Alexandra Fernández incorpórase á candidatura do BNG ao Parlamento por Pontevedra
A proposta que a Executiva do Bloque somete ao Consello Nacional da formación este sábado implica sitúa á que fora deputada por En Marea no Congreso no terceiro posto da candidatura pontevedresa
Feijóo culpa a PSOE e Unidas Podemos do recorte de persoal sanitario acumulado no mandato de Rajoy
Durante media década, ata 2015, o Goberno central só permitiu cubrir o 10% das vacantes en servizos públicos como a sanidade; a Xunta pon por primeira vez cifras ao impacto que este recorte tivo no cadro de persoal do Sergas, pero para culpar integramente del ao actual Executivo do PSOE e UP
A militancia de Podemos ratifica a Gómez-Reino como candidato á Xunta por Galicia en Común
Tras Gómez-Reino, Luca Chao perfílase como número dous de Galicia en Común pola Coruña. O terceiro posto nesta circunscrición é para Anova, en cuxo seo continúan a valorar se o aspirante será Martiño Noriega
ENCE prevé saber en 2024 se ten que saír da ría de Pontevedra trinta anos antes do concedido polo Goberno de Rajoy
A pasteira finalizou o exercicio de 2019 cuns 9 millóns de euros de beneficios, un 90% menos que no ano anterior e di esperar para os vindeiros meses un primeiro pronunciamento xudicial da Audiencia Nacional sobre os recursos formulados polo Concello pontevedrés, Greenpeace e APDR contra a súa permanencia na ría
As enfermeiras eventuais bríndanse a tomar un dos "cafés con Feijóo" que o PP organiza pola precampaña
Tras presentar o PP os encontros preelectorais con Feijóo para fomentar o "contacto" do candidato "cos galegos que se achegan a el para amosarlle agarimo e gratitude", as Enfermeiras Eventuais en Loita ofrecéronse a ter unha desas conversas co líder popular para presentarlle as súas reivindicacións
O agro galego acolle con esperanza e cautela a prohibición da venda a perdas e esixe que se cumpra
Media década despois das últimas grandes tractoradas galegas e do fracasado acordo lácteo, o Goberno central reforma a lei da cadea alimentaria. Establece que "cada operador" da cadea debe "pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo efectivo de produción"; non facelo será considerado unha infracción grave con sancións de ata 100.000 euros
- Análise Galegas 2020
- Política
As catro eleccións galegas do 5A e os escanos finais que poden valer un Goberno
Os axustados resultados que deron lugar aos dous últimos cambios de cor política no Goberno galego amosan ás claras por que as formacións políticas afrontan o vindeiro 5A dende a consciencia de que non sen trata dunha única elección, senón de catro
Podemos, Anova e as mareas pactan unha coalición con Gómez-Reino como candidato á presidencia
Todas as partes implicadas nas negociacións dan por pechado o acordo para concorreren en coalición mentres continúan as conversas a respecto dalgúns dos primeiros postos das candidaturas con nomes como o de Martiño Noriega sobre a mesa
A embaixada española en Venezuela destinou dólares do mercado negro a pagar favores electorais ao PP en 2015 e 2016
O PP galego mobilizouse en decembro para tapar con fondos dunha fundación pública un buraco de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Cuentas nas axudas a emigrantes españois neses dous anos electorais
Podemos Galicia consulta á súa militancia se aproba unha coalición con Anova e mareas municipais
A consulta transcorre só durante este xoves e subliña que a marca da coalición sería Galicia en Común. Gómez-Reino e Noriega están a asumir o peso de gran parte das negociacións, nas que tamén participan outros dirixentes e nas que houbo, ademais, intervención de Iglesias e Beiras
As humidades abrollan no auditorio de Lugo inaugurado por Feijóo en 2016 e aínda pechado
O novo auditorio de Lugo foi inaugurado por Feijóo en abril de 2016, cando aínda non fora equipado; mantelo pechado custaba xa daquela uns 6.000 euros mensuais en mantemento. A Xunta resta importancia ás deficiencias atopadas por persoal municipal e asegura que as reparará antes da entrega ao Concello do edificio, un proxecto xa pasou polas mans de sete conselleiros distintos, entre eles Feijóo
- Perfil Galegas 2020
- Política
Luís Villares, o candidato que non tivo partido
O ata agora voceiro de En Marea chegou á política activa precedido da súa sona de xuíz rigoroso, galeguista e sociamente comprometido. Tras unha lexislatura marchada polas tensións internas, marcha asegurando que se sentiu un "becho raro" na pugna partidaria