- Datos Xerais 10N
- Política
O voto por correo segue en máximos do século en Galicia malia ao descenso con relación ao 28A
As peticións de voto por correo baixan un 10% para o 10N con relación ás anteriores xerais pero seguen por riba das 60.000, o terceiro maior número no que vai de século en eleccións xerais en Galicia
- Crónica Xerais 10N
- Política
O debate do 10N: segue o bucle, orballa mentira
Sánchez aposta por colocarse como garantía de "goberno forte", pero tamén como piar "progresista" fronte á "dereita covarde e á ultradereita agresiva" e Pablo Iglesias semella ver libre o carril máis á esquerda. Casado evidencia que se as contas lle dan, o PP encabezará unha alianza apoiada nos escanos que obteñan C's e a extrema dereita
O PP mantén no programa para o 10N o recorte ao rango legal das linguas oficiais diferentes do castelán
Os de Casado prometen no seu programa das xerais que as linguas oficiais diferentes do castelán "nunca" serán "un requisito" para poder acceder a un posto na Administración pública. O documento non explicita a promesa de que só sexan válidos os actos administrativos en castelán pero si mantén a proposta dunha "lei de linguas" que, segundo o programa do 28A, incluiría esa medida
- Enquisas Xerais 10N
- Política
As derradeiras enquisas públicas do 10N sitúan o PSOE obrigado a pactar ante unha dereita á alza
As enquisas máis optimistas coas expectativas do PSOE sitúan os de Pedro Sánchez cun número de escanos semellante ao de abril ou un chisco inferior. PSdeG e PP pugnarían pola primeira posición en escanos polas circunscricións galegas, Unidas Podemos podería aspirar ao terceiro e o BNG estaría en condicións de regresar ao Congreso cun ou dous escanos
- Crónica
- Política
Unha década de 'campaña sucia': dos carteis sen siglas contra o bipartito á desmobilización vía Facebook
Na carreira electoral galega de 2009 as forzas políticas ensaiaban en internet coa propaganda electoral e tamén coa desinformación, pero a campaña sucia tamén era física. Dez anos despois, o campo de batalla son as redes sociais
Comeza a campaña do 10N: segunda volta do 28A no Estado, preliminares de 2020 en Galicia
Pedro Sánchez converteu na súa enésima aposta a todo ou nada uns comicios que, no caso galego, serán o primeiro paso para dirimir as posibilidades das forzas políticas cara ás eleccións de 2020 e mesmo o momento en que sexan convocadas. Así comezan as forzas políticas a carreira electoral do 10N en Galicia
- Documento Xerais 10N
- Política
A Xunta entra en campaña cun inédito informe de "demandas ao próximo Goberno de España"
No texto, aprobado horas antes do inicio da campaña do 10N, a Xunta preséntase como "modelo de centralidade política" e carga contra o "desafío permanente e desleal do independentismo" que, di, fai necesario formular estas "demandas" ao vindeiro Goberno de España
Caballero sinala as enfermeiras eventuais na Mariña como mostra da "precarización sanitaria de Feijóo"
O líder do PSdeG subliña que, especialmente dende a reforma sanitaria, a veciñanza da Mariña "sabe que para as operacións máis complexas e para ter todas as prestacións sanitarias ten que desprazarse a outras zonas". Nunha visita preelectoral á comarca insta a contrastar os "38 millóns de euros" do Goberno de España a Alcoa coa "campaña de demagoxia e falsidade continua" que atribúe a Feijóo
A 'tráiler movie' do BNG para reivindicar o traspaso da AP-9 e a fin da "estafa das peaxes"
Ana Pontón e Néstor Rego viaxan en camión de Sabón a Santiago para exemplificar o impacto que as peaxes da AP-9 teñen no sector do transporte
A CRTVG emitirá un só debate previo ás eleccións xerais o 8 de novembro ás dez da mañá
Malia ás críticas recibidas polas forzas políticas en anteriores comicios, a CRTVG programa un único debate electoral encaixado no seu informativo matinal. En Común-UP e o BNG presentarán cadanseus recursos na Xunta Electoral por considerar que vulnera "os principios máis básicos do pluralismo" con decisións com situar o único debate "nun horario de ínfima audiencia"
- Enquisa Xerais 10N
- Política
O CIS augura unha cómoda vitoria o 10N para o PSOE, que recuncaría como primeira forza en Galicia
A oficina demoscópica estatal afástase da tendencia do resto de inquéritos e augura que os de Pedro Sánchez poderían gañar entre 10 e 17 escanos; tamén outorga posibilidades de crecemento ao PP, pero dun máximo de 15 actas. En Galicia sitúa a PSdeG e En Común como únicas forzas en condicións de poderen medrar en escanos, mantén estancado o PP e deixa fóra o BNG
Os donos de Povisa pecharon un pacto para operar máis pacientes do Sergas antes de vender o hospital
A "atención a pacientes en lista de espera" da área de Vigo foi incluída como parte da mellora do concerto de Povisa a finais de 2018, pero o acordo, de ata 1 millón de euros, non se concretou ata agora, cadrando coa venda á filial española do grupo americano Centene. Sanidade resta importancia ao momento en que foi asinado.