Sánchez confirma a solicitude de prorrogar o estado de alarma polo coronavirus ata finais de abril
O presidente do Goberno central subliña que o "esforzo colectivo" do confinamento dá "os primeiros resultados" e "salva vidas", pero cómpre "algo máis de tempo" para evitar un novo abrollo da pandemia máis "despiadado". Avanza ademais medidas para "desescalar" o confinamento, pero con "medidas de hixiene" adicionais ata que exista vacina para a covid-19
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de coronavirus achéganse aos 5.000 e o ritmo de entrada en UCI é o menor dende o inicio da pandemia
Os falecementos pola covid-19 incluídos na estatística do Sergas son xa 168 e os positivos activos chegan aos 4.926
- Documento Coronavirus
- Política
A conselleira de Educación pide a coidadoras dos colexios incorporarse como "reforzo" fronte ao virus en Política Social
Nunha carta remitida ao persoal coidador dos centros educativos, a conselleira pídelle "que vos convertades, vós tamén, en heroes" respondendo á "chamada de auxilio para reforzar o persoal da Consellería de Política Social". Nas últimas semanas, Xunta e Goberno central ditaron normas que permiten transvasar persoal doutros departamentos ás áreas implicadas na loita contra a pandemia
A Xunta mantén que os seus datos do coronavirus inclúen as residencias de maiores tras varias versións contrapostas
Tras indicar Política Social a existencia dun cómputo diferenciado e despois remitirse a Sanidade, Feijóo asegurou que a Xunta "computa todas" as mortes por coronavirus das que ten constancia a través do certificado de defunción, tamén no caso das residencias
Concellos galegos detectan "preparativos en segundas residencias" para Semana Santa e piden que o Estado free as viaxes
A Garda Civil intercepta unha condutora na autovía A-6 á altura de Outeiro de Rei co coche cheo de equipaxe e intención de viaxar dende "o centro da Península" ata "a costa galega"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os ritmo de novos positivos de coronavirus descende en Galicia por cuarto día e as mortes achéganse a 150
O balance deste 3 de abril reflicte 4.645 casos positivos activos en Galicia, o que supón un novo descenso no ritmo de aumento e tamén o cuarto día no que a suba é menor ao 10%
- Datos Coronavirus
- Acontece
As mortes por coronavirus en Galicia chegan a 130 e o ritmo de entrada en UCI encadea unha semana de descenso
A evolución de positivos detectados modérase e medra por baixo do 8%, ata os 4.379; o número de altas son xa 333 e a área de Ourense sitúase como terceira en número total de casos por tras das de Vigo e da Coruña
O Concello de Lugo achega 600 euros por traballador a pequenas empresas que non fagan ERTE polo coronavirus
O programa de axudas 'Reanima Lugo' diríxese especialmente a empresas que tivesen que pechar por mor do estado de alarma e persoas autónomas que perdesen ata un 75% da súa facturación
Persoal público de áreas non implicadas no dispositivo contra o coronavirus pode presentarse "voluntario" para reforzalo
O Real Decreto das axudas do Goberno central para paliar as consecuencias do virus prevé que o persoal público que o "solicite" poida "apoiar áreas e actividades distintas das do seu posto de traballo" do dispositivo contra o virus
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus en Galicia superan os 4.000 cun cento de mortes mentres baixa a hospitalización
O Sergas contabiliza 4.058 casos activos e 115 falecementos, pero tamén un incremento das altas ata as 259. O número total de persoas hospitalizadas descende por primeira vez e segue baixando o ritmo de entrada en UCI
O Sergas confirma hospitais de campaña na Coruña e Santiago para o coronavirus e "non descarta" outro en Vigo
A Xunta estima que instalará unhas 400 camas nos hospitais de campaña de Expocoruña e o Fontes do Sar e mantén que toma a decisión asumindo tamén que vai usar "todas as camas dispoñibles nos centros privados". Feijóo valora como "máis urxente" o hospital de campaña na Coruña e, malia desbotalo inicialmente, xa non "descarta" instalar outro no Ifevi de Vigo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos activos por coronavirus en Galicia achéganse aos 4.000 e o ritmo de hospitalizacións segue baixando
Hai 3.758 casos positivos activos e xa foron dadas de alta 187 persoas. Os falecementos ligados á covid-19 no país son xa 94. Sete de cada dez persoas con positivos detectados e aínda activos están illadas no seus domicilios, un total de 2.789, mentres as hospitalizacións ordinarias aumentan ao 7% e as entradas na UCI, ao 9%