Feijóo evidencia aos partidos que convocará eleccións para xullo con vía para frealas se rebrota o virus
O actual presidente da Xunta debuxa ás forzas políticas un escenario practicamente idéntico ao trazado polo lehendakari vasco horas antes aos partidos de Euskadi, aínda sen data concreta. O PP resalta a intención de votar "canto antes" mentres PSdeG, Galicia en Común e BNG ven a Feijóo guiado só por "intereses electorais" e cren imprudente fixar os comicios en plena crise sanitaria
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dezaseis novos diagnósticos de coronavirus e outros 10 ingresos no día en que Galicia superou as 600 mortes
Aos 16 novos diagnósticos da covid-19 detectados mediante probas PCR engádese o reporte de 34 positivos en test de anticorpos. A Xunta segue manexando os "positivos activos" como principal indicador; quedan en 2.074 tras diminuír en 105 mentres as infeccións "resoltas", que o Sergas refire como "curacións", aumentan en 161. As persoas falecidas xa son 601 tras certificarse catro mortes máis
A esquerda galega ve ratificado que Feijóo prioriza "o interese electoral" por riba da evolución da pandemia
PSdeG, Galicia en Común e BNG censuran que Feijóo ratificase a súa intención de convocar as eleccións en xullo "pola TVG" mentres o Parlamento estaba reunido e consideran "irresponsable" e "unha temeridade" apostar por chamar xa ás urnas "en plena pandemia"
Un doutor que asesora á Xunta prevé "un pequeno rebrote" do coronavirus en xuño e outro "máis duro" contra a fin de xullo
Nun dos informes que manexa a Xunta para convocar as eleccións, o xefe de Enfermidades Infecciosas do CHUAC prevé un "pequeno" rebrote en "2-3 semanas" e estima o seguinte cara a finais de xullo por, entre outros motivos, o "comportamento da poboación" no desconfinamento
Feijóo disponse a convocar as eleccións galegas para o mesmo domingo de xullo que as vascas
Feijóo afirma que quere convocar "axiña" para seguir as recomendacións dos informes sanitarios e cita os partidos para falalo este 14 de maio, a mesma xornada á que Urkullu emprazou os partidos vascos o pasado 30 de abril para sinalar o día das súas eleccións. Ata os primeiros días de maio, Xunta e PP aseguraron non ter na "axenda" a data das eleccións e acusaron as formacións da esquerda de estar "obsesionadas" con ela
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra o día con menos diagnósticos de coronavirus e sen novas hospitalizacións
Os dez novos diagnósticos mediante proba PCR converten esta xornada na que rexistra unha evolución máis favorable da pandemia en Galicia ata o momento. A incidencia acumulada da covid-19 volve situarse por baixo da media estatal e os falecementos son dous máis, para un total de 597 no que o 45% seguen sendo residentes de centros de maiores
Toda a oposición insta a Xunta a publicar datos abertos e completos sobre o coronavirus
Gonzalo Caballero (PSdeG), Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) e Ana Pontón (BNG) subliñan que cadansúas formacións veñen reiterando a petición de "transparencia" sobre os datos do coronavirus en Galicia. Coidan que o Goberno galego evita difundir a serie estatística completa para "construír un relato de falsa anticipación" e cre que a ausencia de datos completos resta ás forzas políticas e ao conxunto da sociedade "ferramentas" para analizar a pandemia e procurar solucións
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dúas mortes con coronavirus no día con menos novos positivos e menos probas PCR en Galicia dende marzo
O Sergas comunicou 11 novos diagnósticos de covid-19 mediante probas PCR e 57 máis en test de anticorpos; o número de novos diagnósticos nun día é o menor en máis de dous meses. Os falececementos con coronavirus en Galicia chegan aos 595, dous máis; deles, 269 seguen sendo de persoas que viviran en residencias de maiores
- Análise Coronavirus
- Política
Galicia, á cabeza do Estado en opacidade na difusión de datos sobre o coronavirus
A Xunta divulga a información do coronavirus con documentos de texto sen indicadores clave e non existe unha fonte pública de información completa e reutilizable, cunha opacidade só equiparable á de Extremadura. A maior parte das autonomías ofrece datos abertos e reutilizables sobre a covid-19 en cadanseus territorios, moitas delas con detalles ata o nivel municipal. Repasamos como é a información sobre a pandemia no resto do Estado
Toda a oposición ve constatado que Feijóo "mentiu" sobre a súa amizade con Marcial Dorado e cuestiona "en que máis mente"
A emisión da entrevista devolveu a amizade de Feijóo e Dorado á axenda política, aínda que sen excesivo ruído. PSdeG, Galicia en Común e BNG ven ratificado que o actual presidente non dixo a verdade cando negou que fose amigo do contrabandista nos anos en que el ocupaba diversos cargos públicos, como a máxima responsabilidade no Servizo Galego de Saúde
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos e probas de coronavirus en Galicia baixan a niveis de finais de marzo cun só falecemento máis
Na última xornada abrollaron 27 novos positivos e por segunda xornada o número de falecementos aumenta en só unha persoa ata chegar ás 593. O enlentecemento da pandemia contrasta coas cifras de hospitalización, que experimentan o maior incremento porcentual en máis dun mes
Máis da metade dos positivos activos por coronavirus en Galicia son de persoal sanitario e de residencias
Un total de 1.162 membros dos cadros de persoal dos centros sanitarios galegos están actualmente afectados pola covid-19, segundo admite a Xunta. Tendo en conta os 262 positivos entre profesionais de residencias de maiores e outros 417 de residentes, só un terzo dos casos activos da pandemia que contabiliza o Sergas son de persoas alleas a centros sanitarios ou de maiores