Unha multitude clama a prol da sanidade pública aguilloada pola loita de Verín
Milleiros de persoas volven ateigar as rúas de Santiago nunha marcha "contra a deterioración" do sistema sanitario marcada polo conflito polo peche do paridoiro e con peticións de dimisión a Núñez Feijóo.
Feijóo tenta aplacar conflitos sanitarios con rectificacións antes das eleccións máis incertas nunha década
A reapertura do paridoiro de Verín tras dous meses de protestas torna en símbolo das marchas atrás da Xunta ante os conflitos da sanidade pública, área na que o actual presidente galego esgrime con frecuencia a súa experiencia como xestor
O Goberno central aborda o financiamento coas autonomías, pendentes de cobrar o mes do IVE de 2017
Aínda que non figura na orde do día, sobre a mesa do Consello estará pendente o pagamento do mes do IVE non ingresado pola reforma do Goberno de Rajoy; a ministra de Facenda di estar disposta a procurar fórmulas para "paliar" o problema, que no caso galego ascende a 198 millóns xa gastados
O posible adianto das eleccións vascas a abril dispara o debate sobre a data das galegas
A mensaxe oficial do PPdeG é a da "estabilidade" ata unhas eleccións convocadas "cando toca" o cal cada vez está menos claro; moi especialmente dende que o lehendakari abre a porta a anticipar os comicios mesmo para abril. A esquerda galega, á expectativa, declárase preparada
- Con vídeo
- Política
O que dixo (e o que non) o alcalde do Porto sobre as ligazóns ibéricas e o 'Iberolux'
As declaracións de Rui Moreira foron interpretadas nalgúns ámbitos como unha aposta pola unión política entre España e Portugal que realmente non se produciu. En realidade, o rexedor portuense si aposta por unha maior colaboración entre ambos Estados poñendo como exemplo as relacións galego-portuguesas nun "tempo fantástico" no que "o Minho não é fronteira"
Os Franco argumentan agora que Meirás é seu porque o ditador contratou un seguro para o pazo
Os herdeiros do ditador achegan á causa xudicial xustificantes de pagamento dun seguro e diversos impostos para argumentaren que o Pazo de Meirás era propiedade do xeneral golpista e non público, segundo revela a Cadena SER
"Chámao cancro": a prol das persoas que o padecen e contra a "longa enfermidade"
"Temos o obxectivo de loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú", subliña a AECC, cuxo último estudo advirte de que "as familias dos pacientes de cancro asumen o 45% do custo da enfermidade"
- Documento
- Política
A Xunta de Fraga tentou frear protestas polo Prestige e a guerra de Iraq cun veto aos carteis como o que agora impón o Sergas
En marzo de 2003, cando ás protestas pola xestión da catástrofe do Prestige se engadiron as mobilizacións contra a invasión de Iraq, a Xunta de Fraga emitiu un veto aos carteis críticos nos centros de ensino con linguaxe e medidas moi semellantes ás impostas neste 2020 por Sanidade
- Crónica Galegas 2020
- Política
Eleccións en Galeuscat 2020
Galicia, Euskadi e Catalunya votan en 2020; nos círculos do actual poder galego pode resultar tentadora a idea dunha coincidencia con Catalunya por ser útil para confrontar co Goberno central e coa esquerda galega, pero tamén tería riscos para o PP á hora de marcar perfil "moderado" e de evitar a identificación coa dirección de Pablo Casado
De Lara cesa como xuíza en Lugo tras negarse a dividir Pokémon nunha trintena de pezas, como pedía o fiscal
Co pano de fondo da sanción imposta polo Poder Xudicial, a xuíza desbota dividir o caso como pide o fiscal, ao que critica por "afastarse radicalmente" do criterio dos seus predecesores na causa. Dedica máis de 400 páxinas a debullar o caso para concluír que non é posible "analizar as condutas illadamente" e defende que repartir a operación sería "inxusto", xeraría "dilacións" e abocaría algúns dos delitos á "impunidade"
O BNG prioriza a investigación técnica sobre Angrois que reclama a UE tras reunirse coas vítimas
O Bloque acompasa as súas iniciativas sobre o accidente de Angrois á reivindicación das vítimas, que reiteran a necesidade da investigación técnica independente reclamada pola UE. "O actual Goberno ten que distanciarse da xestión dos anteriores neste tema; ten unha oportunidade histórica de facelo mellor", subliña Néstor Rego
O PP frea o debate da eutanasia en Galicia por "trivializar a morte" mentres o Congreso aborda autorizala
Cadrando co reinicio do debate no Congreso, o Parlamento debateu a iniciativa de En Marea a prol da lei de eutanasia, que o PP impediu continuar tramitando e que apoiou toda a oposición. Os populares, botando man de casos persoais, consideran que este dereito "non encaixa coa forma de entender a vida e a morte da sociedade galega"; Villares lamenta a súa falta de "empatía"