- Datos Coronavirus
- Acontece
Abrolla o maior número de novos casos de coronavirus en dúas semanas no día con máis probas en Galicia
No primeiro día con máis de 4.000 probas PCR os novos casos da covid-19 detectados chegan a 184 e os positivos activos ascenden ata os 6.824, 120 máis que no día anterior; as altas chegan as 1.783 no primeiro día con incremento de persoas na UCI dende o 4 de abril. Os falecementos chegan a 509 tras rexistrar Sanidade once máis; deles, 8 eran persoas que viviran en residencias e os falecementos nestes centros xa superan o 46% do total
Urkullu quere votar en xullo por se o virus rebrota no outono e o escenario electoral galego axítase
O lehendakari esgrime que prefire votar en xullo porque "o inicio do outono" pode "cadrar cun rebrote da epidemia"; Feijóo asegura que a data electoral segue sen estar "na axenda do Goberno" e as forzas da actual oposición galega reclaman priorizar a saúde pública e non limitarse a seguir ao líder vasco
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue con máis dun cento de novos casos de coronavirus ao día e o 45% das mortes son de residencias
O número de novas probas PCR diminúe nun punto e o avance de positivos activos modérase nunha proporción semellante; son agora 6.704 e os novos casos detectados, 117. O total de falecementos chega a 498, seis máis e tres deles, de persoas que viviran en residencias. O número de persoas hospitalizadas a causa da covid-19 en Galicia é o menor dende o 26 de marzo e as persoas illadas a domicilio son por primeira vez máis de 6.000
Arquivada a póla do caso Pokémon sobre o PP de Santiago ao ser "imposible determinar" os delitos imputados por De Lara
A xuíza de Compostela Ana López-Suevos vese abocada a arquivar a causa contra Conde Roa, membros do seu goberno, funcionarios e empresarios tras observar na instrución de Pilar de Lara un "conglomerado se información" sen "un criterio claro" e con descricións "absolutamente xenéricas" dos delitos, sen sequera "individualizar minimamente a imputación que se dirixe contra cada un dos investigados"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Repuntan os novos casos de coronavirus detectados en Galicia e as mortes son 17 máis, todas de residencias agás unha
Os positivos activos aumentan un 1,58% e chegan aos 6.647 e as persoas falecidas a causa da pandemia en Galicia son xa 492, segundo o Sergas. A media de novos casos detectados ascende dende hai catro días e rolda os 160 e o número de persoas hospitalizadas a causa da covid-19 é o menor dende finais de marzo
As máscaras fornecidas a Galicia por iniciativa de Euskadi serán vinte mil mensuais ata xuño
O servizo vasco de saúde debía mercar o lote completo de máscaras e "contactou co Sergas, co Servizo Navarro de Saúde e coa Ertzaintza" para ofrecerlles comprar unha parte delas; no caso galego, o pactado foron 70.000. Sanidade destinou algo máis de 232.000 euros a esta compra, que Euskadi pechou o 2 de marzo
Os novos casos de coronavirus seguen por riba dos cen diarios en Galicia e as persoas na UCI baixan do centenar
Tras a detección de 166 casos novos, o cómputo de positivos activos medra en 118 e queda en 6.534; os falecementos chegan a 475 con nove mortes máis, seis de persoas que viviran en residencias. Polo que sinala como "un erro na transmisión de datos", Sanidade indicou o pasado martes que incorporara 6.780 novas probas PCR cando en realidade eran 1.425 máis
Esteban
David Lombao
- Datos Coronavirus
- Acontece
As probas diarias de coronavirus duplícanse en Galicia e o número de novos positivos é o maior en dez días
As probas PCR acadan un novo máximo e fan aflorar 169 casos novos; os positivos activos aumentan un 1,91% e chegan aos 6.416 nunha xornada con nove falecementos máis, tres de persoas que viviran en residencias de maiores. O groso dos novos positivos activos concéntrase na área sanitaria máis afectada, a de Ourense
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un cento de novos casos de coronavirus agroma cada día en Galicia, a cuarta parte que en marzo
Nesta segunda quincena de abril, mentres aumentan as probas realizadas, detéctanse en Galicia arredor dun cento de novos casos diarios. A finais de marzo, con menos probas, eran máis de 400 e os novos positivos equivalían a un terzo das PCR realizadas; nos últimos días esa proporción baixa do 3%
A oposición pide á Xunta máscaras de balde para a poboación e estabilizar as enfermeiras eventuais
PSdeG e BNG instan o Goberno galego a garantir o fornecemento universal de máscaras para evitar contaxios tras o confinamento e Galicia en Común reclama "consenso de país" para evitar rescisións de contratos como as padecidas por enfermeiras contratadas para traballar fronte á pandemia, despois rectificadas no que o Sergas sinalou como un erro
- Datos Coronavirus
- Acontece
O aumento de probas atenúa o freo do coronavirus en Galicia e nove das once novas mortes son de residencias
As 3.924 PCR rexistradas nas últimas vinte e catro horas son o maior incremento nun día e sáldanse con 114 positivos novos e unha suba dos activos do 1,5%, ata os 6.296; as persoas falecidas son xa 455 e o ritmo das altas redúcese, pero xa son 1.548