- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
Feijóo frea as conversas sobre o coronavirus pactadas coas forzas da esquerda entre ecos electorais
Tras a cordialidade que presidiu o adiamento das eleccións e os primeiros encontros entre líderes, esta semana Feijóo ratificou que só convocará á actual oposición cando considere que das conferencias con Sánchez sae algún "acordo". As críticas lanzadas dende San Caetano soben de ton e na esquerda aumentan as voces que instan a ter en conta que, se cadra, cómpre comezar a non dar por sentado que as eleccións vaian ser no outono
O servizo xurídico do Parlamento avala que a oposición controle o Goberno ata que Feijóo volva convocar as eleccións
Galicia está nunha situación institucional inédita, co Parlamento disolto pola convocatoria das eleccións non celebradas pero cun Goberno que goza de plenas funcións. En resposta aos grupos parlamentarios, o servizo xurídico vén de emitir un informe no que ve claro que poden formular preguntas e solicitudes de documentación á Xunta a través da Deputación Permanente nesta situación excepcional
A Xunta anuncia un estudo epidemiolóxico do coronavirus cos test remitidos polo Goberno central
Os 58.000 test rápidos da covid-19, dos que o propio Feijóo receara, serán utilizados polo Sergas no que o presidente define como "o estudo epidemiolóxico máis grande que fixemos en Galicia". Serán citadas 101.000 persoas seleccionadas "aleatoriamente" a partir dunha mostra deseñada polo Instituto Galego de Estatística
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas hospitalizadas por coronavirus en Galicia son menos de 800 por primeira vez en vinte días
Os positivos activos volven medrar por baixo do 1% e chegan a 6.142; son 57 positivos novos dos que case a metade volven proceder de residencias de maiores e dependentes. Os falecementos chegan a 415 tras rexistrarse dez máis e o descenso de persoas na UCI pola covid-19 acumula trece días á baixa
A diferenza entre os datos do Sergas e do Ministerio sobre o virus está nos casos acumulados e nas mortes en residencias
A disparidade responde a dous xeitos de presentar os mesmos datos: o Ministerio indica o total de casos acumulados e a Xunta distingue entre activos, falecementos e altas. As 95 persoas que figuran como falecidas nos datos do Sergas e non nos do Ministerio, que si as computa no total de casos acumulados, correspóndense cos falecementos nas residencias
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da hospitalización por coronavirus en Galicia acada o seu maior ritmo e a metade de novos casos son en residencias
Galicia rexistra 6.085 positivos activos, 66 máis dos que case o 50% proceden de residencias; os falecementos chegan a 405, un incremento de 14 persoas das que sete vivían en centros de maiores e dependentes. As altas seguen aumentando máis que os positivos activos e chegan xa ás 1.383
Pagar agora un viño por internet e tomalo nun bar de Lugo despois da pandemia
O concello lucense lanza xunto á asociación de hostalaría e a Federación de Comercio da cidade o proxecto 'Cos de sempre', un sitio web no que a veciñanza que o desexe poderá adquirir produtos ou servizos de pequenos comercios e locais hostaleiros para consumilos cando poidan reabrir tras a pandemia do coronavirus
A Xunta desbota usar os hospitais de campaña na Coruña e Santiago ao dar por "superado o pico" da pandemia
Feijóo dá por "desactivada a fase aguda" da pandemia da covid-19 e sitúa o "pico" na contorna da primeira fin de semana de abril. A Xunta sinalara que prevía unhas 400 camas nos hospitais de campaña de Expocoruña e o Multiúsos Fontes do Sar; Galicia conta cunhas 7.000 camas públicas e arredor de 2.000 privadas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus segue a frear en Galicia con 6.000 casos activos e sete mortes máis, cinco delas en residencias
Os positivos activos chegan a 6.109, un 0,77% máis, e as altas medran un 4,68% e chegan ás 1.298. Xa se rexistran 391 falecementos ligados á pandemia e as persoas que precisan asistencia na UCI por esta causa diminúen por undécimo día consecutivo
Turismo tras a pandemia: a Xunta aférrase ao Xacobeo e o sector pide apoio entre a incerteza
A maioría das voces expertas coinciden en que o levantamento do confinamento será gradual e implicará manter durante un tempo aínda indefinido restricións nas viaxes e nas concentracións de persoas, base dun sector que rolda o 10% da economía galega
Os casos de coronavirus volven medrar menos dun 1% en Galicia e un terzo dos novos falecementos son en residencias
Os positivos activos chegan este 14 de abril aos 5.973 e os falecementos son xa 384, quince máis que na xornada previa. As persoas dadas de alta son xa 1.240 e o seu número segue medrando por riba dos novos positivos detectados
Toda a oposición esixe a Feijóo explicacións sobre o coronavirus nas residencias e non limitarse "á propaganda na TVG"
PSdeG, BNG e Galicia en Común reiteran a necesidade de coñeceren información "pormenorizada" do que acontece nas residencias de maiores e dependentes por seren o principal "foco" da pandemia actualmente no país. Tras non recibiren a chamada da Xunta para un novo encontro con Feijóo medra o malestar entre as formacións da esquerda galega, que instan o Goberno a redobrar "a cooperación" ao estar o Parlamento disolto