa de "votar por un goberno progresista"
No seu primeiro mitin en Galicia como líder do partido 'Más País', Errejón cargou contra a "irresponsabilidade dos dirixentes que nos levaron a segundas eleccións". Bescansa apela á necesidade de formar un goberno progresista para abordar problemas como o da térmica das Pontes
- Documento Xerais 10N
- Política
A Xunta Electoral ordena retirar anuncios do Goberno galego ata despois do 10N por electoralistas
As campañas da Xunta que a autoridade electoral ordena retirar enxalzaban accións como a construción dun colexio na Coruña ou que "hoxe temos o dobre de prazas públicas que hai dez anos" en escolas infantís. A resolución indica que se trataban da "expresión publicitaria de actuacións políticas da Xunta de Galicia" que vulnera o "principio de neutralidade dos poderes públicos" cara ás eleccións
Absoltos catro ex-membros do goberno de PSdeG e BNG de Ourense da prevaricación pola que foran condenados
O ex-alcalde e tres antigos responsables de Urbanismo e Rehabilitación foran condenados polas sucesivas prórrogas de contratos de tres arquitectos, unha aparelladora e un asesor xurídico. A Audiencia constata que os acusados puideron "incorrer nunha irregularidade e mesmo nunha ilegalidade administrativa", pero non nun delito
O home que bateu nunha muller da Coruña por vender produtos cataláns tentou quitarlle o móbil co que o fotografou
"Ti sabes que tes froita de Cataluña, como te atreves a comprarlles? Retira isto de aquí!", conta Sandra que esixiu o agresor. "Deume dúas puñadas, na cara e na cabeza"
Propietarios de montes e Concello de Samos reclaman reactivar o parque eólico do Oribio freado pola xustiza
O Tribunal Superior atendeu a petición de paralizar as obras do parque eólico nun auto que lembra que dende 2014 están prohibidas estas instalacións en espazos da Rede Natura
O ex-líder de Xóvenes Agricultores sae do cárcere e segue acusado de integrar unha rede de trata de mulleres
Pérez Miramontes levaba dende abril en prisión provisional; a investigación sinálao como peza clave na trama de proxenetismo e atribúelle o financiamento das viaxes das vítimas dende Paraguai