- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra 37 diagnósticos máis de coronavirus e 22 hospitalizacións novas no inicio da avaliación para o desconfinamento
Os casos da covid-19 detectados aumentan nun cento, pero só 37 deles mediante probas PCR; os "positivos activos" redúcense en 61 e os falecementos son catro máis, un deles dunha persoa que vivira nunha residencia de maiores
O pacto do Goberno central co PNV para o estado de alarma abre a porta ás eleccións galegas no verán
O texto introducido polo PNV na nova prórroga dá a Feijóo ferramentas xurídicas para non ter que condicionar a nova convocatoria dos comicios adiados polo coronavirus ao levantamento do estado de alarma, tal e como figura no decreto co que foron adiadas as votacións previstas para o pasado 5 de abril
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera a barreira dos 10.000 positivos de coronavirus acumulados nunha xornada con nove mortes máis
O número acumulado de positivos da covid-19 en Galicia aumenta en 239, das que 46 foron diagnosticadas mediante probas PCR e as restantes, cos test de anticorpos. As persoas falecidas a causa da pandemia en Galicia son xa 582; seis das nove mortes coñecidas nas últimas vinte e catro horas foron de persoas que vivían en residencias de maiores
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Estado divulga datos da evolución do coronavirus en Galicia que a Xunta lle transmite pero non fai públicos
A mudanza que o Ministerio de Sanidade vén de introducir na presentación de datos da covid-19, obtidos a través do Sergas, permite coñecer información como o número de positivos por test de anticorpos e recuperar o acumulado de casos como fío condutor da evolución da pandemia
- Documento Coronavirus Galegas 2020
- Política
Pacto para retomar o control parcial á Xunta no Parlamento durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria
O acordo contempla comparecencias de Feijóo cada dúas semanas, a mesma regularidade das sesións de control ordinarias, ata que teña vía libre para volver convocar as eleccións. O Consello de Ministros aproba pedir a nova prórroga do estado de alarma mentres PSOE e UP tentan xuntar os votos para aprobala no Congreso
- Datos Coronavirus
- Acontece
Detectados 40 novos casos de coronavirus en Galicia mediante PCR no día con menos probas dende finais de marzo
Outro cambio do Ministerio na presentación dos datos da covid-19 que recibe das autonomías permite recuperar o total de positivos acumulados como fío da tendencia da pandemia en Galicia. Os falecementos son 4 máis, tres deles de persoas que viviran en residencias, e chegan a 573
Galicia tería UCI dabondo para avanzar no desconfinamento, pero precisaría máis camas hospitalarias
A Xunta asegurou nas últimas semanas estar en condicións de habilitar ata 400 postos de UCI, polo que podería superar o limiar esixido polo Ministerio. Mentres, Galicia disporía na actualidade dunhas 33 camas en funcionamento por cada 10.000 habitantes, cando o estipulado para erguer as restricións pola covid-19 é un mínimo de 37. A Consellería de Sanidade asegura, non obstante, estar en condicións de cumprir os requisitos se cómpre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Abrollan 44 casos novos de coronavirus en Galicia e a suba supera a media estatal malia á diminución de probas
Galicia está por riba da media estatal en incremento de casos novos e incidencia acumulada nas últimas dúas semanas; o Sergas contabiliza unha diminución de 131 positivos activos e 6 falecementos máis ata chegar a un total de 569
- Análise Coronavirus
- Acontece
A Xunta non contempla publicar unha estatística completa do coronavirus malia ás distorsións da última semana
Tras case dous meses de información regular sobre positivos activos, altas e falecementos, a Xunta introduciu bruscas modificacións na estatística do coronavirus ata facer imposible comparar os datos previos ao día 28 con todos os posteriores. Feijóo ratifica, non obstante, que o Goberno galego non prevé divulgar os datos completos
- Guía Coronavirus
- Acontece
Día cero do desconfinamento: máscaras obrigatorias no transporte e comercios con cita previa
O uso da máscara pasa a ser obrigatorio en todo o transporte público e o Estado prevé a distribución de 835.500 entre este luns e martes en Galicia. Limitación de aforamentos, maiores distancias de seguridade e encargas por teléfono ou internet marcarán a reapertura de negocios que permanecen pechados por mor do estado de alarma dende mediados de marzo
Feijóo clama contra a extensión do estado de alarma, cuxa fin é imprescindible para convocar as eleccións
Feijóo volveu cargar con dureza contra "a forma e o fondo" do plan de desconfinamento, pero poñendo o foco na súa reclamación de que finalice o estado de alarma, que di cuestionar por restrinxir os "dereitos fundamentais" mentres reclama unha "fórmula" para a convocatoria das eleccións, condicionada por decreto ao seu levantamento
- Datos Coronavirus
- Acontece
Seis mortes e 65 positivos novos por coronavirus en Galicia mentres os datos da Xunta e do Ministerio viran incomparables
O Ministerio reflicte 65 novos casos detectados en Galicia mentres o acumulado de positivos reportados polo Sergas aumenta en 52 e as "curacións" soben máis do que diminúen os positivos activos. Un dos seis novos falecementos foi dunha persoa que vivira nunha residencia de maiores; do total de 563, 253 eran residentes nestes centros