- Datos Coronavirus
- Acontece
As altas de pacientes de coronavirus en Galicia medran o dobre que os novos casos e as mortes xa son 369
Os positivos activos chegan este 13 de abril aos 5.939 en Galicia, que segundo o Sergas xa rexistrou 369 falecementos pola covid-19. O número de persoas na UCI polo virus baixa por noveno día consecutivo
DomusVi ofrece emprego a estudantes de Medicina e Enfermaría nas residencias que suman máis mortes por coronavirus
Segundo os datos coñecidos a través da Xunta, os centros de DomusVi en Santiago e Cangas concentran uns 40 falecementos ligados ao coronavirus, respectivamente. A empresa subliña que os estudantes de último curso de Enfermaría e Medicina traballarán con "supervisión", na liña do estipulado polo Ministerio
- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización por coronavirus volve baixar en Galicia e o 40% das persoas falecidas vivían en residencias
Os positivos activos chegan este 9 de abril aos 5.551, un aumento do 1,7%, e as persoas falecidas son xa case 300. Un total de 910 persoas foron xa dadas de alta e volve diminuír o número de persoas hospitalizadas por mor da covid-19
Primeiro respiro parcial na pandemia para o persoal dalgunhas cadeas de supermercados
Algunhas das cadeas de supermercados con máis presenza en Galicia pechan tanto o xoves como o venres da Semana Santa. Nas últimas semanas, persoal dos supermercados e sindicatos reclamaron tanto medidas de seguridade ás empresas como responsabilidade á clientela
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de coronavirus en Galicia aumentan menos dun 1% por primeira vez e volven baixar as hospitalizacións
Os positivos activos chegan a 5.460 e as persoas falecidas, a 278. Case o 40% das persoas falecidas vivían en residencias de maiores e o 20% dos positivos activos son residentes ou persoal destes centros
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de coronavirus en Galicia aumentan ao menor ritmo dende o inicio da pandemia e baixa a hospitalización
O Sergas rexistra 5.435 casos activos, un incremento diario do 1,74% que supón o menor dende o inicio dunha pandemia na que xa faleceron 258 persoas. Xa foron dadas de alta 688 persoas e por primeira vez baixa nun día tanto a hospitalización ordinaria como o ingreso en UCI
- Datos Coronavirus
- Acontece
As mortes por coronavirus en Galicia superan as 240 e a presión nas UCI segue a frear
Os casos positivos activos chegan a 5.342 e os falecementos, entre hospitais e residencias de maiores, chegan a 241. As altas volven aumentar e chegan a 610
Detido un empresario polo roubo de "dous millóns de máscaras" sanitarias en Santiago en plena crise do coronavirus
A unidade policial adscrita á Xunta valora nuns 5 millóns de euros a mercadoría presuntamente roubada na nave compostelá, pertencente a unha empresa de material sanitario en concurso de acredores, e sospeita que foi vendida en Portugal
- Con vídeo Coronavirus
- Política
Os datos do Sergas aínda non suman todas as mortes por coronavirus das residencias de maiores
Aos 182 falecementos por coronavirus en Galicia reflectidos na estatística oficial de Sanidade ata este 5 de abril cómpre sumar outros 33 de persoas falecidas pola covid-19 en residencias de maiores, segundo aclarou este domingo Feijóo. Varios departamentos da Xunta ofreceron versións contrapostas ao respecto nos últimos días sobre a suma ou non dos datos de Política Social aos de Sanidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus en Galicia superan os 5.000 e a ocupación das UCI diminúe por primeira vez
Os positivos activos superan por primeira vez os 5.000, pero o ritmo de incremento segue apuntando a que Galicia comeza a aplanar a curva da pandemia
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
Hoxe ía haber eleccións (e hai unha campaña soterrada)
O adiamento das eleccións que se ían celebrar este 5 de abril deixou sen efecto a convocatoria electoral pero non a disolución do Parlamento, de aí a inédita situación institucional que vive o país. Na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral do PP non está pechada por pandemia, mentres os populares ven a esquerda nunha "deriva irresponsable"
O colapso das caixas deixou en mans multinacionais a empresa de residencias con máis casos de coronavirus en Galicia
As residencias de maiores da compañía DomusVi acumulaban ata este 4 de abril 227 dos 554 casos positivos por coronavirus detectados nestes centros en Galicia, segundo a Xunta