- Crónica Xerais 10N
- Política Lugo
Feijóo volve tornar o "AVE a Lugo" en bandeira de campaña, pero xa non promete que o pagará el
O "AVE a Lugo" nunca existiu. O que si existe e xa está en marcha é o plan de melloras da vía convencional, que inclúe accións como a electrificación e a supresión de pasos a nivel. O socialista Ábalos mantén que esas melloras estarán rematadas en 2021 e Feijóo retruca que "Lugo non terá AVE" nese ano
As enquisas auguran que PSdeG e PP disputarán os escanos finais das catro circunscricións galegas o 10N
Segundo esta proxección elaborada a partir do promedio de inquéritos publicados para as eleccións xerais do 10N, o escano final sería para o PSdeG na Coruña e Ourense e para o PP, en Lugo e Pontevedra. O 28A o escano final en tres das catro circunscricións galegas foi para o PSdeG e nunha, para o PP; as marxes sobre En Común, BNG e C's para os reteren superaron os 10.000 votos
Jácome recúa na retirada da protección a vítimas de violencia machista e colectivos feministas censuran o seu "desleixo"
O único axente da Policía Local encargado do sistema VioGén integrarase agora no dispositivo da Policía Nacional que presta este servizo, di Jácome, que admite que a solución foi "idea" da xefa da Policía Local. A Marcha Mundial das Mulleres, que mantén a mobilización prevista para o venres, cre que o sucedido é a mellor mostra do "desleixo" das "deficiencias nos servizos do Concello destinados ás mulleres"
Jácome culpa a xefa da Policía Local da retirada de protección a vítimas de violencia machista que el anunciou
Horas despois de anunciar a retirada de Ourense do sistema VioGén, Jácome culpou a xefa da Policía Local da decisión que el mesmo anunciara e abriu a porta a recuar. A Marcha Mundial das Mulleres e a oposición local observan na decisión unha continuación do "desmantelamento" da área de Igualdade que, acusan, comezou no anterior mandato, co goberno do PP en minoría
A Xunta non ve eivas na fundación pública que tutela 3.000 persoas adultas cunha vintena de traballadores
A Funga atendeu uns 3.600 casos no ano 2018, segundo a Consellería de Política Social, e o seu cadro de persoal apenas supera as vinte persoas. A Xunta defende unha "mellora" nas "condicións de traballo" da entidade, gábase dun incremento orzamentario que ascendeu a 46.000 euros e subliña que foi "eximida de responsabilidade" en procesos xudiciais que afectaron a persoas tuteladas.
O Concello de Ourense retírase do sistema de protección ás vítimas da violencia machista
Jácome justifica a decisión do bipartito ourensán por falta de "recursos suficientes para atender este servizo con dignidade". A decisión, que prevé facer efectiva o vindeiro marzo, deixará Ourense como única cidade galega allea a este sistema de protección e seguimento das vítimas da violencia de xénero
O PP tenta promover en Lugo a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica na véspera da folga das Pontes
O pleno da Deputación lucense rexeita a proposta na que o PP ligaba a solidariedade co persoal de Endesa nas Pontes á esixencia da dimisión da ministra Ribera, á que sinalan como responsable do peche da térmica
Catorce forzas políticas optan aos escanos galegos nas eleccións xerais do 10N
As formacións que obtiveron representación en abril recuncan nas catro provincias para o 10N; entre as principais novidades está a ausencia de En Marea e a aparición de Más País na Coruña e Pontevedra
A sentenza do procés bosquexa novas restricións para as protestas cidadás
O Supremo di concordar con que é "perfectamente lexítimo" protestar fronte a unha decisión xudicial, pero deixa de selo cando esa protesta "provoca un levantamento popular", do que acusa entre outros a Sànchez e Cuixart. Argumenta que a "resistencia" para frear a actuación policial en casos como o do 1-O xa é "por si soa apta e idónea" para que exista un delito de sedición
Junqueras, tras a sentenza: "Queren acabar connosco, pero volveremos máis fortes"
As contas dos líderes independentistas condenados nas redes sociais difunden as súas primeiras mensaxes tras a condena. O presidente do Parlamento catalán chama a "dende a non violencia, defender os dereitos e liberdades fundamentais"
- Datos As cifras do galego
- Acontece
A quebra na transmisión xeracional do galego certifica a importancia da poboación neofalante no futuro da lingua
Segundo o IGE, apenas o 18% dos nenos e nenas de 5 a 14 anos deu as primeiras palabras en lingua galega e tras décadas de devalo, entre menores de 40 son minoría as persoas ás que, durante a infancia, pais e nais lles falaban só ou maioritariamente en galego
O Estado aproba 300 millóns pendentes para Galicia pero aínda non compensa os 200 da reforma do IVE de Rajoy
A ministra mantén que agora pode esquivar os "impedimentos legais" para ingresar ás autonomías as entregas a conta porque, ao haber novas eleccións xerais, o pagamento "xa non pode afectar á actuación orzamentaria do Executivo entrante" en 2019