- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea tres días sen falecementos con coronavirus por primeira vez dende o inicio da pandemia
Este mércores, no entanto, vén de producirse unha nova morte na Coruña, rompendo a liña positiva dos últimos días. A situación epidemiolóxica segue a mellorar, con só 9 novos positivos detectados por PCR e 4 novas hospitalizacións.
- Documento Coronavirus
- Política
Mobilidade e competencias: as peticións do BNG ao PSOE para volver votar "si" ao estado de alarma
Fronte á petición de mobilidade total entre provincias, os socialistas terían disposición a un acordo semellante ao acadado co PNV, permitindo desprazamentos entre concellos lindeiros aínda que se atopen en provincias diferentes. En materia de competencias, a emenda do BNG reclama que as autoridades competentes delegadas da nova fase do estado de alarma sexan o ministro de Sanidade e "o presidente ou presidenta das comunidades autónomas"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Terceiro día sen mortes por coronavirus en Galicia, onde só se rexistrou un ingreso hospitalario pola enfermidade
Ese luns apenas houbo dous novos positivos por PCR. A Xunta contabiliza 1.139 casos activos, 35 menos que este luns. Dende o comezo da epidemia morreron en Galicia 607 persoas con coronavirus e 2.935 tiveron que ser ingresadas no hospital, 332 na UCI.
A Xunta pide pasar á fase 2 e esgrime os concellos sen casos de coronavirus, que non son públicos
Sanidade asegura ao Goberno central que ata en 306 concellos non existe transmisión comunitaria da covid-19. Entre os argumentos para pasar á fase 2, defende ante o Ministerio o "fortalecemento" do sistema para realizar novas probas PCR ou facer seguimento dos contactos de persoas contaxiadas, así como o número de positivos detectados en centros de saúde
Aberto ata o 2 de xullo o prazo para votar por correo nas eleccións galegas
Todo apunta a que no 12X o voto por correo terá máis importancia da habitual, dada a previsión de medidas excepcionais nos colexios electorais para evitar contaxios do coronavirus.
- Crónica Galegas 2020
- Política
O PP soña cunha vitoria fraguista e a esquerda, con truncar a carambola de Feijóo
O PP galego soña para o 12X cunha maioría como as dos anos nos que Fraga superaba o 50% fronte a unhas forzas da esquerda que, dende o inicio da pandemia, viron minguados os seus espazos fronte a un Feijóo omnipresente. Sobre o 12X tamén paira unha incógnita: a quen prexudicará máis a posible abstención por medo ao contaxio?
PSdeG, Galicia en Común e BNG ven imprudente votar en xullo e afirman crer posible un cambio na Xunta
Gonzalo Caballero, Antón Gómez-Reino e Ana Pontón reiteran o seu desacordo coa convocatoria electoral mentres permanece a emerxencia sanitaria polo coronavirus e ven o actual presidente e líder do PPdeG guiado só por interese partidario
Feijóo volve secundar a Urkullu e convoca as eleccións galegas para o 12 de xullo
Apenas unha hora despois de que o lehendakari ratificase que se dispuña a chamar ás urnas para o 12X, Feijóo fixo o mesmo. O electorado galego volve estar convocado a renovar o Parlamento nun contexto inédito marcado pola pandemia, cun PP confiado en renovar a maioría absoluta e unha esquerda que ve no adianto unha temeridade en plena crise sanitaria
- Documento Coronavirus
- Acontece
As visitas a residencias de anciáns serán autorizadas se superan unha enquisa de síntomas de coronavirus
O desconfinamento nas residencias de maiores non comezará ata que Galicia estea na fase 2, o que en principio leva o seu inicio ata o 25 de maio, e implica un notable traballo previo para o persoal dos centros. O plan de reactivación recolle que as residencias poderán acceder a el se non teñen caso ningún de covid-19 e están en concellos con menos de 3 casos novos de coronavirus por cada 5.000 habitantes nos tres días previos
Feijóo tamén secunda o PNV en reducir a campaña das eleccións e evidencia unha convocatoria inminente
O actual presidente da Xunta e do PPdeG carga contra PSdeG, Galicia en Común e BNG por opoñerse á convocatoria en xullo e censura especialmente a postura de Gonzalo Caballero, cuxas declaracións cualifica de "insulto" que di esperar que os socialistas vascos tomen "a broma"
A Xunta permitirá visitas a residencias de maiores nos concellos menos afectados polo virus, que seguen sen ser públicos
Poderán acceder ao plan de desconfinamento aprobado polo Consello as residencias sen novos casos de coronavirus nas últimas dúas semanas que estean en municipios con "tres ou menos casos ao día por cada 100.000 habitantes". Nelas volverán os paseos para as persoas residentes, algunhas actividades grupais e visitas de familiares con restricións de seguridade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Seis novos diagnósticos e hospitalizacións de coronavirus en Galicia no segundo día da pandemia sen mortes
Os novos casos detectados mediante probas PCR seguen á baixa; á media ducia da última xornada engádense 54 novos positivos en test de anticorpos, elevando as persoas con contaxios confirmados en Galicia ás 10.892 dende o comezo. Os hospitais galegos rexistran media ducia de novas hospitalizacións, cinco delas na UCI, pero o global de persoas ingresadas con test positivo baixa en 12