De maiores zonas peonís a despachos con máis distancias: cidades galegas para o desconfinamento
Incivismo ou pouco espazo? Obviar as normas ou bater polas bravas coa realidade de que partes das nosas cidades seguen concibidas para os coches? Concellos urbanos galegos combinan a ampliación provisional de zonas peonís para os primeiros paseos tras o confinamento coa posta en valor do traballo feito na ampliación de espazos públicos para camiñar. Repasamos algunhas das medidas en marcha e outras que están por vir
Máscara obrigatoria no transporte público no inicio do desconfinamento, para o que Sánchez defende o estado de alarma
O presidente do Goberno central mantén que "non hai plan B" para o estado de alarma por ser "o único instrumento para garantir a restrición de mobilidade", e reitera que está aberto á peticións como as da Xunta sobre o desconfinamento por áreas sanitarias, pero defende a provincia como referencia xeral
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dúas mortes e medio cento de casos novos de coronavirus en Galicia entre datos dispares
O Ministerio de Sanidade reflicte 54 novos casos de coronavirus detectados en Galicia mediante probas PCR nas últimas 24 horas mentres o total acumulado de datos do Sergas aumenta en 45; as mudanzas no cómputo introducidas pola Xunta esta semana tornan os novos datos en incomparables cos rexistrados ata o pasado día 28
- Datos Coronavirus
- Acontece
Primeiro día sen mortes por coronavirus en Galicia e máis cambios no cómputo do Sergas que invalidan o groso da estatística
Tras introducir 3.552 "curacións" dun golpe na xornada previa, este 30 de abril agroman na estatística do Sergas 180 recuperacións máis sen referencia temporal e os casos activos diminúen en 40 mentres o Ministerio reflicte 22 positivos novos en Galicia. A Conselleria de Sanidade informa ademais dunha caída na hospitalización superior ao 30%, aínda que o Ministerio recolle 11 casos novos en Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suma masiva de "curacións" racha a estatística de referencia para coñecer a evolución do coronavirus en Galicia
O Sergas incorporou dun golpe 3.552 "curacións" sen referencia temporal ningunha, o que deixa sen utilidade para coñecer a tendencia da pandemia toda a serie construída ata este 29 de abril. Os datos acumulados e o cálculo dos casos novos de cada día fican como fío condutor tras rachar a Xunta a serie estatística
A Xunta reitera que pedirá basear a fin do confinamento nas áreas sanitarias e non nas provincias
Feijóo reitera que hai "máis de 140 concellos que non teñen un só contaxiado", información que o Sergas non fai pública, e pide que neles o desconfinamento sexa máis rápido
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta muda a presentación dos datos do coronavirus dous meses despois e triplica as "curacións"
Os positivos activos da covid-19 redúcense á metade en Galicia nun só día porque, segundo o Sergas, agora dispón de "base sólida" para computar as persoas illadas nos domicilios. A única serie homoxénea pasa a ser de agora en diante a de casos acumulados
- Guía práctica Coronavirus
- Acontece
Dos primeiros paseos ás visitas familiares: as actividades permitidas no desconfinamento
Cada fase dura un mínimo de 15 días e superala ou mantela depende dos indicadores sanitarios, como a capacidade hospitalaria ou a circulación do virus. O proceso só ten dúas datas fixadas dende o inicio, o 4 e o 11 de maio
- Documento Coronavirus
- Política
Queixa formal de toda a oposición polo atranco do control a Feijóo no Parlamento durante a crise sanitaria
PSdeG, Galicia en Común, BNG e En Marea asinan un escrito conxunto para advertir de que a Presidencia do Parlamento non convocou a Deputación Permanente cando o pediu a oposición para reclamar comparecencias da Xunta malia "cumprir os requisitos" do Regulamento, pero "atendeu de inmediato as solicitudes do Goberno"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Abrollan 90 novos casos de coronavirus en Galicia tras a fin de semana malia á baixada no ritmo de novas probas
Os positivos activos chegan a 6.947, un 0,81% máis, e as persoas falecidas son xa 540 tras dar conta Sanidade de nove mortes máis, tres de persoas que viviran en residencias de maiores. As altas chegan a 1.841 e a redución de persoas na UCI é a maior nun só día dende o comezo da pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia é a oitava autonomía en probas de coronavirus feitas por cada mil habitantes
O Sergas divulga o número de probas PCR que leva feitas pero segue sen publicar o número de test de anticorpos, que agora son coñecidos a través do Ministerio de Sanidade. Ata o pasado 23 de abril o número de probas realizadas en Galicia roldaban as 95.000
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia sumou 33 mortes con coronavirus nunha fin de semana con diminución de probas e de casos novos
Nunha xornada con 60 casos novos, os positivos activos chegan a 6.891, un incremento de 35, e os falecementos son xa 531. O Sergas contabiliza 1.816 persoas que recibiron a alta hospitalaria. As persoas que precisan atención na UCI volven baixar e quedan en 83; no pico da pandemia chegaron a ser 176