O Sergas envía a Ourense ao xerente da área sanitaria de Vigo, que acumula peticións de dimisión
Rubial "pilotou" a apertura do Álvaro Cunqueiro entre múltiples protestas e é un dos dous cargos do Sergas investigados no caso da Hepatite; agora intercambia o seu posto co xerente de Ourense, que fora parte do seu equipo en Vigo
A Valedora manterá o cargo cando menos ata outono malia 'renunciar' polo caso da sobriña de Fraga
Tras o pronunciamento do Supremo que reafirmou a sentenza por desvío de poder a Valedora presentou a súa renuncia, pero ao día seguinte reformulouna de tal xeito que pode continuar indefinidamente no cargo se o PP non accede á súa destitución. Gonzalo Caballero insta a Feijóo a deixar de ser "cómplice" de Milagros Otero
O persoal de Alcoa logra un novo pacto e a venda das fábricas a Parter fica desbloqueada
As negociacións estiveron a piques de descarrilar, pero de madrugada chegou o acordo : o "prazo de execución da venda" fica ampliado ata o 31 de xullo, límite para que Parter presente as súas garantías financeiras. O Ministerio cre que o pacto "pecha o círculo" e asegura o mantemento do 100% do emprego
PSdeG e Marea Atlántica pactan plans sociais e urbanísticos no seu primeiro acordo do mandato
O pacto de socialistas e Marea para 2019 e 2020 contempla a creación dunha "comisión especial" que "revise" os convenios de 2004 sobre o futuro dos terreos portuarios e a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos
Silva, reelixida na Deputación de Pontevedra coa igualdade e o traspaso de competencias á Xunta como prioridades
"A Deputación non pode estar mantendo nin financiando servizos e centros nos que a súa competencia non é propia nin delegada", sinala a socialista, que volverá gobernar en coalición co BNG con César Mosquera como vicepresidente
Un fondo de investimento domiciliado en Luxemburgo merca o 16% da concesionaria do hospital de Vigo
A través dunha asesoría con sede en Dublín o fondo de investimento RiverRock mercou a súa participación na Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo a Concessia, unha compañía participada por bancos como Bankia, BBVA, Sabadell ou CaixaBank
O Parlamento constitúe o Grupo Mixto e o PSdeG volve ser primeira forza da oposición
Os socialistas vense reafirmados como "cabeza da oposición a Feijóo en Galicia" e a terceira forza pasa a ser o grupo que oficialmente segue a denominarse En Marea, con dez membros e Manuel Lago como voceiro. Villares di aspirar a "reilusionar" o electorado co seu labor parlamentario dende o Grupo Mixto, ao que reivindica como "representación institucional de En Marea"
"Coida a quen te coida": as enfermeiras eventuais do Sergas procuran o apoio cidadán contra a precariedade
O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita busca sinaturas cidadáns para un manifesto coas súas principais reivindicacións. A Xunta, lamentan, "considera que é mellor ternos sen dereitos e dispoñer de miles de profesionais formadas sen contratos estables das que poden botar man a calquera hora porque se non collen o teléfono, non comen"
A UE investiga axudas de 20,7 millóns do Goberno de Rajoy a Citroën en Vigo por "dubidar" se son legais
A Comisión Europea "dubida" de que os 20,7 millóns de euros concedidos a PSA para as súas novas liñas de produción sexan "realmente necesarios" para que a empresa "invista en procesos verdadeiramente innovadores en Vigo" e sospeita que a compañía podería poñer en marcha os proxectos subvencionados sen apoio público
A oposición tenta que a Xunta compareza de urxencia pola corrupción que salpica os negocios de Pemex en Galicia
Leiceaga, Sánchez e Pontón asinan a petición de comparecencia na que reclaman que o conselleiro de Industria, Francisco Conde, "valore as posibles implicacións de Pemex en casos de corrupción e a súa repercusión na industria galega". Un dos ex-directivos acusados de suborno e branqueo e considerado "prófugo da xustiza" foi clave nos contactos de Pemex co Goberno galego
O baltarismo vólvese impoñer dez anos despois de que Feijóo fracasase ao tentar tombalo
Nas negociación con DO para reter o poder na Deputación de Ourense, clave para que o PP poida chegar a 2020 con aspiracións reais de manter a Xunta, o baltarismo demostrou unha década despois de que Feijóo tentase derrubalo que é quen de chegar a sobrevivir politicamente mesmo mais que o actual presidente galego
Nova condena xudicial á CRTVG por vulnerar o dereito á folga
O Tribunal Superior sentencia que a CRTVG incorreu en "esquirolaxe interna" durante a folga do 19 de decembro ao encomendar a unha traballadora "non folguista" a presentación dun programa non incluído nos servizos mínimos que correspondería conducir a "traballadores que seguían a folga"